BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 140
  • Como nos salva Xesús?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como nos salva Xesús?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que di a Biblia
  • Credes en Xesús?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 140
Xesús rodeado de persoas de diferentes razas.

Como nos salva Xesús?

O que di a Biblia

Xesús salvou os humanos fieis cando deu a súa vida como rescate (Mateo 20:28). Por iso a Biblia lle chama o “salvador do mundo” (1 Xoán 4:14). Tamén di: “En ningún outro hai salvación, porque non hai ningún outro nome baixo do ceo, dado ós homes, no que nos poidamos salvar” (Feitos 4:12).

Xesús morreu por tódolos que poñen fe nel (Xoán 3:16; Hebreos 2:9). Despois Deus “resucitou de entre os mortos” a Xesús e este volveu ó ceo como criatura espiritual (Feitos 3:15). Dende o ceo, Xesús “pode levar á plenitude da salvación para sempre ós que por El se achegan a Deus, xa que en todo momento vive para interceder por eles” (Hebreos 7:25).

Por que necesitamos que Xesús interceda por nós?

Todos somos pecadores (Romanos 3:23). O pecado pon unha barreira entre nós e Deus e lévanos á morte (Romanos 6:23). Pero Xesús é coma un avogado que intercede a favor dos que poñen fe no seu sacrificio (1 Xoán 2:1). Como deu a súa vida por eles, pode falar ó seu favor para que Deus escoite a súas oracións e perdoe os seus pecados (Mateo 1:21; Romanos 8:34). Deus acepta as peticións de Xesús porque están de acordo coa Súa vontade. El enviou a Xesús á Terra “para que por el se salve o mundo” (Xoán 3:17).

Chega con só crer en Xesús para salvarnos?

Non. Aínda que temos que crer en Xesús para salvarnos, é necesario facer algo máis (Feitos 16:30, 31). A Biblia di: “O mesmo que un corpo sen alento está morto, así tamén a fe sen feitos morta está” (Santiago 2:26). Así que para salvarnos temos que:

  • Aprender sobre Xesús e o seu Pai, Xehová (Xoán 17:3).

  • Poñer fe neles (Romanos 3:26; 1 Pedro 1:21).

  • Demostrar que temos fe obedecendo os seus mandamentos (Lucas 6:46; 1 Xoán 2:17). Xesús ensinou que non tódolos que lle chamasen “Señor” se salvarían, senón só aqueles que fixesen a vontade do seu Pai (Mateo 7:21).

  • Continuar demostrando fe a pesar das dificultades. Xesús recalcou esta idea cando dixo: “Pero o que persevere ata o final, salvarase” (Mateo 24:13).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir