BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 60
  • Secas extremas. O que di a Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Secas extremas. O que di a Biblia
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • As secas e as profecías da Biblia
  • Por que están indo a peor as secas?
  • Hai algunha esperanza para o futuro?
  • 2022: Un ano cheo de problemas. O que di a Biblia
    Outros temas
  • O que di a Biblia sobre o cambio climático e o noso futuro
    Outros temas
  • Récords de temperatura por todo o mundo. O que di a Biblia
    Outros temas
  • A Terra está sendo destruída. O que di a Biblia
    Outros temas
Ver máis
Outros temas
mrt artigo 60
Unha planta sobrevive nun terreo seco e agretado.

Brais Seara/Moment via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Secas extremas. O que di a Biblia

  • “A China padece a peor onda de calor e o terceiro verán máis seco dende que hai rexistro” (The Guardian, 7 de setembro de 2022).

  • “Espérase que a seca no Gran Corno de África continúe por quinto ano consecutivo” (UN News, 26 de agosto de 2022).

  • “Dous terzos de Europa están baixo algún tipo de alerta por seca, no que probablemente sexa o peor dato en 500 anos” (BBC News, 23 de agosto de 2022).

Moitos expertos predín que este tipo de secas continuarán e mesmo empeorarán. Hai algunha esperanza para o futuro? Que di a Biblia ó respecto?

As secas e as profecías da Biblia

Isto é o que predixo a Biblia para os nosos días:

  • “Haberá [...] fames en diversos lugares” (Lucas 21:11).

Moitas veces as secas provocan fame. O sufrimento e a morte que causa a fame tamén cumpre coas profecías da Biblia (Apocalipse 6:6, 8).

Por que están indo a peor as secas?

A Biblia dános unha das razóns principais:

  • “Ó home que está andando nin sequera lle corresponde dirixir os seus pasos” (Xeremías 10:23, TNM).

Isto significa que os humanos non son capaces de “dirixir os seus pasos”, é dicir, non son quen de gobernarse a si mesmos. As súas malas decisións a miúdo causan escasezas de auga e secas.

  • A maioría dos científicos están de acordo en que as accións do home foron a causa do quentamento global. Como resultado, aumentaron as secas por todo o mundo.

  • A cobiza e as políticas que só buscan beneficios a curto prazo provocaron deforestación, contaminación e o mal uso dos recursos naturais. Isto puxo en risco as valiosas reservas de auga do noso planeta.

Con todo, a Biblia dános esperanza.

Hai algunha esperanza para o futuro?

A Biblia promete que Deus vai acabar coa escaseza da auga. Como o fará?

  1. 1. Deus vai “esnaquiza-los que destrúen o mundo” (Apocalipse 11:18). El acabará cunha das causas da escaseza de auga: a xente mala e cobizosa que estraga o medio ambiente (2 Timoteo 3:1, 2).

  2. 2. “A terra reseca convértese nunha lagoa” (Isaías 35:1, 6, 7). Deus reparará o dano que causan as secas e converterá o noso planeta nun paraíso onde non falte a auga.

  3. 3. “Ti coidas e réga-la terra, arriquécela de mil maneiras” (Salmo 65:10 [65:9, TNM]). Coa bendición de Deus, a Terra estará chea de bo alimento e auga limpa para todos.

Para saber como o cambio climático está cumprindo as profecías da Biblia, le o artigo “O que di a Biblia sobre o cambio climático e o noso futuro”.

Para saber máis sobre a esperanza que dá a Biblia para o futuro, le o artigo “¿Quién salvará el planeta?”.

Para descubrir como che pode axudar a Biblia a levar mellor os problemas que causa o clima extremo, le o artigo “Pode a Biblia axudarche se es vítima do clima extremo?”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir