BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Hoxe

Martes 2 de setembro

O Espírito examina todo, mesmo as profundidades de Deus (1 Cor. 2:10).

Se estás nunha congregación grande e che parece que non ven a túa man poderías desanimarte. Pero non deixes de intentalo. Prepara varios comentarios para cada reunión. Así, se non comentas ó principio, aínda terás outras oportunidades durante o resto da reunión. Cando prepares o Estudo de A Atalaia, pensa en como se relaciona cada parágrafo co tema do artigo. Se o fas, poderás dar bos comentarios durante todo ese artigo. Ademais, poderías preparar comentarios nos parágrafos que falan de verdades profundas que son máis difíciles de explicar. Por que? Porque é probable que neses parágrafos haxa menos mans levantadas. Pero imaxina que, aínda así, non consegues comentar durante varias reunións. Que poderías facer? Falar co irmán que vai dirixir esa parte e dicirlle en que pregunta che gustaría responder. w23.04 páxs. 21-22 pars. 9, 10

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Mércores 3 de setembro

Xosé fixo o que o anxo de Xehová lle mandara e levou a María para a súa casa (Mat. 1:24).

Xosé chegou a ser un bo marido porque obedecía enseguida a guía de Xehová. Deus deulle instrucións sobre a súa familia polo menos en tres ocasións. En cada unha delas, Xosé obedeceu rápido aínda que iso significase ter que facer cambios moi grandes (Mat. 1:20; 2:13-15, 19-21). Desta maneira, protexeu e coidou a María. Ver a forma de actuar de Xosé seguro que fixo que María o quixese e o respectase aínda máis. Se estás casado, que podes facer para imitar a Xosé? Investiga os consellos que dá a Biblia para coidar da túa familia. Ó aplicar eses consellos, incluso cando iso implique facer cambios, estaslle demostrando á túa muller que a queres e fortaleces o teu matrimonio. Unha irmá de Vanuatu, que leva casada máis de 20 anos, di: “Cando meu home busca e segue a guía de Xehová respéctoo máis. Síntome segura e confío nas súas decisións”. w23.05 páx. 21 par. 5

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Xoves 4 de setembro

Haberá un sendeiro alí, si, un camiño chamado Camiño da Santidade (Is. 35:8).

Os xudeus que volvesen de Babilonia para a súa terra chegarían a ser un “pobo consagrado”, ou santo, para o seu Deus (Deut. 7:6). Claro, iso non quere dicir que non tivesen que facer cambios para agradarlle a Xehová. A maioría dos xudeus naceran en Babilonia e parece ser que moitos xa estaban afeitos a algunhas formas de pensar e normas dos babilonios. Décadas despois de que os primeiros xudeus volvesen a Israel, o gobernador Nehemías sorprendeuse ó darse conta de que algúns nenos que naceran en Israel nin sequera sabían falar hebreo, o idioma dos xudeus (Deut. 6:6, 7; Neh. 13:23, 24). Pero a Palabra de Deus estaba escrita nese idioma. Entón, como poderían eses rapaces aprender a amar e adorar a Xehová se non entendían o hebreo? (Esd. 10:3, 44) Así que aqueles xudeus tiñan que facer cambios moi grandes. Pero seríalles máis fácil facelos agora que vivían en Israel, porque era alí onde se estaba restaurando a adoración pura pouco a pouco (Neh. 8:8, 9). w23.05 páx. 15 pars. 6, 7

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir