BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwbr20 abril páxs. 1-9
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2020)
  • Subtítulos
  • 6-12 DE ABRIL
  • 13-19 DE ABRIL
  • 20-26 DE ABRIL
  • 27 DE ABRIL–3 DE MAIO
  • w17.12 páx. 14
Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2020)
mwbr20 abril páxs. 1-9

Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

6-12 DE ABRIL

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“A Conmemoración da morte de Cristo será o martes 7 de abril de 2020”

(Xoán 3:16) Pois de tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna.

(Xoán 15:13) Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos amigos.

(2 Corintios 5:14, 15) É o amor de Cristo o que nos preme, cando pensamos que, ó morrer un por todos, morreron todos; 15 el morreu por todos, a fin de que os que viven xa non vivan para si, senón para o que morreu e resucitou por eles.

(1 Xoán 4:16) Pero nós xa o coñecemos e temos posta a nosa fe neste amor: o amor que Deus mantén vivo entre nós. Deus é amor e quen permanece no amor, permanece en Deus e Deus permanece nel.

(1 Xoán 4:19) Nós somos capaces de amar, porque El nos amou primeiro.

13-19 DE ABRIL

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 31

“Xacob e Labán firman a paz”

(Xénese 31:44-46) Pero agora fagamos un pacto ti e mais eu, e que sirva de testemuño entre os dous”. Xacob colleu unha pedra e erixiuna como estela. 45 E díxolle á súa xente: “Collede aquí pedras”. 46 Eles xuntáronas, amoreáronas nunha mámoa e comeron onda ela.

it-1 páx. 986 par. 6

Galeed

Despois de falar con tranquilidade dos problemas que tiñan, Xacob e Labán fixeron un pacto entre eles. Para iso, Xacob erixiu unha estela e díxolle á súa xente que fixesen unha morea de pedras, quizais con forma de mesa. Despois comeron enriba delas para selar o acordo. Logo, Labán chamoulle ó sitio Iegar-Sahadutá (“morea de pedras” en arameo de Siria), pero Xacob chamoulle “Galeed” ou “Galaad” (equivalente en hebreo de “Iegar-Sahadutá”). Labán dixo: “Esta mámoa [en hebreo gal] é hoxe testemuña [en hebreo édh] entre min e ti” (Xén. 31:44-48). Tanto a morea de pedras como a estela serviron como testemuño para tódolos que as visen. Como di o versículo 49, esta “Torre de Garda” (en hebreo mitspáh) daba proba do acordo de paz que fixeran entre eles e as súas familias (Xén. 31:50-53). Máis adiante volvéronse empregar pedras como testemuñas dun xeito similar (Xos. 4:4-7; 24:25-27).

(Xénese 31:47-50) Labán púxolle o nome de Iegar-Sahadutá e Xacob chamoulle Galaad. 48 Labán dixo: “Esta mámoa é hoxe testemuña entre min e ti”. Por iso nomeouna Galaad: 49 Tamén a chamou Torre de Garda, pois dixo: “Que o Señor nos vixíe ós dous, cando nos vexamos afastados un do outro. 50 Se maltráta-las miñas fillas e se tomas outras mulleres fóra delas, aínda que ninguén o vexa, Deus será testemuña entre nós”.

it-1 páx. 246 par. 9

Atalaia

Xacob fixo unha morea de pedras e chamoulle Galeed ou Galaad (que significa “morea de pedras que serven como testemuño”), e Torre de Garda ou Atalaia. Entón dixo Labán: “Que o Señor nos vixíe ós dous, cando nos vexamos afastados un do outro” (Xén. 31:45-49). Esta morea de pedras serviría como testemuño de que Xehová vixiaba se Xacob e Labán cumprían co seu acordo de paz.

(Xénese 31:51-53) E dixo tamén Labán: “Velaí esta mámoa e esta estela que erixín entre min e ti. 52 Sexa testemuña esta mámoa e testemuña esta estela de que nin eu as traspasarei cara ó teu lado, nin ti cara ó meu, para nos facermos mal. 53 O Deus de Abraham e o Deus de Nahor, Deus de nosos pais, xulgue entre nós”. E Xacob xurou polo Padriño de Isaac seu pai.

Afondemos nas Escrituras

(Xénese 31:19) Labán fora á rapa do gando, e Raquel rouboulle a seu pai os ídolos domésticos.

it-2 páx. 1105 par. 1

Terafim

Os restos arqueolóxicos de Mesopotamia e dos seus arredores indican que ter os ídolos domésticos, ou terafim, determinaba en gran medida quen recibiría a herdanza da familia. Segundo un escrito atopado en Nuzi, había casos nos que, se un home tiña os ídolos familiares do seu sogro, cando este morría podía reclamar legalmente a herdanza (La Sabiduría del Antiguo Oriente, edición de J. B. Pritchard, 1966, páxs. 196-197, e nota). Se cadra foi por isto polo que Raquel pensou que tiña dereito a coller os ídolos domésticos, xa que o seu pai enganara a Xacob, o seu home (comparar con Xén. 31:14-16). Pola súa banda, a reacción de Labán tamén amosa a importancia que tiñan estes ídolos nos dereitos da herdanza. Tiña tanta ansia por recuperalos que, canda os seus parentes, perseguiu a Xacob durante sete días (Xén. 31:19-30). Por suposto, Xacob non sabía nada do que fixera Raquel (Xén. 31:32). Ademais, tampouco non hai evidencia de que Xacob tentase quedar coa herdanza dos fillos de Labán empregando estes ídolos familiares. De feito, non quería ter nada que ver cos ídolos. Por iso, a máis tardar, Xacob desfíxose deles xunta o resto de deuses alleos que tiña toda a súa xente cando os enterrou debaixo dunha árbore grande que estaba preto de Xequem (Xén. 35:1-4).

(Xénese 31:41, 42) Dos vinte anos que levo na túa casa, catorce servinte polas túas dúas fillas e seis polos teus fatos, e ti cambiáchesme dez veces a soldada. 42 Se non estivese comigo o Deus de meu pai, o Deus de Abraham e Padriño de Isaac, despediríasme en baldeiro. Pero onte á noite Deus fixouse na miña aflicción e no esforzo das miñas mans, e fíxome xustiza”.

(1 Pedro 2:18) Os criados sometédevos ós vosos amos con todo o respecto; non só ós que son bos e comprensivos, senón tamén ós que son tortos,

w13 15/3 páx. 21 par. 8

Xehová é o noso agarimo

8 Cando Xacob chegou a Harán, o seu tío Labán recibiuno moi ben e máis adiante deulle a Lea e a Raquel para que casase con elas. Non obstante, co tempo tentou explotar a Xacob cambiándolle o soldo ata dez veces (Xén. 31:41, 42). Malia todo, Xacob aguantou estas inxustizas porque sabía que Xehová seguiría coidando del. E así foi. De feito, cando Deus lle dixo que volvese a Canaán, Xacob tiña “moita facenda, servos, servas, camelos e xumentos” (Xén. 30:43). Tan agradecido estaba que lle orou a Xehová: “Son indigno de tantos favores e da grande lealdade con que ti tratáche-lo teu servo. Con só o meu caxato pasei este Xordán, e agora traio dous campamentos” (Xén. 32:11 [32:10, NM]).

Lectura da Biblia

(Xénese 31:1-18) Xacob oíu que os fillos de Labán ían dicindo: “Xacob apoderouse da facenda de noso pai e fixo co que era noso unha fortuna”. 2 Xacob tivo medo de Labán, pois vía que xa non o trataba coma antes. 3 O Señor díxolle a Xacob: “Volve á terra de teus pais, á túa patria. Eu estarei contigo”. 4 Xacob mandou chamar a Raquel e a Lea ó monte onde estaba co gando. 5 E díxolles: “Observo que o voso pai non me trata coma antes. Pero o Deus de meu pai estivo da miña parte. 6 Vós sabedes que eu teño servido ó voso pai con tódalas miñas forzas. 7 Voso pai tratou de me enganar, mudándome dez veces a soldada. Pero Deus non lle permitiu facerme dano. 8 Se dicía: As crías riscadas serán a túa soldada, todo o rabaño traía crías riscadas. Se dicía: as crías pintas serán a túa soldada, todo o fato paría crías pintas. 9 Deus quitoulle o gando a voso pai e deumo a min. 10 Unha vez, no tempo en que se emparellan os fatos, tiven en soños esta visión: Os carneiros que montaban nas ovellas eran riscados e pintos. 11 No soño o anxo de Deus chamou por min: ¡Xacob! E eu respondín: Aquí estou. 12 E el seguiu: Ergue os ollos e fíxate: Tódolos carneiros que montan nas ovellas son riscados e pintos, porque eu teño visto o que Labán che leva feito. 13 Eu son o Deus de Betel, onde ti unxiches unha pedra e fixeches un voto. Agora disponte para saíres deste país e volver á terra onde naciches”. 14 Raquel e Lea respondéronlle: “¿Temos nós aínda algo que herdar na casa de noso pai? 15 ¿Non nos tratou coma alleas, vendéndonos e comendo despois o noso prezo? 16 A riqueza que Deus lle tolleu a noso pai era nosa e de nosos fillos. E, con iso, agora fai o que Deus che mandou”. 17 Xacob púxose en movemento. Fixo montar en camelos ós fillos e ás mulleres, 18 recolleu toda a facenda e os bens que adquirira en Padán-Aram, e botouse ó camiño, para voltar á casa de seu pai Isaac no país de Canaán.

“Xacob e Labán firman a paz”

(Xénese 31:44-53) Pero agora fagamos un pacto ti e mais eu, e que sirva de testemuño entre os dous”. Xacob colleu unha pedra e erixiuna como estela. 45 E díxolle á súa xente: “Collede aquí pedras”. 46 Eles xuntáronas, amoreáronas nunha mámoa e comeron onda ela. 47 Labán púxolle o nome de Iegar-Sahadutá e Xacob chamoulle Galaad. 48 Labán dixo: “Esta mámoa é hoxe testemuña entre min e ti”. Por iso nomeouna Galaad: 49 Tamén a chamou Torre de Garda, pois dixo: “Que o Señor nos vixíe ós dous, cando nos vexamos afastados un do outro. 50 Se maltráta-las miñas fillas e se tomas outras mulleres fóra delas, aínda que ninguén o vexa, Deus será testemuña entre nós”. 51 E dixo tamén Labán: “Velaí esta mámoa e esta estela que erixín entre min e ti. 52 Sexa testemuña esta mámoa e testemuña esta estela de que nin eu as traspasarei cara ó teu lado, nin ti cara ó meu, para nos facermos mal. 53 O Deus de Abraham e o Deus de Nahor, Deus de nosos pais, xulgue entre nós”. E Xacob xurou polo Padriño de Isaac seu pai.

(Mateo 5:23, 24) Se ó presentáre-la túa ofrenda no altar te acordas entón de que o teu irmán ten queixas contra ti, 24 pousa a ofrenda alí mesmo, diante do altar, vaite primeiro reconciliar co teu irmán, e logo volve a presenta-la túa ofrenda.

(Colosenses 3:13) Aturádevos uns ós outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro; coma o Señor vos perdoou, perdoádevos tamén vós.

(Romanos 12:21) Non te deixes vencer polo mal, senón vence o mal a forza de ben.

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Ideas para conversar

(Xénese 1:28) E bendiciunos así: “Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos reptís todos da terra”.

(Isaías 55:11) así tamén será a miña palabra que sae da miña boca: non voltará a min en van, senón que fará o que eu queira, e conseguirá aquilo para o que a mandei.

(Salmo 37:10, 11) Un pouco aínda: xa os impíos non existen, fíxate no seu lugar: xa non están; 11 os humildes, en cambio, herdan a terra e gozan de paz perfecta.

20-26 DE ABRIL

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 32-33

“Estamos a esforzarnos para que Xehová nos bendiga?”

(Xénese 32:25) Xacob quedou só. Un home loitou con el ata o amañecer.

w03 15/8 páx. 25 par. 3

Esforcémonos por buscar a Xehová

Na Biblia atopamos moitos exemplos de persoas que se esforzaron moito por buscar a Xehová. Unha delas foi Xacob, quen loitou cun anxo materializado ata o amencer. Por iso se lle puxo o nome de Israel, que significa “o que loita contra Deus”, porque “loitou” con Deus, é dicir, “insistiu”, “perseverou” ou “se esforzou”. O anxo bendiciuno por se ter esforzado tanto (Xén. 32:25-31 [32:24-30, NM, nota]).

(Xénese 32:26, 27) En vendo o home que non podía nel, feriuno, no medio da loita, na articulación da coxa e escordoulla. 27 Logo díxolle: “Déixame marchar, que xa rompe o día”. Respondeulle Xacob: “Non te deixarei, namentres non me bendigas”.

it-1 páx. 501 par. 6

Coxo, coxeira

A coxeira de Xacob. Xacob tiña arredor de 97 anos cando loitou toda unha noite cun anxo de Deus materializado. De feito, puido con el no sentido de que o retivo ata que lle deu unha bendición. Namentres loitaban, o anxo feriuno na articulación da coxa e escordoulla. Como consecuencia, Xacob quedou coxo (Xén. 32:25-33 [32:24-32, NM]; Os. 12:3-5 [12:2-4, NM]). A continuación, o anxo díxolle: “Loitaches con Deus [co anxo de Deus] e cos homes, e puidécheslles”. A coxeira lembroulle a Xacob que en realidade non puidera co poderoso anxo. Xehová permitiu que loitase co anxo porque estaba de acordo co seu propósito. Ademais, así Xacob puido demostrar canto valoraba a bendición de Deus.

(Xénese 32:28, 29) Preguntoulle el: “¿Como te chamas?” Respondeulle: “Xacob”. 29 Díxolle el: “Desde hoxe non te chamarás Xacob, senón Israel, porque loitaches con Deus e cos homes, e puidécheslles”.

it-1 páx. 1263 par. 2

Israel

1. Nome que Deus lle deu a Xacob cando tiña arredor de 97 anos. Durante a noite na que cruzou o vao de Iaboc para atoparse co seu irmán Esaú, loitou cun home que resultou ser un anxo. Por mor da súa insistencia na loita, cambióuselle o nome polo de Israel como mostra da bendición de Deus. Para lembralo, Xacob chamoulle ó lugar Peniel ou Penuel (Xén. 32:23-32 [32:22-31, NM]; ver JACOB n.º 1). Máis adiante cando estaba en Betel, Xehová confirmoulle o cambio de nome. Dende aquela foi habitual que se lle chamase Israel (Xén. 35:10, 15; 50:2; 1 Cró. 1:34). Non obstante, a meirande parte das máis de 2500 veces que aparece o nome de Israel na Biblia, fai referencia á nación de Israel formada polos descendentes de Xacob (Éx. 5:1, 2).

Afondemos nas Escrituras

(Xénese 32:12) Líbrame do poder de meu irmán, das mans de Esaú, pois teño moito medo de que chegue e nos mate a min e ás nais, xunto cos fillos.

(Xénese 32:14-16) Xacob pasou alí aquela noite. Do que tiña á man colleu regalos, para agasallar a Esaú, seu irmán: 15 duascentas cabras, vinte castróns, duascentas ovellas, vinte carneiros, 16 trinta camelas paridas coas súas crías, corenta vacas, dez touros, vinte asnas e dez xumentos.

w10 15/6 páx. 22 pars. 10, 11

Falar de xeito agradable promove boas relacións

10 Para estar a ben cos demais é importante que falemos de xeito amable e aberto. De feito, facer todo o que poidamos por mellorar a nosa relación con outros tamén mellorará a comunicación. Ademais, será máis doado comunicarnos con eles se somos amables, por exemplo tentando axudalos sempre que poidamos, dándolles agasallos ou invitándoos á nosa casa. Isto pode facer que amoreemos “brasas acesas enriba da súa cabeza” e que agromen na outra persoa boas calidades. Deste xeito será máis doado falar con ela (Rm. 12:20, 21).

11 O patriarca Xacob entendía ben isto. O seu irmán xemelgo, Esaú, estaba tan anoxado con el que tivo que liscar por medo de que o matase. Despois de moitos anos, Xacob volveu e Esaú foise atopar con el canda catrocentos homes. Entón, Xacob pediulle axuda a Xehová e despois envioulle ó seu irmán moitos animais como agasallo. Con isto conseguiu que Esaú se abrandase e, cando se achegaron, foi correndo a abrazar a Xacob (Xén. 27:41-44; 32:7, 12, 14-16 [32:6, 11, 13-15, NM]; 33:4, 10).

(Xénese 32:26) En vendo o home que non podía nel, feriuno, no medio da loita, na articulación da coxa e escordoulla.

it-2 páx. 10 par. 7

Xacob

Xacob tivo a extraordinaria experiencia de loitar cun anxo a noite na que cruzou canda os seus o río Iaboc cara ó sur para atoparse con Esaú. Por mor da súa insistencia cambióuselle o nome polo de Israel, que significa “o que loita (persevera) contra Deus” ou “Deus loita” (Xén. 32:23-29 [32:22-28, NM]). Dende aquela empregáronse ámbolos dous nomes nas poesías hebreas para facer paralelismos (Sal. 14:7; 22:24 [22:23, NM]; 78:5, 21, 71; 105:10, 23). Namentres loitaban, o anxo feriuno na articulación da coxa e escordoulla. Como consecuencia, Xacob quedou coxo de por vida, se cadra para ensinarlle a importancia da humildade. Isto lembroulle que non debía sentir unha fachenda excesiva por todo o que Deus lle dera nin por ser quen de loitar cun anxo. Para non esquecer todo isto, Xacob chamoulle ó lugar Peniel ou Penuel (Xén. 32:26, 31-33 [32:25, 30-32, NM]).

Lectura da Biblia

(Xénese 32:2-22) Xacob seguiu o seu camiño, atopouse cos anxos de Deus 3 e, en véndoos, exclamou: “Campamento de Deus é éste”. E púxolle a aquel lugar o nome de Mahanaim. 4 Xacob mandou por diante mensaxeiros a seu irmán Esaú, no país de Seir nos campos de Edom. 5 Encargoulles que lle dixesen a Esaú: “Meu señor, isto di Xacob o teu servidor: Estiven vivindo con Labán e demoreime ata agora. 6 Teño bois, ovellas, servos e servas; e mándollo dicir ó meu señor para pedirlle o seu favor”. 7 Volveron os mensaxeiros e dixéronlle a Xacob: “Chegamos e atopámonos con teu irmán Esaú. El vén tamén ó teu encontro con catrocentos homes”. 8 A Xacob entroulle moito medo e, estarrecido, dividiu en dous campamentos a súa xente, as ovellas, os bois e os camelos. 9 Pensaba desta maneira: “Se Esaú se mete nun campamento e o ataca, salvarase o outro”. 10 E Xacob fixo esta oración: “Deus de meu pai Abraham, Deus de meu pai Isaac, Señor que me dixeches: Volta á patria onde naciches: eu farei que che vaia ben. 11 Son indigno de tantos favores e da grande lealdade con que ti tratáche-lo teu servo. Con só o meu caxato pasei este Xordán, e agora traio dous campamentos. 12 Líbrame do poder de meu irmán, das mans de Esaú, pois teño moito medo de que chegue e nos mate a min e ás nais, xunto cos fillos. 13 Mais ti tesme prometido: Farei que che vaia moi ben e acrecerei os teus descendentes coma a area do mar, que non se pode contar de tanta que é”. 14 Xacob pasou alí aquela noite. Do que tiña á man colleu regalos, para agasallar a Esaú, seu irmán: 15 duascentas cabras, vinte castróns, duascentas ovellas, vinte carneiros, 16 trinta camelas paridas coas súas crías, corenta vacas, dez touros, vinte asnas e dez xumentos. 17 Repartiunos en fatos, cada un ó cargo dun criado, e mandoulles: “Pasade diante de min e deixade un espacio entre fato e fato”. 18 Ó primeiro mandoulle: “Cando te encontres con meu irmán Esaú e el che pregunte: ¿De quen es ti, a onde vas, para quen é iso que levas?, ti diraslle: 19 É un agasallo que o teu servo Xacob manda ó meu señor Esaú. El vén tamén detrás de nós”. 20 Iso mesmo ordenoullo ó segundo e a tódolos que ían guiando os outros fatos: “Dirédeslle todos iso a Esaú, cando o encontredes. 21 E dirédeslle tamén: O teu servo Xacob vén tras de nós”. Pensaba deste xeito: “Acalmareino cos agasallos que lle mando por diante. Logo, cando eu chegue onda el, quizais me acolla ben”. 22 Os regalos foron diante, e el durmiu no campamento aquela noite.

“Estamos a esforzarnos para que Xehová nos bendiga?”

(Xénese 32:25-29) Xacob quedou só. Un home loitou con el ata o amañecer. 26 En vendo o home que non podía nel, feriuno, no medio da loita, na articulación da coxa e escordoulla. 27 Logo díxolle: “Déixame marchar, que xa rompe o día”. Respondeulle Xacob: “Non te deixarei, namentres non me bendigas”. 28 Preguntoulle el: “¿Como te chamas?” Respondeulle: “Xacob”. 29 Díxolle el: “Desde hoxe non te chamarás Xacob, senón Israel, porque loitaches con Deus e cos homes, e puidécheslles”.

(1 Corintios 9:26, 27) Eu, pola miña parte, corro, pero non ó que saia; loito, pero non dando golpes ó aire. 27 Ó contrario, castigo duramente o meu corpo e trátoo coma un escravo: non vaia suceder que despois de lles predicar ós outros, quede eu descalificado.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Que é o máis importante para nós?”

(Xénese 32:25-32) Xacob quedou só. Un home loitou con el ata o amañecer. 26 En vendo o home que non podía nel, feriuno, no medio da loita, na articulación da coxa e escordoulla. 27 Logo díxolle: “Déixame marchar, que xa rompe o día”. Respondeulle Xacob: “Non te deixarei, namentres non me bendigas”. 28 Preguntoulle el: “¿Como te chamas?” Respondeulle: “Xacob”. 29 Díxolle el: “Desde hoxe non te chamarás Xacob, senón Israel, porque loitaches con Deus e cos homes, e puidécheslles”. 30 Preguntoulle Xacob: “Dime agora o teu nome”. El dixo: “¿Por que preguntas polo meu nome?” E deulle alí mesmo a bendición. 31 Xacob púxolle a aquel lugar o nome de Penuel, porque dicía: “Vin a Deus cara a cara e puiden seguir vivindo”. 32 Cando atravesaba Penuel saía o sol, e el ía coxo dunha perna.

(Oseas 12:4, 5) No ventre da nai suplantou a seu irmán, e sendo xa maduro loitou con Deus. 5 Tamén loitou contra un anxo e venceuno. Chorou e pediulle que tivese compaixón. En Betel atopouno e alí falou con el:

(Malaquías 3:10) Traede todo o décimo á casa do tesouro. Para que haxa comida no meu templo. Si, poñédeme a proba -fala o Señor dos Exércitos-, para ver se eu non vos abro as comportas do ceo, para librar sobre vós a bendición ata que nada quede na miña man.

(Mateo 6:33) Procurade primeiro o Reino de Deus e maila súa xustiza, e todas esas cousas hánsevos dar de máis a máis.

(Hebreos 13:5) Que o voso comportamento sexa desinteresado: contentádevos co que tedes, que El ten dito: “Non te deixarei nin te desampararei.”

(1 Timoteo 4:16) Preocúpate de ti e da doutrina; mantente en todo iso, que, facéndoo, te salvarás ti e salvara-los que che fagan caso.

27 DE ABRIL–3 DE MAIO

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 34-35

“As tráxicas consecuencias das malas compañías”

(Xénese 34:1) Dinah, a filla que Lea lle dera a Xacob, saíu visita-las rapazas do lugar.

w97 1/2 páx. 30 par. 4

Xequem, a cidade do val

Como verían os rapaces da cidade esta moza que ía alí a miúdo e, en teoría, soa? O fillo dun xefe daquel país “agarrouna, deitouse con ela e violouna”. Por que correu Dinah o risco de xuntarse con rapazas cananeas inmorais? Sería porque sentía a necesidade de estar con xente da súa idade? Ou porque era tan teimuda e independente coma algúns dos seus irmáns? Le o relato da Xénese e tenta comprender a angustia e a vergoña que Xacob e Lea experimentaron polas tráxicas consecuencias das visitas de Dinah a Xequem (Xén. 34:1-31; 49:5-7; ver tamén La Atalaya, 15 de xuño de 1985, páx. 31).

(Xénese 34:2) En véndoa Xequem, fillo do hivita Hamor, xefe daquel país, agarrouna, deitouse con ela e violouna.

lvs páx. 124 par. 14

Fuxamos da inmoralidade sexual

14 A Xequem gustáballe moito Dinah. Por iso fixo algo que a el lle parecía normal e aceptable: “agarrouna, deitouse con ela e violouna” (le Xénese 34:1-4). Este crime causou moito sufrimento non só a Dinah senón tamén a toda a súa familia (Xénese 34:7, 25-31; Gálatas 6:7, 8).

(Xénese 34:7) Os fillos de Xacob voltaban entón do monte e oíron o feito. Doéronse e alporizáronse moitísimo de que unha infamia así se cometese contra Israel. Hai cousas que non se fan, como a de viola-la filla de Xacob.

(Xénese 34:25) Tres días despois de se circuncidaren os xequemitas, doentes aínda da operación, dous dos fillos de Xacob, Simeón e Leví, irmáns de Dinah, colleron as súas espadas, entraron na cidade que se cría segura, e mataron a tódolos homes.

w09 1/9 páx. 21 pars. 1, 2

Que facer cando nos ofenden

Polo xeral, os que se vingan fano para acalmar a dor causada por unha ofensa. Por exemplo, a Biblia cóntanos que, cando os fillos do patriarca hebreo Xacob se decataron de que un cananeo chamado Xequem violara a súa irmá Dinah, “doéronse e alporizáronse moitísimo” (Xén. 34:1-7). Para vingar o mal que lle fixera á súa irmá, dous dos fillos de Xacob argallaron un plan contra Xequem e a súa familia. Por medio dunha trampa, Simeón e Leví mataron tódolos homes da cidade, incluído Xequem (Xén. 34:13-27).

Serviu de algo aquela masacre? Cando Xacob soubo do que fixeran os seus fillos, anoxouse moito e díxolles: “Botástesme a perder, facéndome noxento para os habitantes desta terra [...]. Se eles se xuntan contra min e me atacan, acabarán comigo e coa miña familia” (Xén. 34:30). Así que, no canto de mellorar a situación, o que fixeron tivo o efecto contrario. Dende entón, a familia de Xacob tivo que ter coidado por se os anoxados veciños os atacaban. Seguramente para evitar isto, Deus mandoulle a Xacob que marchasen a Betel (Xén. 35:1, 5).

Afondemos nas Escrituras

(Xénese 35:8) Daquela morreu Déborah, a ama de leite de Rebeca, e enterrárona por baixo de Betel, ó pé do carballo coñecido por carballo do pranto.

it-1 páx. 642 par. 5

Déborah

1. Ama de leite de Rebeca. Cando Rebeca marchou da casa do seu pai Betuel para ir a Palestina e casar con Isaac, Déborah foi canda ela (Xén. 24:59). Traballou durante anos na casa de Isaac, e logo na de Xacob, se cadra despois de que morrese Rebeca. Uns 125 anos despois de que Rebeca casase con Isaac, Déborah morreu e enterrárona debaixo dunha árbore grande en Betel, á que lle chamaron “carballo do pranto”. Isto indica canto lle querían Xacob e a súa familia (Xén. 35:8).

(Xénese 35:22-26) Estando Israel naquela terra, achegouse Rubén a Bilhah, concubina de seu pai. A cousa chegou a oídos de Israel. Os fillos de Xacob foron doce. 23 De Lea tivo a Rubén o primoxénito, Simeón, Leví, Xudá, Isacar e Zebulón. 24 De Raquel tivo a Xosé e Benxamín. 25 De Bilhah, serva de Raquel, a Dan e Naftalí; 26 e de Zilpah, serva de Lea, a Gad e Axer. Estes son os fillos que tivo Xacob en Padán-Aram.

w17.12 páx. 14

Preguntas dos lectores

No antigo Israel, había que ser primoxénito para ser antepasado do Mesías?

Ás veces dixemos que era así. Isto parecía estar de acordo con Hebreos 12:16, que di: “Que ninguén, polos seus pareceres, venda o máis sagrado, coma Esaú que por un simple xantar vendeu [a Xacob] os seus dereitos de primoxénito”. Pensabamos que cando Xacob comprou os “dereitos de primoxénito”, tamén se converteu en antepasado do Mesías (Mt. 1:2, 16; Lc. 3:23, 34).

Pero ó repasar algúns relatos da Biblia, vemos que un home non tiña que ser o primoxénito para ser devanceiro do Mesías. Vexamos algunhas probas.

Dos fillos de Xacob (Israel), o primoxénito de Lea foi Rubén. Máis tarde, o primeiro fillo que tivo coa súa muller máis querida, Raquel, foi Xosé. Cando Rubén cometeu un pecado, os dereitos de primoxénito pasaron a Xosé (Xén. 29:31-35; 30:22-25; 35:22-26; 49:22-26; 1 Cró. 5:1, 2). Aínda así, o Mesías non descendeu nin de Rubén nin de Xosé, senón de Xudá, o cuarto fillo que tiveron Xacob e Lea (Xén. 49:10).

Lectura da Biblia

(Xénese 34:1-19) Dinah, a filla que Lea lle dera a Xacob, saíu visita-las rapazas do lugar. 2 En véndoa Xequem, fillo do hivita Hamor, xefe daquel país, agarrouna, deitouse con ela e violouna. 3 Namorado da filla de Xacob, tolo de amor por ela, faloulle ó corazón. 4 Logo díxolle a seu pai Hamor: “Adquíreme para muller esa rapaza”. 5 Xacob recibiu a nova da aldraxe de Dinah, súa filla. Pero como os seus fillos estaban no monte co gando, calou ata que viñesen. 6 Hamor, o pai de Xequem, foi ver a Xacob para falarlle. 7 Os fillos de Xacob voltaban entón do monte e oíron o feito. Doéronse e alporizáronse moitísimo de que unha infamia así se cometese contra Israel. Hai cousas que non se fan, como a de viola-la filla de Xacob. 8 Hamor faloulles deste xeito: “Meu fillo Xequem namorouse da vosa filla. Dádella, se podedes, por muller. 9 Emparentade connosco, dádenos das vosas fillas e vós tomade das nosas. 10 Podedes facer morada onda nós. A terra está aí, á vosa disposición. Habitade nela, sacádelle proveito, adquiride posesións”. 11 Xequem, pola súa parte, díxolles ó pai e ós irmáns de Dinah: “Que eu mereza o voso favor, e daréivo-lo que queirades. 12 Fixade un dote alto, reclamade regalos. Daréivo-lo que pidades, con tal de que me deáde-la rapaza por muller”. 13 Os fillos de Xacob, á vista da aldraxe á irmá, responderon con retranca a Xequem e a seu pai Hamor. 14 “Non podemos facer iso de da-la nosa irmá a un home non circuncidado. Sería para nós unha baixeza, cousa deshonrosa. 15 Poderemos só consentir, coa condición de que vós fagades coma nós, circuncidando tódolos varóns. 16 Entón darémovo-las nosas fillas, e nós tomarémo-las vosas. Habitaremos convosco e faremos un mesmo pobo. 17 Pero se non vos avindes á circuncisión, collerémo-la rapaza e irémonos”. 18 A proposta pareceulles ben a Hamor e a seu fillo Xequem. 19 O mozo Xequem non esperou para cumpri-la condición, de namorado que estaba da filla de Xacob. El era o máis respectado da familia de seu pai.

“As tráxicas consecuencias das malas compañías”

(Xénese 34:1, 2) Dinah, a filla que Lea lle dera a Xacob, saíu visita-las rapazas do lugar. 2 En véndoa Xequem, fillo do hivita Hamor, xefe daquel país, agarrouna, deitouse con ela e violouna.

(Xénese 34:7) Os fillos de Xacob voltaban entón do monte e oíron o feito. Doéronse e alporizáronse moitísimo de que unha infamia así se cometese contra Israel. Hai cousas que non se fan, como a de viola-la filla de Xacob.

(Xénese 34:25) Tres días despois de se circuncidaren os xequemitas, doentes aínda da operación, dous dos fillos de Xacob, Simeón e Leví, irmáns de Dinah, colleron as súas espadas, entraron na cidade que se cría segura, e mataron a tódolos homes.

(Mateo 12:34) ¡Raza de víboras! ¿Como ides falar ben sendo vós malos? Pois do que reborda o corazón fala a boca.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Retirade os deuses alleos”

(Éxodo 20:3-5) Non terás xunto comigo outros deuses. 4 Non farás para ti imaxes nin figura ningunha do que hai enriba no ceo, nin abaixo na terra, nin nas augas de debaixo da terra. 5 Non te postrarás diante delas nin as adorarás, pois eu, o Señor teu Deus, son un Deus celoso. No caso dos que me aborrecen, eu castigo os pecados dos pais nos fillos, nos netos e nos bisnetos.

(Xénese 35:1-4) Deus díxolle a Xacob: “Vai, sube a Betel, asenta alí e fai un altar ó Deus que se che apareceu, cando ías fuxindo de teu irmán Esaú”. 2 Xacob mandoulles á súa familia e á toda a súa xente: “Retirade os deuses alleos que teñades, purificádevos e mudádevos de roupa. 3 Imos subir a Betel, para levantar alí un altar ó Deus que me gardou cando eu andaba apurado, e que estivo comigo na viaxe que fixen”. 4 A xente entregou a Xacob os deuses alleos que tiñan e os brincos que levaban nas orellas, e Xacob enterrounos debaixo do carballo que está onda Xequem.

(Salmo 97:10) O Señor ama a quen aborrece a maldade, garda a vida dos seus amigos, líbraos das mans dos malvados.

(Santiago 4:7, 8) Sédelle, logo, ben mandados a Deus; facédelle fronte a Satán e arredará de vós. 8 Achegádevos a Deus e El achegarase a vós. Lavade as mans, pecadentos, limpade os corazóns, homes falsos.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir