BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwfq artigo 34
  • Teñen as testemuñas de Xehová a súa propia Biblia?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Teñen as testemuñas de Xehová a súa propia Biblia?
  • Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Información relacionada
  • É exacta a Traducción del Nuevo Mundo?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Por que fixemos unha tradución da Biblia?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • A1 Criterios para a tradución da Biblia
    A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
ijwfq artigo 34
Un home lendo na Biblia

Teñen as testemuñas de Xehová a súa propia Biblia?

Para estudar a Biblia, as testemuñas de Xehová empregamos diferentes traducións. De estar dispoñible no noso idioma, valoramos dun xeito especial a Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras, porque emprega o nome de Deus, é exacta e tamén é fácil de entender.

  • Uso do nome de Deus. Non tódalas versións da Biblia lle dan ó seu Autor o creto que lle corresponde. Por exemplo, unha tradución menciona os nomes das setenta persoas que contribuíron dalgún xeito á súa publicación. Porén, esta mesma versión non emprega o nome de Deus, Xehová, o Autor orixinal da Biblia.

    Pola contra, na Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras aparece o nome de Deus nos miles de lugares onde aparecía no texto orixinal. Ó mesmo tempo, os nomes de quen participaron na tradución fican no anonimato.

  • Exactitude. Non tódalas versións da Biblia transmiten con exactitude a súa mensaxe orixinal. Por exemplo, unha delas presenta Mateo 16:24 deste xeito: “Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo, que cargue coa súa cruz e que me siga”. Moitos séculos antes de Cristo a cruz xa era empregada como símbolo relixioso. Foi a mediados do terceiro século a. n. e. cando a Igrexa adoptou este símbolo como representación da morte de Xesús. Poida que os tradutores incluísen a palabra “cruz” na Biblia porque crían que Xesús morrera nunha cruz. Pero a palabra usada no texto orixinal significa ‘poste’ máis ben que ‘cruz’. É por isto que a Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras traduce este versículo así: “Se alguén quere vir tras miña, que se repudie a si mesmo e que tome o seu madeiro de tormento e que me siga de continuo”

  • Claridade. Unha boa tradución non só ten que ser exacta, tamén debe ser clara, fácil de entender. Vexamos un exemplo. En 1 Pedro 1:13, o apóstolo cristián Pedro empregou unha expresión que significa literalmente ‘cinguidos os riles da vosa mente’. Esta non é unha expresión que se empregue normalmente en galego, así que a Tradución del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras traduce esta expresión dun xeito máis fácil de entender. Di que os cristiáns teñen que ‘fortificar a mente para actividade’.

Alén de empregar o nome de Deus, ser exacta e ser fácil de entender, a Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras ten outra cousa que a distingue: está dispoñible de xeito gratuíto. Así, mesmo quen non tiver cartos para mercala, pode lela.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir