BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 setembro páx. 31
  • Preguntas dos lectores

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Preguntas dos lectores
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Información relacionada
  • Xehová dálle forza ó cansado
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
  • “Ningún de vós vai morrer”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 setembro páx. 31

Preguntas dos lectores

A que se refería o escritor de Proverbios 30:18, 19 cando dixo que “o camiño do varón pola doncela” o deixaba abraiado?

A moitos intríganlles estas palabras, incluso a algúns expertos. A pasaxe completa en A Biblia, SEPT di: “Tres cousas hai que me deixan abraiado, e unha cuarta que non entendo: O camiño da aguia polo ceo, o camiño da cobra pola rocha, o camiño da barca pola alta mar e o camiño do varón pola doncela” (Prov. 30:18, 19).

Antes entendiamos que a frase “o camiño do varón pola doncela” tiña un significado negativo. Por que? No contexto menciónanse cousas malas que nunca din “abonda” (Prov. 30:15, 16). E no versículo 20 fálase dunha “adúltera” que asegura non ter feito mal ningún. Por iso razoabamos que igual que unha aguia voando polo ceo, unha cobra movéndose por unha rocha ou unha barca en alta mar, o home quizais fixo algo sen deixar rastro. Baseándonos nesta idea, entendiamos que a frase “o camiño do varón pola doncela” significaba algo malo: un rapaz enganando a unha rapaza para que teña relacións sexuais con el.

Pero hai razóns para crer que este versículo se refire a algo bo. O escritor simplemente estaba describindo cousas que o impresionaban.

O hebreo orixinal apoia o punto de vista de que este versículo significa algo positivo. Segundo o libro Theological Lexicon of the Old Testament, a palabra hebrea traducida por me deixan abraiado en Proverbios 30:18, “indica un evento que para unha persoa é extraordinario, imposible e incluso incrible”.a

O profesor Crawford Toy da Universidade de Harvard dos Estados Unidos tamén concluíu que esta pasaxe da Biblia non describe algo negativo. Dixo: “O escritor estaba intentando describir o incribles que eran para el esas cousas”.

Así que parece razoable dicir que as palabras rexistradas en Proverbios 30:18, 19 describen cousas impresionantes, que incluso non podemos chegar a entender. Igual que ó escritor da Biblia, impresiónanos ver unha aguia voar polo ceo, unha cobra movéndose por unha rocha, unha gran barca navegando polo mar e como un rapaz e unha rapaza poden namorarse e ter unha vida feliz xuntos.

a Escrito por Ernst Jenni e Claus Westermann, traducido por Mark E. Biddle, ©1997, (Hendrickson Publishers, Inc., Peabody, MA), volume 2, páxinas 981 e 982.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir