Como che pode axudar a oración?
Cando Pamela enfermou gravemente, buscou axuda médica profesional. Pero tamén lle orou a Deus pedíndolle forzas para aguantar a súa difícil situación. Foille de axuda orar?
Ela explica: “Cando me estaban dando tratamento contra o cáncer, moitas veces sentín pánico. [...] Pero ó orarlle a Xehová Deus, invadíame unha sensación de calma e podía pensar con claridade. Sigo tendo unha dor crónica, pero as oracións axúdanme a seguir sendo positiva. Cando as persoas me preguntan como estou, dígolles: ‘Non me sinto moi ben, pero estou de bo humor’”.
Por suposto, non temos que esperar a que nos pase algo moi grave para orar. Todos nos enfrontamos a problemas, grandes ou pequenos, e a miúdo sentimos que necesitamos axuda para facerlles fronte. Pode axudarnos a oración?
A Biblia di: “Bota a túa carga sobre Xehová, e el vaite soster. Xamais permitirá que caia o xusto” (Salmo 55:22, TNM). Canto nos anima saber isto! Entón, como pode axudarche a oración? Se lle oras a Deus da maneira que el quere, el darache o que necesitas para enfrontarte ós teus problemas (mira o recadro “Os beneficios de orar”).