BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwyp artigo 6
  • Por que meus pais non me deixan divertirme?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Por que meus pais non me deixan divertirme?
  • Preguntas da xuventude
  • Subtítulos
  • Por que sempre me din que non?
  • Que fago para que me digan que si?
Preguntas da xuventude
ijwyp artigo 6
Un mozo falando cos seus pais. Os globos que están ó seu lado mostran o mando dunha videoconsola, uns rapaces bailando nunha festa e un monopatín. Os seus pais están cos brazos cruzados e miran o seu fillo coa cara moi seria.

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

Por que meus pais non me deixan divertirme?

Os teus amigos invitáronte a unha festa este fin de semana. Pregúntaslle ós teus pais se podes ir, pero déixancho moi claro: “Non”. A verdade é que non te sorprende. É a mesma resposta que che deron a última vez.

Neste artigo imos ver:

  • Por que sempre me din que non?

  • Que fago para que me digan que si?

  • O que opinan outros mozos

Por que sempre me din que non?

Se parece que os teus pais sempre che din que non, podes pensar que non queren que te divirtas.

Unha adolescente que se chama Marie sentiuse desta maneira cando tivo o seu primeiro teléfono. Ela conta: “Meu pai púxome un montón de normas sobre as aplicacións que podía descargar, as persoas coas que podía falar e ata que hora podía facelo. En cambio, as miñas amigas facían o que elas querían”.

Pensa nisto: Cres que o pai de Marie non quería que ela o pasase ben ou é que lle preocupaban outras cousas?

Un coche circula por unha estrada. Ó lado hai un sinal que marca un límite de velocidade de 50. Unha vista ampliada do contaquilómetros mostra que o coche vai a unha velocidade de 50.

Un límite de velocidade quítache algo de liberdade, pero protéxete de posibles danos. Ocorre o mesmo coas normas dos teus pais.

Intenta isto: Imaxina que ti es o pai e tes un fillo adolescente que vai ter o seu primeiro teléfono. Que cousas che preocuparían? Que normas porías para protexer o teu fillo? Que lle responderías se che dixese que non queres que se divirta?

“Meu pai sempre me dicía: ‘Intenta poñerte no meu lugar’. Facer isto axudoume a ver por que me puñan normas e a entender que eran para o meu ben. Se tivese fillos, penso que esperaría deles o mesmo que meu pai espera de min” (Tanya).

Que fago para que me digan que si?

Un rapaz enfurruñado e cos brazos cruzados, botando fume polas orellas.

Non fagas isto: Enfurruñarte, queixarte ou discutir.

Un rapaz enfurruñado e cos brazos cruzados, botando fume polas orellas.

“Berrar non serve de nada. Tan só conseguirás que tanto ti coma os teus pais acabedes esgotados. Se discutes, os teus pais pensarán que non es maduro e que non estás preparado para ter máis liberdade” (Richard).

Mellor intenta isto: Non respondas de inmediato. Máis ben, mira o asunto dende o punto de vista dos teus pais. Será que non confían en ti? Ou estarán preocupados polo ambiente no que te vas mover ou polas persoas coas que vas estar? Para entender os motivos polos que pensan así, por que non falas tranquilamente con eles?

Unha bombilla.

Consello: Cando fales cos teus pais, proponlles solucións razoables que os deixen máis tranquilos. Aínda que non cambien de opinión, saberán como te sentes e pode que ti tamén os entendas mellor a eles.

“Normalmente meus pais teñen boas razóns para poñer normas. Eles non intentan impedir que me divirta. Só queren para min a mellor das diversións, unha que non me traia problemas” (Ivy).

Principio bíblico: “O parvo déixase levar de calquera impulso, mais o sabio reprímeo e acálmao” (Proverbios 29:11).

Unha rapaza enviando e recibindo mensaxes de texto e usando redes sociais pola noite.

Non fagas isto: Desobedecer en segredo ós teus pais.

Unha rapaza enviando e recibindo mensaxes de texto e usando redes sociais pola noite.

“Intentaba saltar as normas que me puxera meu pai para usar o teléfono. Buscaba formas para escribirlles ós meus amigos pola noite ou para descargar aplicacións que meu pai non me deixaba. Ó final cachoume e aínda me puxo máis normas porque xa non podía confiar en min. Saltar as normas nunca é unha boa idea” (Marie).

Mellor intenta isto: Demóstralles ós teus pais que es de fiar seguindo as súas normas.

Unha bombilla.

Consello: Cando os teus pais che fagan preguntas concretas como “Quen vai ir?” ou “A que hora volves?” dálles respostas específicas e sinceras. Se non o fas non vas gañar a súa confianza.

“Ten paciencia. Pode que os teus pais tarden algún tempo en cambiar algunha norma. Pero se ven que es obediente, seguro que che darán máis liberdade” (Melinda).

Principio bíblico: “Sede ben guiados [ou obedientes] en todo cos vosos pais” (Colosenses 3:20).

Un rapaz suplicando. Os globos que están ó seu lado mostran outros tres adolescentes.

Non fagas isto: Meterlles presión ós teus pais dicíndolles o que poden facer outros rapaces da túa idade.

Un rapaz suplicando. Os globos que están ó seu lado mostran outros tres adolescentes.

“Insistir e insistir non vai facer que as cousas vaian mellor ou que consigas o que queres” (Natalie).

Mellor intenta isto: Fala do tema cos teus pais. O exercicio “Hablemos de las normas” pode axudarche.

Unha bombilla.

Consello: Escolle un momento no que os teus pais estean tranquilos e non cando acaben de chegar do traballo ou cando estean ocupados con outras cousas.

“Os pais queren ver que tes sentido común. Así que cando falo con meus pais intento usar argumentos lóxicos en lugar de deixarme levar polas emocións. Cando o consigo, teño bos resultados” (Joseph).

Principio bíblico: “Honra a teu pai e a túa nai” (Efesios 6:2).

O que opinan outros mozos

  • Isabella.

    “Aprendín que nunha familia as normas son necesarias para que as cousas funcionen ben. É certo, chamámoslles normas, pero en realidade son medidas que nos protexen. Se unha norma che parece demasiado estrita é só porque hai razóns de peso para que unha situación lles preocupe ós teus pais” (Isabella).

  • Michael.

    “Penso que os rapaces que crecen con normas convértense en mellores adultos. Se queremos desfrutar da vida, a nosa liberdade necesita límites. Estes límites axúdannos a ser persoas responsables e a evitar moitos problemas” (Michael).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir