BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Hoxe

Mércores 3 de setembro

Xosé fixo o que o anxo de Xehová lle mandara e levou a María para a súa casa (Mat. 1:24).

Xosé chegou a ser un bo marido porque obedecía enseguida a guía de Xehová. Deus deulle instrucións sobre a súa familia polo menos en tres ocasións. En cada unha delas, Xosé obedeceu rápido aínda que iso significase ter que facer cambios moi grandes (Mat. 1:20; 2:13-15, 19-21). Desta maneira, protexeu e coidou a María. Ver a forma de actuar de Xosé seguro que fixo que María o quixese e o respectase aínda máis. Se estás casado, que podes facer para imitar a Xosé? Investiga os consellos que dá a Biblia para coidar da túa familia. Ó aplicar eses consellos, incluso cando iso implique facer cambios, estaslle demostrando á túa muller que a queres e fortaleces o teu matrimonio. Unha irmá de Vanuatu, que leva casada máis de 20 anos, di: “Cando meu home busca e segue a guía de Xehová respéctoo máis. Síntome segura e confío nas súas decisións”. w23.05 páx. 21 par. 5

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Xoves 4 de setembro

Haberá un sendeiro alí, si, un camiño chamado Camiño da Santidade (Is. 35:8).

Os xudeus que volvesen de Babilonia para a súa terra chegarían a ser un “pobo consagrado”, ou santo, para o seu Deus (Deut. 7:6). Claro, iso non quere dicir que non tivesen que facer cambios para agradarlle a Xehová. A maioría dos xudeus naceran en Babilonia e parece ser que moitos xa estaban afeitos a algunhas formas de pensar e normas dos babilonios. Décadas despois de que os primeiros xudeus volvesen a Israel, o gobernador Nehemías sorprendeuse ó darse conta de que algúns nenos que naceran en Israel nin sequera sabían falar hebreo, o idioma dos xudeus (Deut. 6:6, 7; Neh. 13:23, 24). Pero a Palabra de Deus estaba escrita nese idioma. Entón, como poderían eses rapaces aprender a amar e adorar a Xehová se non entendían o hebreo? (Esd. 10:3, 44) Así que aqueles xudeus tiñan que facer cambios moi grandes. Pero seríalles máis fácil facelos agora que vivían en Israel, porque era alí onde se estaba restaurando a adoración pura pouco a pouco (Neh. 8:8, 9). w23.05 páx. 15 pars. 6, 7

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Venres 5 de setembro

Xehová sostén a tódolos que caen e endereita os que se dobran (Sal. 145:14).

Por desgraza, aínda que teñamos a motivación e o autocontrol necesario, ás veces hai complicacións. Por exemplo, pode que “algún suceso imprevisto” nos quite o tempo que necesitamos para dedicarlle á nosa meta (Ecl. 9:11, TNM). Ou ó mellor pasamos por algunha dificultade que nos desanima e nos deixa sen forzas (Prov. 24:10, TNM). Tamén pode ser que a nosa imperfección nos leve a cometer erros que fagan que a nosa meta sexa máis difícil de alcanzar (Rom. 7:23). Ou quizais só esteamos cansados (Mat. 26:43). Que nos pode axudar a superar as complicacións ou unha mala racha? Recorda que unha complicación non é un fracaso. A Biblia di que é probable que pasemos por problemas unha e outra vez. Pero tamén deixa claro que podemos seguir intentando alcanzar a nosa meta. Se segues intentando alcanzar a túa meta a pesar das complicacións, demostraraslle a Xehová que queres agradarlle. Imaxina o feliz que o farás cando vexa que te segues esforzando por conseguir o teu obxectivo! w23.05 páx. 30 pars. 14, 15

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir