BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwex artigo 6
  • Non se puxeron á altura duns sacerdotes furiosos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Non se puxeron á altura duns sacerdotes furiosos
  • Historias persoais de testemuñas de Xehová
  • Información relacionada
  • O bo efecto da predicación co expositor portátil arredor do mundo
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • Expositores “para dar testemuño a tódolos pobos”
    Como se usan as túas doazóns
Historias persoais de testemuñas de Xehová
ijwex artigo 6
Unha parella de testemuñas de Xehová mantén a calma mentres un sacerdote furioso cisca as publicacións dun carriño

Non se puxeron á altura duns sacerdotes furiosos

Artur, responsable de circuíto en Armenia, estaba a visitar unha congregación das testemuñas de Xehová. Decatouse de que os irmáns non empregaban os expositores portátiles na predicación pública. Para animalos a facelo, Artur, a súa muller Anna e outro irmán chamado Jirayr foron predicar cos carriños a unha vila. Escolleron un lugar por onde pasaba moita xente camiñando.

Os peóns deseguida amosaron interese e colleron publicacións. Pero, tamén decontado, esta maneira de predicar chamou a atención dos que se opoñen ó noso labor. Dous sacerdotes achegáronse ó carriño e, un deles, sen dicir nada, comezou a darlle patadas. Despois deulle unha labazada a Artur e tiroulle cos lentes no chan. Artur, Anna e Jirayr tentaron acougar os sacerdotes, pero non foron quen de conseguilo. Os sacerdotes triparon o carriño, ciscaron as publicacións e, despois de insultaren os irmáns e ameazalos, marcharon.

Artur, Anna e Jirayr foron presentar unha denuncia na policía. Fixeron unha declaración e faláronlles un pouquiño da Biblia a varios policías e a outros funcionarios. Entón, levaron os tres irmáns á oficina do policía de máis alto rango. Ó principio só quería coñecer os detalles da denuncia. Pero cando viu que Artur era un home corpulento e que non se defendera malia levar unha labazada, deixou de preguntar sobre o caso e comezou a facerlles preguntas sobre as crenzas das testemuñas de Xehová. A conversa durou catro horas! O oficial estaba tan abraiado polo que escoitou que exclamou: “Vaia relixión! Quen me dese ser dos vosos!”.

Artur e Anna volven predicar cos carriños

Artur e Anna

Ó día seguinte, Artur volveu ir predicar co carriño. Achegóuselle un home que vira o que pasara o día anterior, e eloxiouno por manter a calma e non pórse á altura dos que os trataran mal. Ademais díxolle que lles perdera o respecto ós sacerdotes por todo o que vira.

Aquela noitiña o oficial de alto rango chamou por Artur de volta á comisaría. Pero, lonxe de falar sobre o caso, fíxolle máis preguntas sobre a Biblia. Outros dous policías tamén se sumaron á conversa.

Ó outro día, Artur visitou outra vez o oficial para ensinarlle algúns dos nosos vídeos baseados na Biblia. O oficial chamou polos demais policías para que tamén os puidesen ver.

Como resultado, por mor da mala conduta duns sacerdotes, moitos policías quedaron cunha moi boa impresión das testemuñas de Xehová e escoitaron por primeira vez a súa mensaxe baseada na Biblia.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir