BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp23 núm. 1 páxs. 6-7
  • 1 | A oración: “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 1 | A oración: “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias”
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que significa?
  • Como nos axuda?
  • Como orarlle a Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Achégate a Deus mediante a oración
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Escoita Deus as túas oracións?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
  • De verdade escoita Deus as nosas oracións?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2023
wp23 núm. 1 páxs. 6-7
Un home novo angustiado orándolle a Xehová coa man no peito

1 | A oración “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias”

O QUE DI A BIBLIA: “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias, que El coida de vós” (1 PEDRO 5:7).

Que significa?

Xehová invítanos a falarlle de calquera problema ou preocupación que poidamos ter (Salmo 55:22, TNM). Non importa se o problema é grande ou pequeno. Se a nós nos preocupa, tamén lle preocupa a Xehová. Orarlle é un paso importante para conseguir paz mental (Filipenses 4:6, 7).

Como nos axuda?

Cando nos enfrontamos a problemas relacionados coa saúde mental, podemos sentirnos totalmente sós. Por que? Porque os demais non sempre entenden polo que estamos pasando (Proverbios 14:10). Pola contra, cando lle contamos a Deus en oración como nos sentimos, el sempre nos escoita con cariño e nos comprende. Xehová pode vernos, e por iso coñece ben os problemas que pasamos e a dor que sentimos. Deus quere que lle oremos e lle contemos todo o que nos preocupa (2 Crónicas 6:29, 30, TNM).

Falar con Xehová fai que esteamos máis convencidos de que se preocupa por nós. Ademais, poderemos sentirnos igual ca un dos escritores da Biblia, quen lle orou a Deus: “Ti ólla-la miña aflicción, e coñéce-las miñas angustias” (Salmo 31:8 [31:7, TNM]). O simple feito de saber que Xehová se dá conta do que estamos sufrindo pode axudarnos moito a seguir adiante nos momentos difíciles. Pero non só iso, senón que ademais entende mellor que ninguén a nosa situación, e axúdanos a atopar na Biblia o consolo e o ánimo que necesitamos.

Como lle axuda a Biblia a...Julián

Como me afecta a ansiedade

Julián.

“Teño que loitar contra a ansiedade e o trastorno obsesivo-compulsivo (TOC). A ansiedade aparece cando menos o espero. Podo estar ben e, sen razón aparente, empezo a sentir moitísima ansiedade. Pásame especialmente cando estou con outras persoas. Preocúpame moito o que pensen de min.

“Os amigos que saben que sufro ansiedade axúdanme moito. Teño que admitir que, de vez en cando, o que din non me axuda demasiado, pero agradézolles o seu esforzo.

“Ás veces, a ansiedade e o trastorno obsesivo-compulsivo que sufro fan que me sexa moi difícil orar. Cústame moitísimo concentrarme e falar con Xehová. Neses momentos, a miña mente vai tan rápido que moitas veces xa non sei nin o que estou a pensar. Cando non son capaz de controlar o que me pasa pola cabeza, é moi difícil falarlle a Xehová dos meus pensamentos e sentimentos.”

Como me axuda a Biblia

“Grazas á Biblia aprendín que as miñas oracións non teñen que ser moi longas ou elaboradas para que Deus as escoite. Cando non son capaz de expresar con palabras o que sinto, simplemente digo: ‘Xehová, axúdame, por favor’. Incluso neses momentos sei que Xehová me comprende e que me dará o que necesito. Ademais da oración, busquei axuda médica. Alégrame moito dicir que, grazas a Xehová e ó tratamento, estou moito mellor. Aínda que me custa moito pedirlle axuda ó meu Pai celestial, fágoo porque estou seguro de que me quere moito e desexa axudarme.”

Axuda para os máis novos

O vídeo “Faite amigo de Xehová. Sempre podo falar con Xehová”.

Entra en jw.org e descubre por que podes estar convencido de que Xehová escoita e responde as túas oracións.

Mira o vídeo Faite amigo de Xehová. Sempre podo falar con Xehová.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir