BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 61 páx. 146-páx. 147 par. 3
  • Non adoran a estatua

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Non adoran a estatua
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Un reino que durará para sempre
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Introdución á sección 10
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Sabíalo?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 61 páx. 146-páx. 147 par. 3
Xadrac, Mixac e Abednegó negándose a inclinarse diante da estatua de ouro

CAPÍTULO 61

Non adoran a estatua

Algún tempo despois de soñar coa estatua, o rei Nabucodonosor mandou facer unha imaxe de ouro moi grande e colocouna na chaira de Dura. Despois, xuntou alí toda a xente importante do país, entre eles a Xadrac, Mixac e Abednegó, e mandoulles: “En canto escoitedes o son das trompetas, as arpas e as gaitas, inclinádevos diante da estatua! A quen non o faga botareino nun forno con lume”. Que farían os tres hebreos? Inclinaríanse diante da estatua ou adorarían só a Xehová?

Entón, o rei mandou que tocasen a música, e todos se inclinaron e adoraron a estatua. Pero Xadrac, Mixac e Abednegó non o fixeron. Cando algúns homes se decataron diso, fóronllo dicir ó rei: “Hai tres hebreos que non queren adorar a túa estatua”. Nabucodonosor mandounos chamar e díxolles: “Vouvos dar outra oportunidade. Se desta vez non adorades a estatua botareivos no forno. Non hai ningún deus que vos poida salvar de min”. Eles respondéronlle: “Noso rei, non precisamos outra oportunidade. O noso Deus pode salvarnos. Pero aínda que non o fixese, non adoraremos a túa estatua”.

Nabucodonosor enfadouse moitísimo e díxolle ós seus homes: “Quentade o forno sete veces máis do normal!”. Despois mandoulles ós soldados: “Atade a eses tres e botádeos no lume!”. O forno estaba tan quente que os soldados morreron ó achegarse, e os tres hebreos caeron no medio do lume. Pero cando Nabucodonosor mirou dentro, viu catro homes camiñando polo forno. Asustouse moito e díxolle ós oficiais: “Pero non botamos tres homes no lume? Como é que agora hai catro? E un deles parece un anxo!”.

Nabucodonosor achegouse ó forno aínda máis e berrou: “Saíde, servos do Deus Altísimo!”. Todo o mundo quedou abraiado ó ver que Xadrac, Mixac e Abednegó saían camiñando do forno sans e salvos. A súa pel, o seu pelo e a súa roupa non se queimaran, e nin sequera cheiraban a fume!

Entón Nabucodonosor dixo: “O Deus de Xadrac, Mixac e Abednegó é moi poderoso. Mandou o seu anxo a salvalos. Non hai outro deus coma El”.

Os tres hebreos estaban decididos a ser leais a Xehová sen importar o que pasase. E ti? Serás coma eles?

O rei Nabucodonosor abraiado ó ver que Xadrac, Mixac e Abednegó saen camiñando do forno sans e salvos

“Só ó Señor, o teu Deus, adorarás, e só a El darás culto” (Mateo 4:10)

Preguntas. Que se negaron a facer Xadrac, Mixac e Abednegó? Como os salvou Xehová?

Daniel 3:1-30

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir