PREGUNTA 6
Que predixo a Biblia sobre o Mesías?
PROFECÍA
“Ti, Belén Efratah, [...] de ti sairá para min o que será gobernante en Israel”.
Miqueas 5:2
CUMPRIMENTO
“Xesús naceu en Belén de Xudea nos días do rei Herodes. Despois, resulta que chegaron a Xerusalén uns astrólogos que viñan de Oriente”.
PROFECÍA
“Repártense as miñas vestimentas, e pola miña roupa botan sortes”.
Salmo 22:18
CUMPRIMENTO
“Despois de cravar a Xesús no madeiro, os soldados colleron a súa roupa e dividírona en catro partes [...]. Tamén colleron a súa túnica, pero non tiña costuras porque era unha única peza feita de arriba a abaixo. Así que os soldados dixéronse uns ós outros: ‘Non a imos romper. Imos botar sortes para ver quen queda con ela’”.
PROFECÍA
“El protexe tódolos seus ósos; nin un só foi quebrado”.
Salmo 34:20
CUMPRIMENTO
“Pero cando chegaron onda Xesús viron que xa estaba morto, e por iso non lle partiron as pernas”.
PROFECÍA
“Traspasárono polos nosos pecados”.
Isaías 53:5
CUMPRIMENTO
“Entón un dos soldados cravoulle unha lanza no costado, e nese momento saíu sangue e auga”.
PROFECÍA
“Pagáronme o meu salario: 30 pezas de prata”.
Zacarías 11:12, 13
CUMPRIMENTO
“Entón un dos Doce, o que se chamaba Xudas Iscariote, foi onda os sacerdotes principais e preguntoulles: ‘Que me ides dar se vos entrego a Xesús?’. Eles quedaron en darlle 30 moedas de prata”.