BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Hoxe

Sábado 30 de agosto

De xeito que poidamos nós anima-los outros no consolo que recibimos de Deus (2 Cor. 1:4).

Xehová alivia e consola os que están sufrindo. Como podemos imitar a Xehová? Unha forma de facelo é cultivando calidades que nos axuden a sentir compaixón por outros e a consolalos. Cales son algunhas delas? Que nos axudará a manter o amor que necesitamos para seguir consolándonos uns ós outros día tras día? (1 Tes. 4:18) Temos que cultivar calidades como a empatía, o cariño fraternal e a bondade (Col. 3:12; 1 Ped. 3:8). Cando os sentimentos de compaixón e as calidades que acabamos de mencionar chegan a ser parte da nosa personalidade, o desexo de consolar os que sofren naceranos de forma natural. Como dixo Xesús: “Do que reborda o corazón fala a boca. O home bo saca boas cousas do tesouro da súa bondade” (Mat. 12:34, 35). Consolar os nosos irmáns cando o necesitan é unha forma moi importante de demostrarlles que os queremos. w23.11 páx. 10 pars. 10, 11

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Domingo 31 de agosto

Os sabios daranse conta (Dan. 12:10).

Se queremos entender as profecías da Biblia temos que pedir axuda. Pensa no seguinte exemplo. Imaxina que estás visitando un sitio no que nunca estiveches pero vas acompañado dun amigo que coñece ben a zona. El sabe exactamente onde estades e a onde leva cada camiño. Seguro que estarías moi contento de que quixese acompañarte! De forma parecida, Xehová sabe exactamente en que momento da historia nos encontramos e que vai pasar no futuro. Así que, para entender as profecías da Biblia debemos ser humildes e pedirlle a súa axuda (Dan. 2:28; 2 Ped. 1:19, 20). Coma calquera bo pai, Xehová quere que os seus fillos teñan un futuro feliz (Xer. 29:11). Pero a diferenza dun pai humano, el pode dicirnos con exactitude o que sucederá no futuro. Xehová fixo que na súa Palabra se incluísen profecías para que puidésemos coñecer algúns sucesos importantes incluso antes de que ocorran (Is. 46:10). w23.08 páx. 8 pars. 3, 4

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Luns 1 de setembro

A luz dun amencer virá onda nós desde o alto (Luc. 1:78).

Deus deulle a Xesús o poder para solucionar tódolos problemas da humanidade. Os milagres que fixo Xesús demostran que el ten o poder para solucionar tódolos problemas que nós nunca poderiamos resolver. Por exemplo, ten o poder para liberarnos do que causa a maioría dos nosos males: o pecado que herdamos e as súas consecuencias, como as enfermidades e a morte (Mat. 9:1-6; Rom. 5:12, 18, 19). Os seus milagres demostraron que pode curar todo tipo de enfermidades, e que incluso pode resucitar mortos (Mat. 4:23; Xoán 11:43, 44). Tamén ten o poder para controlar fortes tormentas e para liberar as persoas dos malos espíritos (Mar. 4:37-39; Luc. 8:2). Canto nos anima saber que Xehová puxo este poder nas mans do seu Fillo! Podemos confiar completamente en que se cumprirán tódalas promesas que hai na Biblia sobre o Reino de Deus. Os milagres que fixo Xesús cando era humano son só unha pequena mostra do que fará como Rei do Reino de Deus. w23.04 páx. 3 pars. 5-7

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir