BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 129
  • Cambiouse ou manipulouse a Biblia?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cambiouse ou manipulouse a Biblia?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Significa isto que nunca se cometeron erros nas copias?
  • Por que podemos estar seguros de que non se van atopar moitos máis erros?
  • Que outras razóns temos para confiar en que a Biblia se transmitiu de xeito exacto?
  • A3 Como chegou a Biblia ata nós
    A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • A Biblia sobrevive ós intentos de alterar a súa mensaxe
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2016
  • Por que podes estar convencido de que a Palabra de Deus é a verdade?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 129
Un home copiando un manuscrito da Biblia.

Cambiouse ou manipulouse a Biblia?

Non. Ó comparar manuscritos antigos comprobouse que a Biblia é basicamente a mesma, malia que durante miles de anos se foi copiando en materiais perecedoiros a partir doutras copias.

Significa isto que nunca se cometeron erros nas copias?

Atopáronse milleiros de manuscritos antigos da Biblia. Algúns deles conteñen certas diferenzas, o que quere dicir que se cometeron erros ó copialos. As máis delas son pequenas e non cambian o significado do texto. Inda así tamén se atoparon algunhas diferenzas importantes. Semella que se fixeron adrede hai moito tempo para cambiar a mensaxe orixinal da Biblia. Imos ver dous exemplos:

  1. En 1 Xoán 5:7, algunhas traducións antigas din: “No ceo: o Pai, a Palabra e mailo Espírito Santo; e estes tres son un”. Con todo, hai manuscritos fiables que confirman que estas palabras non estaban no texto orixinal senón que se engadiron despois.a Por iso as traducións actuais mais fiables omitíronas.

  2. O nome propio de Deus aparece milleiros de veces nos manuscritos antigos da Biblia. Pero moitas traducións substituírono por títulos coma “Señor” ou “Deus”.

Por que podemos estar seguros de que non se van atopar moitos máis erros?

Lévanse descubertos tantos manuscritos que é máis fácil ca nunca atopar erros.b Ó comparalos, que demostran sobre a exactitude da Biblia?

  • O académico William Henry Green dixo sobre as Escrituras Hebreas, tamén chamadas Antigo Testamento: “Podemos dicir con seguridade que ningunha outra obra antiga se transmitiu con tanta exactitude”.

  • O académico Frederick Bruce escribiu sobre as Escrituras Gregas Cristiás ou Novo Testamento: “As probas que temos sobre a exactitude do Novo Testamento son moito máis grandes cás dos autores clásicos, e mais ninguén se atreve a cuestionar a autenticidade das obras destes autores”.

  • Sir Frederic Kenyon, unha importante autoridade en manuscritos bíblicos, dixo que unha persoa “pode coller a Biblia completa na súa man e dicir sen medo a equivocarse que ten a verdadeira Palabra de Deus, que se transmitiu sen erros importantes de xeración en xeración a través dos séculos”.

Que outras razóns temos para confiar en que a Biblia se transmitiu de xeito exacto?

  • Tanto os copistas xudeus coma os cristiáns conservaron relatos que falaban dos graves erros que cometeu o pobo de Deus (Números 20:12; 2 Samuel 11:2-4; Gálatas 2:11-14).c Tamén conservaron relatos que condenaban a desobediencia dos xudeus e que deixaban constancias das doutrinas inventadas polos homes (Oseas 4:2; Malaquías 2:8, 9; Mateo 23:8, 9; 1 Xoán 5:21). Os copistas demostraron que eran de fiar e que tiñan en alta estima a sagrada Palabra de Deus ó copiar con exactitude estes relatos.

  • É lóxico pensar que se Deus inspirou a Biblia tamén se asegurou de conservar a súa mensaxe, non si? (Isaías 40:8; 1 Pedro 1:24, 25).d Despois de todo, non a fixo só para que fose útil no pasado senón tamén para nós na actualidade (1 Corintios 10:11). “Ora, todo canto antigamente se escribiu, escribiuse para a nosa instrucción: para que entre a nosa paciencia e o consolo que dan as Escrituras, manteñámo-la esperanza” (Romanos 15:4).

  • Xesús e os seus seguidores citaron de copias das Escrituras Hebreas e en ningún momento dubidaron de que esas copias fosen exactas (Lucas 4:16-21; Feitos 17:1-3).

a Estas palabras non aparecen no Códice Sinaítico, no Códice Alexandrino, no Manuscrito Vaticano 1209, na Vulgata latina orixinal, na versión siríaca Filoxeniana-Harclense nin na Peshitta siríaca.

b Por exemplo, lévanse descubertos máis de 5000 manuscritos gregos do Novo Testamento ou Escrituras Gregas Cristiás.

c A Biblia non di que os representantes humanos de Deus fosen infalibles, senón que recoñece que “non hai home que non peque” (1 Reis 8:46).

d Inda que Deus non ditou palabra por palabra o contido da Biblia, ela mesma di que guiou os pensamentos dos seus escritores (2 Timoteo 3:16, 17; 2 Pedro 1:21).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir