BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwbr20 maio páxs. 1-13
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2020)
  • Subtítulos
  • 4-10 DE MAIO
  • 11-17 DE MAIO
  • 18-24 DE MAIO
  • 25-31 DE MAIO
Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2020)
mwbr20 maio páxs. 1-13

Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

4-10 DE MAIO

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 36-37

“Xosé foi vítima da envexa dos seus irmáns”

(Xénese 37:3, 4) Israel quería a Xosé máis ca a ningún dos fillos, porque lle nacera na vellez. E encargou para el unha túnica de mangas. 4 Seus irmáns, ó dárense conta de que seu pai o prefería, colléronlle xenreira e non podían falar de boas con el.

w14 1/8 páxs. 12-13

“Escoitade o que soñei”

A Biblia responde: “Seus irmáns, ó dárense conta de que seu pai o prefería, colléronlle xenreira e non podían falar de boas con el” (Xén. 37:4). É comprensible que os irmáns de Xosé sentisen envexa, pero non fixeron ben en deixarse levar por esta emoción tan prexudicial (Pr. 14:30; 27:4). Pasouche algunha vez que cando alguén recibiu a atención ou a honra que ti querías empezaches a sentir envexa? Nese caso, lembra os irmáns de Xosé. A envexa que sentiron levounos a facer cousas das que logo se arrepentiron. O seu exemplo lémbranos ós cristiáns que é mellor seguir o seguinte consello: “Alegrádevos cos que están alegres” (Rm. 12:15).

Seguro que Xosé se decatou do odio dos seus irmáns. Quitaría a túnica especial cando estaba con eles? Podería telo feito, pero lembremos que Xacob lla fixera para demostrar que lle quería e que tiña o seu favor. Xosé non quería perder a confianza do seu pai, así que lle foi leal e non quitou a túnica. Podemos aprender moito do seu exemplo. Aínda que o noso Pai celestial nunca é parcial, ás veces trata de xeito especial algúns dos seus servos leais e favoréceos. Ademais, espera do seu pobo que destaque por ser diferente deste mundo corrupto e inmoral. De feito, o xeito de comportarse dos cristiáns é coma a túnica de Xosé, fainos diferentes do mundo que os rodea. Pero isto ás veces fai que os demais lles teñan envexa ou os odien (1 Pe. 4:4). Entón, debería un cristián agochar o que é? Non, do mesmo xeito que Xosé non agochou a súa túnica (Lc. 11:33).

(Xénese 37:5-9) Xosé tivo un soño e contóullelo ós irmáns, polo que estes o aborreceron aínda máis. 6 Díxolles el: “Escoitade o que soñei. 7 Parecíame que estabamos na eira atando monllos. Nisto o meu monllo levantouse e tíñase ergueito; os vosos, en troques, rodeábano e postrábanse diante del”. 8 Dixéronlle os irmáns: “¿Seica queres se-lo noso rei e fas conta de dominarnos?” E aborrecérono aínda máis, por culpa dos soños e da súa interpretación. 9 Tivo Xosé outro soño e contóullelo tamén ós irmáns. Tiven estoutro soño: “O sol, a lúa e once estrelas postrábanse diante de min”.

(Xénese 37:11) Os irmáns tíñanlle envexa, pero seu pai gardaba a cousa nos adentros.

w14 1/8 páx. 13 pars. 2-4

“Escoitade o que soñei”

Os soños viñan de Xehová e eran proféticos. El quería que Xosé transmitise a mensaxe que contiñan. Dalgún xeito, Xosé foi coma os profetas que virían despois del, que lle transmitirían as mensaxes e os xuízos de Deus ó Seu pobo rebelde.

Xosé díxolles con tacto ós seus irmáns: “Escoitade o que soñei”. Eles entenderon o soño, pero non lles gustou nin un chisco. Así que lle contestaron: “¿Seica queres se-lo noso rei e fas conta de dominarnos?”. Por iso o relato di: “E aborrecérono aínda máis, por culpa dos soños e da súa interpretación”. Cando Xosé lles contou o segundo soño que tivera ó seu pai e ós seus irmáns, a reacción non foi moito mellor: “O pai reprendeuno: ‘¿Que clase de soño é ese? ¿Teremos que vir e postrarnos diante túa eu, túa nai e teus irmáns?’”. Malia todo, Xacob seguiu matinando no asunto. Poida que Xehová se estivese a comunicar co rapaz? (Xén. 37:6, 8, 10, 11).

Xosé non foi nin o primeiro nin o último servo de Deus en proclamar unha mensaxe profética que non foi popular e que mesmo lle trouxo persecución. Xesús foi o meirande desta clase de mensaxeiros. Díxolles ós seus seguidores: “Se a min me perseguiron, hanvos perseguir tamén a vós” (Xn. 15:20). Os cristiáns de tódalas idades poden aprender moito da fe e da valentía de Xosé.

(Xénese 37:23, 24) En chegando Xosé onda os irmáns, estes quitáronlle a túnica, aquela túnica de mangas que levaba posta, 24 e despois guindárono na cisterna. Pero esta non tiña auga.

(Xénese 37:28) Pasaron uns caravaneiros madianitas, e os irmáns tiraron a Xosé do fondo do pozo. Por vinte moedas de prata vendérono ós ismaelitas, que o levaron a Exipto.

Afondemos nas Escrituras

(Xénese 36:1) Esta é a historia dos descendentes de Esaú, que é Edom.

it-1 páx. 735

Edom

(Vermello), EDOMITAS.

Nome que tamén se lle dá a Esaú, o irmán xemelgo de Xacob (Xén. 36:1). Déuselle este nome porque vendeu a súa primoxenitura por un guiso vermello (Xén. 25:30-34). Ademais, dáse a casualidade de que cando naceu era todo loiro, e de que a terra onde viviron el e os seus descendentes tamén tiña unha cor encarnada (Xén. 25:25).

(Xénese 37:29-32) Cando voltou Rubén ó pozo e non atopou a Xosé, rachou os seus vestidos, 30 e foi onda os irmáns para lles dicir: “O rapaz non está. ¿A onde vou eu agora?” 31 Eles colleron a túnica de Xosé, mataron un cabuxo, tinxírona co sangue 32 e mandárona levar a seu pai, con este recado: “Atopamos isto. Mira se é ou non a túnica de teu fillo”.

it-1 páx. 618 pars. 1, 2

Custodia

Cando un pastor dicía que ía coidar ou vixiar un rabaño, estaba aceptando legalmente a súa custodia. Garantíalle ó dono que lle pagaría unha compensación no caso de que os animais non estivesen ben alimentados ou que alguén llos roubase. Non obstante, a súa responsabilidade non era total, xa que a lei sobre a custodia eximíao de responsabilidade se pasaba algo que escapase ó seu control, como por exemplo que os atacase un animal salvaxe. Para isto tíñalle que levar probas ó dono, por exemplo, o corpo desgarrado do animal. Despois de examinar as probas, o dono declaraba inocente ó pastor.

O mesmo principio aplicaba en xeral a calquera propiedade que se lle confiaba a outra persoa, mesmo dentro da familia. Por exemplo, considerábase que o irmán maior era o gardián legal dos irmáns e irmás pequenos. Por iso é comprensible a preocupación de Rubén pola vida de Xosé. Como di Xénese 37:18-30, cando os demais irmáns falaron de matalo, Rubén díxolles: “Non lle quitémo-la vida”, “non vertáde-lo seu sangue” e “non poñáde-las mans nel”. Tiña a intención “de o salvar e de llo volver a seu pai”. E cando descubriu que Xosé non estaba, entroulle tal ansiedade que “rachou os seus vestidos” e exclamou: “O rapaz non está. ¿A onde vou eu agora?”. Ben sabía que lle podían pedir contas pola desaparición de Xosé. Así que para evitar calquera responsabilidade, arteiramente prepararon probas para demostrar que o matara un animal salvaxe. Racharon a súa túnica e empapárona co sangue dunha cabra. Logo leváronlla a Xacob, o seu pai e xuíz patriarcal, quen o absolveu de calquera responsabilidade, xa que, polas probas que lle presentaran, chegou á conclusión de que o matara unha fera salvaxe (Xén. 37:31-33).

Lectura da Biblia

(Xénese 36:1-19) Esta é a historia dos descendentes de Esaú, que é Edom. 2 Esaú tomou mulleres de entre as cananeas: Adah, filla de Elón o hitita; Oholibamah, filla de Anah, fillo de Sibón o hurrita; 3 e Basemat, filla de Ismael e irmá de Nebaiot. 4 Adah deulle a Esaú a Elifaz; Basemat, a Reuel; 5 e Oholibamah, a Ieux, Ialam e Córah. Estes son os fillos que lle naceron a Esaú en Canaán. 6 Esaú colleu as súas mulleres, os seus fillos e fillas, a xente toda da súa casa, os fatos, os gandos e tódolos bens que adquirira en Canaán, e foi a outro país, por mor de Xacob seu irmán. 7 As posesións dos dous eran tantas, que non podían vivir xuntos. A terra onde habitaban non podía sostelos, pola grandeza dos seus fatos. 8 Esaú asentou na montaña de Seir. Esaú é Edom. 9 Esta é a historia de Esaú, pai de Edom, na montaña de Seir. 10 Estes son os nomes de seus fillos: Elifaz, fillo de Adah, muller de Esaú; Reuel, fillo de Basemat, outra muller de Esaú. 11 Os fillos de Elifaz foron: Temán, Omar, Sefó, Gatam e Quenaz. 12 Elifaz, fillo de Esaú, tivo por concubina a Timná, que lle deu a Amalec. Todos estes viñan de Adah, muller de Esaú. 13 E estes agora son os fillos de Reuel: Nahat, Zérah, Xamah e Mizah. Estes viñan de Basemat, muller de Esaú. 14 Os fillos de Oholibamah, filla de Anah, fillo de Sibón, os que lle deu a Esaú foron: Ieúx, Ialam e Córah. 15 Estes agora son os xefes dos descendentes de Esaú: Fillos de Elifaz, o primoxénito de Esaú, estes xefes: Temán, Omar, Sefó, Quenaz, 16 Córah, Gatam e Amalec. Os ditos son os xefes, fillos de Elifaz, no país de Edom, fillos de Adah. 17 Fillos de Reuel, fillo de Esaú, estes xefes: Nahat, Zérah, Xamah e Mizah. Os ditos son os xefes, fillos de Reuel, no país de Edom, os que lle deu Basemat a Esaú. 18 Fillos de Oholibamah, muller de Esaú, estes xefes: Ieúx, Ialam e Córah. Os ditos son os xefes, fillos de Oholibamah, filla de Anah, muller de Esaú. 19 Todos estes son os fillos de Esaú, que é Edom, e os seus xefes.

“Xosé foi vítima da envexa dos seus irmáns”

(Xénese 37:3-9) Israel quería a Xosé máis ca a ningún dos fillos, porque lle nacera na vellez. E encargou para el unha túnica de mangas. 4 Seus irmáns, ó dárense conta de que seu pai o prefería, colléronlle xenreira e non podían falar de boas con el. 5 Xosé tivo un soño e contóullelo ós irmáns, polo que estes o aborreceron aínda máis. 6 Díxolles el: “Escoitade o que soñei. 7 Parecíame que estabamos na eira atando monllos. Nisto o meu monllo levantouse e tíñase ergueito; os vosos, en troques, rodeábano e postrábanse diante del”. 8 Dixéronlle os irmáns: “¿Seica queres se-lo noso rei e fas conta de dominarnos?” E aborrecérono aínda máis, por culpa dos soños e da súa interpretación. 9 Tivo Xosé outro soño e contóullelo tamén ós irmáns. Tiven estoutro soño: “O sol, a lúa e once estrelas postrábanse diante de min”.

(Xénese 37:11) Os irmáns tíñanlle envexa, pero seu pai gardaba a cousa nos adentros.

(Xénese 37:23, 24) En chegando Xosé onda os irmáns, estes quitáronlle a túnica, aquela túnica de mangas que levaba posta, 24 e despois guindárono na cisterna. Pero esta non tiña auga.

(Xénese 37:28) Pasaron uns caravaneiros madianitas, e os irmáns tiraron a Xosé do fondo do pozo. Por vinte moedas de prata vendérono ós ismaelitas, que o levaron a Exipto.

(1 Samuel 18:8, 9) Xaúl enfadouse moito e pareceulle mal aquela copla. Dicía: “A David danlle dez mil e a min mil. Xa só lle falta o reino”. 9 Daquel día en adiante Xaúl mirou con malos ollos a David.

(Proverbios 14:30) Ánimo temperado, saúde no corpo; a envexa corroe os ósos.

(2 Corintios 12:20) Temo que, ó chegar, non vos atope tal como eu quería, e que tampouco vós non me encontredes a min tal como desexades. Temo que haxa discordias, receos, incomodos, rivalidades, difamacións, murmuracións, soberbias, desordes.

(Gálatas 5:19-21) As obras dos baixos instintos tédelas ben á vista: fornicación, adulterio, libertinaxe, 20 idolatría, bruxerías, xenreiras, liortas, cobiza, retesías, discordias, faccións, 21 envexas, bebedelas, enchentas e cousas polo estilo. Xa vos avisei ben avisados de que non herdarán o Reino de Deus os que tal fagan.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Estamos preparados?”

(Eclesiastés 9:11) De novo observei baixo o sol que non é dos veloces a carreira nin a guerra dos heroes, nin dos asisados o ter pan, nin dos entendidos a riqueza, nin o favor dos sabedores, senón que a ocasión e a sorte cáenlles por igual a todos.

(Proverbios 22:3) O asisado ve o perigo e apártase; os docas tiran para diante, e páganas.

(Gálatas 6:5) Cadaquén ten que leva-lo seu fardel.

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Ideas para conversar

(Eclesiastés 9:5) Pois: “Os vivos saben que han morrer; os mortos non saben xa máis nada” nin van ter recompensa, pois esquécese a súa memoria.

(Xob 14:14, 15) (Se morre o home, ¿volverá a vivir?). Eu ben esperaría tódolos días do meu traballo ata que me chegase a vez. 15 Chamaríasme entón e eu respondería; terías saudade da obra das túas mans,

(Isaías 32:18) Entón o meu pobo vivirá nun campo de paz, en casas seguras e en mansións tranquilas,

11-17 DE MAIO

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 38-39

“Xehová nunca deixou a Xosé”

(Xénese 39:1) Os ismaelitas levaron a Xosé para Exipto e vendéronllo ó exipcio Potifar, alto funcionario do faraón, xefe da súa garda.

w14 1/11 páx. 12 pars. 4, 5

“Como podería eu cometer un crime semellante”

“Os ismaelitas levaron a Xosé para Exipto e vendéronllo ó exipcio Potifar, alto funcionario do faraón, xefe da súa garda” (Xén. 39:1). Con poucas palabras, a Biblia axúdanos a imaxinar a humillación que tivo que sentir este rapaz cando o venderon outra vez. Tratárono coma se fose unha simple mercadoría. Podemos imaxinar a Xosé seguindo o seu novo dono, un alto funcionario exipcio, polo medio das rúas da cidade ateigadas de xente e de bazares camiño do seu novo fogar.

“Fogar” por chamarlle algo, porque aquelo estaba moi lonxe de calquera cousa que Xosé coñecía como fogar. Medrara nunha familia nómade que vivía en tendas e que se trasladaba a miúdo cos seus rabaños de ovellas. Pero en Exipto, os ricos coma Potifar vivían en casas moi elegantes e pintadas con cores vivas. Segundo os arqueólogos, ós antigos exipcios gustábanlles os xardíns valados con moitas plantas e con árbores mestas, e os estanques nos que medraban os papiros, os lotos e outras plantas acuáticas. Algunhas casas estaban no medio dos xardíns, e tiñan terrazas para desfrutar da brisa, ventás altas para que houbese ventilación, e moitas habitacións, incluíndo un gran comedor e cuartos para os criados.

(Xénese 39:12-14) agarrouse ela ó seu manto, esixíndolle: “Déitate comigo”. El deixou o manto nas mans dela e fuxiu para fóra. 13 Ó verse ela co manto nas súas mans e que el se botara fóra, 14 chamou ós criados e díxolles: “Vede, trouxéronos aquí este hebreo para que se aproveitase de nós. Veu onda min coa intención de se deitar comigo; pero eu chamei a berros.

(Xénese 39:20) e meteu a Xosé no cárcere, onde estaban os presos do rei. Xosé quedou alí encarcerado.

w14 1/11 páxs. 14-15

“Como podería eu cometer un crime semellante”

Non se sabe moito de como eran as cárceres daquela en Exipto. Os arqueólogos atoparon algunhas ruínas nas que se ve que eran coma fortalezas con celas subterráneas. Xosé dixo do lugar no que estivo que era un alxube, o que dá a entender que era un lugar escuro e deprimente (Xén. 40:15). De feito, no libro dos Salmos cóntase a tortura que tivo que aturar Xosé: “Atáronlle os pés con grillóns, botáronlle cadeas de ferro ó pescozo” (Sal. 105:17, 18). Os exipcios ás veces colocábanlles os brazos nas costas ós presos e atábanllos polos cóbados. A outros poñíanlles grillóns no pescozo. Xosé tivo que sufrir moito por todo este maltrato, especialmente tendo en conta que non fixera nada para merecelo.

O peor de todo foi o tempo que tivo que aturar isto. O relato di que “Xosé quedou alí encarcerado”. Pasou anos naquel terrible lugar sen saber se sairía algún día. Os días convertéronse en meses, e os meses en anos. Que fixo Xosé para non desesperar?

A Biblia dános unha resposta moi animadora: “Mais o Señor estivo con Xosé, mostroulle compaixón” (Xén. 39:21). Non hai nada que poida impedir que Xehová lles amose amor leal ós seus servos, nin as prisións, nin os grillóns, nin os alxubes (Rm. 8:38, 39). Imaxinamos a Xosé expresándolle ó seu querido Pai celestial toda a súa angustia en oración? Seguro que Xehová, o “Deus de toda consolación”, lle deu a paz e a tranquilidade que só El pode dar (2 Cor. 1:3, 4; Flp. 4:6, 7). Fixo algo máis por Xosé? A Biblia di que fixo “que lle caese ben ó xefe do cárcere”.

(Xénese 39:21-23) Mais o Señor estivo con Xosé, mostroulle compaixón, facendo que lle caese ben ó xefe do cárcere. 22 Este encomendoulle os presos que alí había, e facíase todo o que el mandaba. 23 O xefe do cárcere non controlaba cousa ningunha do que Xosé facía. O Señor estaba con el, e todo o que el facía saía ben.

w14 1/11 páx. 15 par. 2

“Como podería eu cometer un crime semellante”

A Biblia dános unha resposta moi animadora: “Mais o Señor estivo con Xosé, mostroulle compaixón” (Xén. 39:21). Non hai nada que poida impedir que Xehová lles amose amor leal ós seus servos, nin as prisións, nin os grillóns, nin os alxubes (Rm. 8:38, 39). Imaxinamos a Xosé expresándolle ó seu querido Pai celestial toda a súa angustia en oración? Seguro que Xehová, o “Deus de toda consolación”, lle deu a paz e a tranquilidade que só El pode dar (2 Cor. 1:3, 4; Flp. 4:6, 7). Fixo algo máis por Xosé? A Biblia di que fixo “que lle caese ben ó xefe do cárcere”.

Afondemos nas Escrituras

(Xénese 38:9, 10) Pero Onán, sabendo que non sería súa a descendencia, vertía o seme polo chan cando se achegaba á muller de seu irmán, para non lle dar descendencia. 10 Pareceulle mal ó Señor o que Onán facía e fíxoo morrer a el tamén.

it-2 páx. 550

Onán

(dunha raíz que significa “facultade xenerativa; enerxía dinámica”).

Segundo fillo que tivo Xudá coa filla de Xúa, o cananeo (Xén. 38:2-4; 1 Cró. 2:3). Despois de que Er, o seu irmán maior, pecase e Xehová o matase, Xudá díxolle a Onán que casase con Tamar, a viúva de Er. No caso de teren un fillo, este non sería o fundador da familia de Onán, senón que se lle consideraría o primoxénito de Er, xa que morreu sen fillos, e lle correspondería a herdanza deste. No caso de que non tivesen ningún fillo, Onán quedaría con esa herdanza. O relato di que Onán “vertía o seme polo chan” cando tiña relacións sexuais con Tamar. Por isto podemos entender que Onán non se masturbaba. Parece ser que era un caso de “coito interrompido”, xa que Onán exaculaba adrede fóra da vaxina de Tamar. Onán tamén morreu sen ter fillos. Xehová matouno por desobedecer o seu pai, pola súa cobiza e por pecar contra a lei do matrimonio de cuñado, e non por masturbarse (Xén. 38:6-10; 46:12; Núm. 26:19).

(Xénese 38:15-18) Ó ver Xudá a Tamar, tomouna por unha prostituta, pois tiña a cara cuberta. 16 Dirixiuse a ela no camiño e propúxolle, sen darse conta de que era a súa nora: “Ven, deixa que me achegue a ti”. Díxolle ela: “¿Que me vas dar por achegarte a min?” 17 El respondeulle: “Mandareiche un cabuxo do fato”. Ela dixo: “Ben, se me dás un peñor ata que o mandes”. 18 Preguntoulle el: “¿Que peñor queres que che dea?” Respondeulle ela: “O teu anel coa cadea e o caxato que levas na man”. El deullos, achegouse a ela, e ela quedou embarazada.

w04 15/1 páx. 30 pars. 4, 5

Preguntas dos lectores

Xudá actuou mal ó non lle dar o seu fillo Xelah a Tamar como prometera. Ademais, tivo relacións sexuais cunha muller que el pensaba que era unha prostituta de templo. Isto ía en contra do propósito de Deus de que só se tivesen relacións sexuais dentro do matrimonio (Xén. 2:24). En realidade, Xudá non se deitou cunha prostituta, senón que sen decatarse ocupou o lugar do seu fillo Xelah, cumprindo así a lei do matrimonio de cuñado. Por iso, os fillos que tivo foron lexítimos.

Pola súa banda, Tamar non tivo unha conduta sexual inmoral. Ós seus xemelgos non se lles considerou que fosen froito dun acto de fornicación. Cando Boaz de Belén casou con Rut, a moabita, seguindo a lei do matrimonio de cuñado, os anciáns de Belén falaron ben do fillo de Tamar, Peres. Dixéronlle: “E, pola descendencia que o Señor che dea desa moza, sexa a túa casa como a casa de Peres, o que lle xerou Tamar a Xudá” (Rut 4:12). Peres tamén foi devanceiro de Xesucristo (Mt. 1:1-3; Lc. 3:23-33).

Lectura da Biblia

(Xénese 38:1-19) Por aquel mesmo tempo afastouse Xudá de seus irmáns e foi á casa dun home de Adulam chamado Hirah. 2 Alí coñeceu unha muller cananea que se chamaba Xúa; tomouna e achegouse a ela. 3 Xúa quedou embarazada e deulle a Xudá un fillo, a quen puxo o nome de Er. 4 Quedou de novo embarazada e deulle outro fillo, ó que chamou Onán. 5 Volveu aínda ter un fillo e chamoulle Xelah. A nai atopábase en Quezib cando deu a luz. 6 Xudá tomou, co tempo, unha muller para Er, seu primoxénito; chamábase Tamar. 7 Er, o primoxénito de Xudá, era un mal home á vista do Señor, e o Señor fíxoo morrer. 8 Entón Xudá díxolle a Onán: “Achégate á muller de teu irmán; cumpre co teu deber de cuñado e dálle descendencia a teu irmán”. 9 Pero Onán, sabendo que non sería súa a descendencia, vertía o seme polo chan cando se achegaba á muller de seu irmán, para non lle dar descendencia. 10 Pareceulle mal ó Señor o que Onán facía e fíxoo morrer a el tamén. 11 Xudá díxolle entón á súa nora Tamar: “Consérvate viúva na casa de teu pai, deica creza o meu fillo Xelah”. Pensaba nos seus adentros: “Non sexa que morra tamén el, coma seus irmáns”. E Tamar foi vivir á casa de seu pai. 12 Moito tempo despois morreu Xúa, muller de Xudá. En acabando o loito por ela, Xudá subiu a Timnah, en compaña de Hirah de Adulam, para a rapa das ovellas. 13 Dixéronlle a Tamar: “Mira que o teu sogro sobe a Timnah, á rapa das ovellas”. 14 Ela quitou a roupa de viúva, cubriu a cara cun veo e, disfrazada, púxose na encrucillada que hai no camiño de Timnah, en Enaim. Pois vía que Xelah medraba, e Xudá non a casaba con el. 15 Ó ver Xudá a Tamar, tomouna por unha prostituta, pois tiña a cara cuberta. 16 Dirixiuse a ela no camiño e propúxolle, sen darse conta de que era a súa nora: “Ven, deixa que me achegue a ti”. Díxolle ela: “¿Que me vas dar por achegarte a min?” 17 El respondeulle: “Mandareiche un cabuxo do fato”. Ela dixo: “Ben, se me dás un peñor ata que o mandes”. 18 Preguntoulle el: “¿Que peñor queres que che dea?” Respondeulle ela: “O teu anel coa cadea e o caxato que levas na man”. El deullos, achegouse a ela, e ela quedou embarazada. 19 Tamar marchou, quitou o veo da cara e volveu poñe-la roupa de viúva.

“Xehová nunca deixou a Xosé”

(Xénese 39:1) Os ismaelitas levaron a Xosé para Exipto e vendéronllo ó exipcio Potifar, alto funcionario do faraón, xefe da súa garda.

(Xénese 39:12-14) agarrouse ela ó seu manto, esixíndolle: “Déitate comigo”. El deixou o manto nas mans dela e fuxiu para fóra. 13 Ó verse ela co manto nas súas mans e que el se botara fóra, 14 chamou ós criados e díxolles: “Vede, trouxéronos aquí este hebreo para que se aproveitase de nós. Veu onda min coa intención de se deitar comigo; pero eu chamei a berros.

(Xénese 39:20-23) e meteu a Xosé no cárcere, onde estaban os presos do rei. Xosé quedou alí encarcerado. 21 Mais o Señor estivo con Xosé, mostroulle compaixón, facendo que lle caese ben ó xefe do cárcere. 22 Este encomendoulle os presos que alí había, e facíase todo o que el mandaba. 23 O xefe do cárcere non controlaba cousa ningunha do que Xosé facía. O Señor estaba con el, e todo o que el facía saía ben.

(Xénese 39:2, 3) O Señor favoreceu a Xosé e deulle boa sorte en todo o que facía na casa do amo exipcio. 3 O seu amo decatouse de que o Señor estaba con el, facendo prosperar todo nas súas mans;

(Xénese 39:21-23) Mais o Señor estivo con Xosé, mostroulle compaixón, facendo que lle caese ben ó xefe do cárcere. 22 Este encomendoulle os presos que alí había, e facíase todo o que el mandaba. 23 O xefe do cárcere non controlaba cousa ningunha do que Xosé facía. O Señor estaba con el, e todo o que el facía saía ben.

(Salmo 34:20) Moitos son os males dos xustos, pero de todos os libra o Señor.

(Filipenses 4:6, 7) Non desacouguedes por cousa ningunha. En todo presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de súplica e acción de gracias. 7 E a paz de Deus, que supera toda intelixencia, custodiará os vosos corazóns e os vosos pensamentos en Cristo Xesús.

(Salmo 55:23) Encomenda ó Señor a túa sorte, que El te sosterá: El non deixa nunca que o xusto abanee.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Imitemos a Xosé. Fuxamos da inmoralidade sexual”

(Xénese 39:7-10) Despois de certo tempo, a muller de Potifar pousou os ollos en Xosé e propúxolle: “Déitate comigo”. 8 El refugou a proposta, dicindo: “Ves que o meu amo non se ocupa de cousa ningunha na súa casa, senón que deixou nas miñas mans todo o que ten. 9 Ninguén está nesta casa por enriba de min, e o meu amo non se reservou cousa ningunha, fóra de ti mesma, súa muller. ¿Como podería eu cometer un crime semellante, e pecar contra Deus?” 10 Ela teimaba un día tras outro, mais el non lle facía caso e non se deitou con ela.

(Xénese 39:12) agarrouse ela ó seu manto, esixíndolle: “Déitate comigo”. El deixou o manto nas mans dela e fuxiu para fóra.

(1 Corintios 6:18) Fuxide da fornicación. Calquera pecado que o home poida cometer, cae fóra do corpo; pero quen fornica peca contra o seu propio corpo.

18-24 DE MAIO

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 40-41

“Xehová liberou a Xosé”

(Xénese 41:9-13) Nisto díxolle o copeiro maior ó faraón: “Agora recordo a miña culpa. 10 Alporizado connosco, o faraón fixéranos deter a min e mais ó panadeiro maior, na casa do xefe da garda. 11 Unha noite tivemos un soño cada un, cada soño co seu significado. 12 Estaba alí connosco un mozo hebreo, servo do xefe da garda, contámoslle os soños, e el interpretounos, cada un conforme o seu significado. 13 E xustamente como el interpretou, así aconteceu: eu volvín ó meu oficio; ó outro, en troques, colgárono”.

w15 1/2 páx. 14 pars. 4, 5

“¿Non lle corresponde a Deus a interpretación?”

Se cadra o copeiro esqueceu a Xosé, pero Xehová non. Unha noite fixo que o Faraón tivese dous soños difíciles de esquecer. No primeiro viu saír do río Nilo sete vacas ben feitas e cebadas, e detrás delas outras sete feas e moi delgadas que devoraban as sete primeiras. No segundo soño, o Faraón viu sete espigas boas e con moito gran, e despois outras sete miúdas e queimadas que devoraban as sete primeiras. Cando acordou pola mañá, o Faraón estaba moi nervioso, así que chamou polos sabios e os adiviños para que lle interpretasen os soños. Pero non puideron (Xén. 41:1-8). Non sabemos se cada un deu unha resposta diferente ou se quedaron tan abraiados que non dixeron nada. O caso é que o Faraón quedou decepcionado e aínda máis desesperado por atopar respostas.

Por fin, o copeiro lembrouse de Xosé. Molestáballe a conciencia, así que lle falou a Faraón dun rapaz pouco común que coñecera na prisión. Contoulle que había dous anos que lles interpretara os soños a el e mailo panadeiro. Nese momento, o Faraón ordena que saquen a Xosé da prisión e llo traian (Xén. 41:9-13).

(Xénese 41:16) Xosé respondeulle ó faraón: “Eu non; mais Deus ten a resposta, para ben do faraón”.

(Xénese 41:29-32) Van vir sete anos de moita fartura en todo o país de Exipto. 30 Pero tras deles virán sete anos de fame, que farán esquecer toda a fartura que houbo antes, e aflixirán todo o país. 31 A fame que virá será tan pesada, que non deixará sinal da fartura. 32 O feito de que o soño do faraón se repetise proba que Deus confirma esta cousa e que se dará présa en cumprila.

w15 1/2 páx. 14

“¿Non lle corresponde a Deus a interpretación?”

Xehová quérelles moito ós fieis e humildes. Por iso non sorprende que lle dese a Xosé a resposta que tanto buscaban os sabios e os sacerdotes de Exipto. Xosé explicoulle ó Faraón que os dous soños significaban o mesmo. Díxolle que o feito de que o soño se repetise era proba de que Deus o confirmaba, é dicir, que sen dúbida se había cumprir. As vacas e as espigas boas representaban sete anos de abundancia en Exipto, mentres que as vacas e as espigas miúdas representaban sete anos de fame que virían despois. A fame sería tal que se esquecería a fartura que houbera antes (Xén. 41:25-32).

(Xénese 41:38-40) “¿Atopariamos un home tan cheo do espírito de Deus como o está este home?” 39 E díxolle a Xosé: “Polo feito de que Deus che revelase todo isto, non hai outro home tan intelixente e asisado coma ti. 40 Estarás á fronte da miña casa. O pobo todo obedecerá as túas ordes; soamente polo trono estarei por riba de ti.”

w15 1/2 páx. 15 par. 2

“¿Non lle corresponde a Deus a interpretación?”

O Faraón cumpriu a súa palabra. Axiña vestiron a Xosé con liño do bo. Ademais, o Faraón púxolle un colar de ouro e un anel do selo na man, e montouno no carro do vicerrei. Tamén lle deu autoridade absoluta para viaxar polo país e levar a cabo o seu plan (Xén. 41:42-44). Nun só día, Xosé pasou da cadea ó pazo do Faraón, de espertar estando preso a deitarse coma a segunda persoa máis importante de Exipto. Está claro que tiña boas razóns para ter fe en Xehová. El vira tódalas inxustizas que aturara ó longo dos anos, e amañou a situación no momento e da maneira máis axeitados. Pero Xehová non só pensaba en corrixir estas inxustizas, senón en protexer a futura nación de Israel. Isto verémolo noutro artigo desta serie.

Afondemos nas Escrituras

(Xénese 41:14) O faraón mandou chamar a Xosé. Sacárono do alxube, afeitouse, cambiou a roupa e presentouse ó faraón.

w15 1/11 páx. 9 pars. 1-3

Sabíalo?

Por que se afeitou Xosé antes de ir onda o Faraón?

Segundo o relato da Xénese, o Faraón mandou que lle trouxesen axiña a Xosé, o rapaz hebreo que xa levaba preso varios anos, para que lle interpretase os soños que tanto lle preocupaban. Malia que o Faraón tiña apuro por velo, Xosé sacou tempo para afeitarse (Xén. 39:20-23; 41:1, 14). Inda que este detalle pareza non ter importancia, que o escritor o mencione amosa que coñecía ben os costumes de Exipto.

En moitos pobos antigos, era normal que os homes deixasen medrar a barba. Por exemplo, así o facían os hebreos. Pola contra, certa enciclopedia menciona que “os antigos exipcios eran a única nación oriental que rexeitaba levar barba” (Cyclopedia of Biblical, Theological, and Ecclesiastical Literature de McClintock e Strong).

Afeitaban só a barba? Segundo certa revista, algúns costumes cerimoniais de Exipto esixían que quen se presentase diante do Faraón se preparase do mesmo xeito que se fose entrar nun templo (Biblical Archaeology Review). De ser así, Xosé tivo que afeitar o corpo enteiro a maiores da cabeza.

(Xénese 41:33) Agora, que o faraón busque un home intelixente e asisado e que o poña á fronte de Exipto;

w09 15/11 páx. 28 par. 14

Os ministros de Deus debemos ter bos modais

14 Os servos de Deus de tempos bíblicos asegurábanse de ensinarlles ós seus fillos a ter bos modais. Por exemplo, pensemos no xeito tan educado no que se falaban Abraham e Isaac, segundo Xénese 22:7. No caso de Xosé tamén foi evidente a boa educación que lle deron os seus pais. Cando estivo na cadea, foi educado mesmo con outros presos (Xén. 40:8, 14). Ademais, o xeito no que lle falou ó Faraón demostra que aprendera como dirixirse a persoas de alto rango (Xén. 41:16, 33, 34).

Lectura da Biblia

(Xénese 40:1-23) Nunha ocasión o copeiro e mailo panadeiro do rei de Exipto ofenderon ó seu señor. 2 O faraón anoxouse contra eles, contra o copeiro maior e o panadeiro maior, 3 e meteunos en prisión, na casa do xefe da garda, onde estaba Xosé detido. 4 O xefe da garda confioullos a Xosé, quen os servía. 5 O copeiro e o panadeiro do rei de Exipto que estaban presos no cárcere, levaban xa tempo detidos, cando unha noite cada un deles tivo seu soño, cada soño co seu sentido. 6 Pola mañá entrou Xosé onda eles e atopounos deprimidos. 7 E preguntoulles ós dous ministros, compañeiros do cárcere: “¿Por que tedes hoxe mal semblante?” 8 Respondéronlle eles: “Tivemos un soño, e non hai quen nolo interprete”. Díxolles Xosé: “¿Non lle corresponde a Deus a interpretación? Contádeme o soño”. 9 O copeiro maior contoulle o seu soño a Xosé: “Soñei que tiña diante unha vide. 10 A vide tiña tres bacelos. Agromou, floreceu e as uvas madureceron nos acios. 11 Eu sostiña nunha man a copa do faraón, collía as uvas e espremíaas na copa, e puña a copa na man do faraón”. 12 Xosé díxolle: “Este é o seu significado. Os tres bacelos da vide son tres días. 13 No termo de tres días erguerá o faraón a túa cabeza, repoñéndote no teu posto, e ti pora-la copa na súa man, coma cando éra-lo seu copeiro. 14 Cando che vaia ben, acórdate de min. Faime o favor de falarlle de min ó faraón, para que me leve desta casa. 15 Trouxéronme secuestrado do país dos hebreos, e aquí non fixen ningún mal, para que me botasen neste alxube”. 16 Cando o panadeiro maior oíu que o significado do soño do copeiro era bo, díxolle a Xosé: “Tamén eu soñei que levaba na cabeza tres cestas de pan. 17 Na cesta de riba levaba toda sorte de repostería para o faraón, pero os paxaros peteiraban na cesta que eu levaba na cabeza”. 18 Xosé díxolle: “Este é o seu significado. As tres cestas son tres días. 19 Ó cabo de tres días erguerá o faraón a túa cabeza, pendurarate dunha árbore e os paxaros comerante”. 20 Ó cabo de tres días, cumpreanos do faraón, deu este un banquete a tódolos seus ministros, e de entre todos tivo por ben ergue-la cabeza do copeiro maior e do panadeiro maior. 21 Ó copeiro maior repúxoo no seu posto de copeiro, para que puxese a copa na man do faraón. 22 Pero ó panadeiro maior pendurouno dunha forca, como Xosé interpretara. 23 O copeiro maior non se lembrou máis de Xosé, esqueceuse del.

“Xehová liberou a Xosé”

(Xénese 41:9-13) Nisto díxolle o copeiro maior ó faraón: “Agora recordo a miña culpa. 10 Alporizado connosco, o faraón fixéranos deter a min e mais ó panadeiro maior, na casa do xefe da garda. 11 Unha noite tivemos un soño cada un, cada soño co seu significado. 12 Estaba alí connosco un mozo hebreo, servo do xefe da garda, contámoslle os soños, e el interpretounos, cada un conforme o seu significado. 13 E xustamente como el interpretou, así aconteceu: eu volvín ó meu oficio; ó outro, en troques, colgárono”.

(Xénese 41:16) Xosé respondeulle ó faraón: “Eu non; mais Deus ten a resposta, para ben do faraón”.

(Xénese 41:29-32) Van vir sete anos de moita fartura en todo o país de Exipto. 30 Pero tras deles virán sete anos de fame, que farán esquecer toda a fartura que houbo antes, e aflixirán todo o país. 31 A fame que virá será tan pesada, que non deixará sinal da fartura. 32 O feito de que o soño do faraón se repetise proba que Deus confirma esta cousa e que se dará présa en cumprila.

(Xénese 41:38-40) “¿Atopariamos un home tan cheo do espírito de Deus como o está este home?” 39 E díxolle a Xosé: “Polo feito de que Deus che revelase todo isto, non hai outro home tan intelixente e asisado coma ti. 40 Estarás á fronte da miña casa. O pobo todo obedecerá as túas ordes; soamente polo trono estarei por riba de ti.”

(Salmo 105:17-19) Mandou diante deles un home, foi vendido Xosé coma escravo. 18 Atáronlle os pés con grillóns, botáronlle cadeas de ferro ó pescozo, 19 ata que chegou a hora de se cumpri-lo agoiro, e a palabra do Señor lle devolveu o creto.

(Xénese 39:21, 22) Mais o Señor estivo con Xosé, mostroulle compaixón, facendo que lle caese ben ó xefe do cárcere. 22 Este encomendoulle os presos que alí había, e facíase todo o que el mandaba.

(Xénese 40:5-7) O copeiro e o panadeiro do rei de Exipto que estaban presos no cárcere, levaban xa tempo detidos, cando unha noite cada un deles tivo seu soño, cada soño co seu sentido. 6 Pola mañá entrou Xosé onda eles e atopounos deprimidos. 7 E preguntoulles ós dous ministros, compañeiros do cárcere: “¿Por que tedes hoxe mal semblante?”

25-31 DE MAIO

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 42-43

“Xosé soubo controlarse”

(Xénese 42:5-7) Os fillos de Israel ían mercar trigo entre outros moitos, pois había fame en todo o país de Canaán. 6 Xosé era quen mandaba en Exipto e quen vendía o trigo a todo o mundo. Chegados onda el, os irmáns postráronse por terra. 7 En canto Xosé os viu, recoñeceunos; pero el non se lles deu a coñecer, senón que lles falou con dureza. Preguntoulles: “¿Vós de onde vindes?” Eles responderon: “Vimos do país de Canaán para mercar víveres”.

w15 1/5 páx. 13 par. 5, 6

“¿Estou eu no lugar de Deus?”

Xosé recoñeceu deseguida os seus irmáns. Ademais, cando viu que se axeonllaban diante del, lembrouse de cando era novo. O relato di: “Xosé acordouse dos soños que tivera acerca deles”. Estes soños que Xehová lle dera profetizaron que os seus irmáns se axeonllarían tal e como o estaban a facer agora (Xén. 37:2, 5-9; 42:7, 9). Que faría Xosé? Daríalles unha aperta? Vingaríase deles?

Xosé sabía que non debía deixarse levar polos seus impulsos, fosen os que fosen. Era evidente que Xehová estaba detrás de todo o que pasaba, xa que tiña que ver co seu propósito de converter a descendencia de Xacob nunha nación poderosa (Xén. 35:11, 12). Se os irmáns de Xosé seguían sendo violentos, egoístas e sen escrúpulos, os efectos a longo prazo poderían ser desastrosos. Alén diso, se Xosé actuaba impulsivamente podería poñer en perigo o seu pai e a Benxamín que, no caso de estaren vivos, se cadra se atopaban nunha situación delicada. Xosé decidiu non dicirlles ós seus irmáns quen era para poñelos a proba e para ver se seguían sendo os mesmos ou se cambiaran. Deste xeito tamén podería saber o que Xehová esperaba del.

w15 1/5 páx. 14 par. 1

“¿Estou eu no lugar de Deus?”

É difícil que nos atopemos ante unha situación así. Pero é común que nas familias da actualidade haxa conflitos e divisións. Se iso nos pasa a nós, poida que nos deixemos levar polo noso corazón e polos nosos impulsos imperfectos. O mellor é seguir o exemplo de Xosé e tratar de saber que quere Deus que fagamos (Pr. 14:12). Lembremos que, malia que é importante levarse ben coa familia, máis importante é ter unha boa relación con Xehová e o seu Fillo (Mt. 10:37).

(Xénese 42:14-17) Díxolles Xosé: “A verdade é o que vos dixen, que vós sodes espías. 15 Pero vouvos pór á proba. Pola vida do faraón, que non sairedes de aquí, namentres non veña convosco o voso irmán máis pequeno. 16 Mandade un de vós para que o traia. Os demais quedades presos. Comprobarase se dixéste-la verdade. E se non, pola vida do faraón, que sodes espías”. 17 E tívoos detidos tres días.

w15 1/5 páx. 14 par. 2

“¿Estou eu no lugar de Deus?”

Xosé puxo a proba os seus irmáns para saber o que tiñan no corazón. Comezou falándolles con dureza por medio dun intérprete, e acusounos de seren espías estranxeiros. Para defendérense, faláronlle da súa familia e dixéronlle que tiñan un irmán pequeno que quedara na casa. Xosé tentou ocultar a súa emoción ó saber que o seu irmán pequeno estaba vivo. Entón tivo unha idea. Díxolles que os ía pór a proba, e engadiu: “Non sairedes de aquí, namentres non veña convosco o voso irmán máis pequeno”. Pouco despois, permitiulles volver á casa para traerlle o seu irmán máis novo, coa condición de que un deles quedase en Exipto ata que volvesen (Xén. 42:9-20).

(Xénese 42:21, 22) Niso dicíanse uns ós outros: “Abofé somos culpados polo que lle fixemos ó noso irmán. Vímolo no apuro, suplicándonos, e non lle fixemos caso. Por iso nós vémonos agora no apuro”. 22 Entón dixo Rubén: “¿Non vos dicía eu: Non lle fagades mal ó rapaz, e vós non fixestes caso? Por iso esíxennos agora o seu sangue”.

it-2 páx. 125 par. 1

Xosé

Por mor do que lles pasara, os medios irmáns de Xosé comezaron a pensar que Xehová os estaba a castigar por vendelo como escravo había anos. Así que se puxeron a falar entre eles de que eran culpables do que lle fixeran a Xosé. El estábaos a escoitar pero eles non sabían quen era. Ó sentilos, Xosé deuse conta de que estaban arrepentidos, e emocionouse tanto que tivo que marchar para chorar. Cando volveu, prendeu a Simeón ata que os irmáns tornasen co máis novo (Xén. 42:21-24).

Afondemos nas Escrituras

(Xénese 42:22) Entón dixo Rubén: “¿Non vos dicía eu: Non lle fagades mal ó rapaz, e vós non fixestes caso? Por iso esíxennos agora o seu sangue”.

(Xénese 42:37) Respondeulle Rubén: “Se non che traio de volta a Benxamín, podes mata-los meus dous fillos. Déixao nas miñas mans, que eu cho volverei”.

it-2 páx. 873 par. 5

Rubén

Rubén amosou algunhas das súas boas calidades cando convenceu os seus nove irmáns para que botasen a Xosé nunha cisterna seca no canto de matalo. De feito, pretendía volver ás agochadas para sacalo de alí (Xén. 37:18-30). Máis de vinte anos despois, cando os irmáns estaban a falar de que a acusación de seren espías en Exipto era un castigo de Deus por mor do que lle fixeran a Xosé, Rubén lembroulles que el non participara no complot contra a súa vida (Xén. 42:9-14, 21, 22). E cando Xacob non quixo que Benxamín fose cos seus irmáns de volta a Exipto, Rubén ofreceulle os seus fillos como garantía. Díxolle: “Se non che traio de volta a Benxamín, podes mata-los meus dous fillos” (Xén. 42:37).

(Xénese 43:32) Servíronlle a el por un lado, ós seus irmáns por outro, e á parte ós exipcios que o acompañaban, pois ós exipcios estalles prohibido comer onda os hebreos; téñeno por cousa mala.

w04 15/1 páx. 29 par. 1

Ideas interesantes do libro de A Xénese II

43:32. Por que os exipcios tiñan por cousa mala comer cos hebreos? Seguramente fose por prexuízos relixiosos ou por orgullo racial. Ademais, os exipcios aborrecían os pastores (Xén. 46:34). Por que? Porque os pastores de ovellas seguramente estaban nunha das partes máis baixas do sistema de castas exipcio. Ou tamén poida que os exipcios desprezasen os que buscaban pastos para os rabaños, xa que as terras de cultivo eran limitadas.

Lectura da Biblia

(Xénese 42:1-20) Soubo Xacob que había á venda trigo en Exipto, e díxolles ós fillos: “¿Que facedes aí mirando? 2 Oín que hai trigo á venda en Exipto. Ide alá, mercade para vivirmos e non morrermos de fame”. 3 Baixaron, pois, a Exipto dez dos irmáns de Xosé, para mercaren alí trigo, 4 Xacob non deixou ir con seus irmáns a Benxamín, o irmán de Xosé, por medo de que lle puidese pasar unha desgracia. 5 Os fillos de Israel ían mercar trigo entre outros moitos, pois había fame en todo o país de Canaán. 6 Xosé era quen mandaba en Exipto e quen vendía o trigo a todo o mundo. Chegados onda el, os irmáns postráronse por terra. 7 En canto Xosé os viu, recoñeceunos; pero el non se lles deu a coñecer, senón que lles falou con dureza. Preguntoulles: “¿Vós de onde vindes?” Eles responderon: “Vimos do país de Canaán para mercar víveres”. 8 Xosé recoñecía a seus irmáns, pero eles non recoñecían a Xosé. 9 Xosé acordouse dos soños que tivera acerca deles, e díxolles: “Vós sodes espías. Viñestes pescuda-los lados febles do país”. 10 Respondéronlle eles: “Non é así, señor. Os teus servos viñeron para adquirir víveres. 11 Somos fillos dun mesmo pai, xente de ben. Os teus servos non son espías”. 12 El insistiu: “Non é certo. Viñestes pescuda-los lados febles do país”. 13 Responderon: “Nós, os teus servos, eramos doce irmáns, fillos dun mesmo pai, na terra de Canaán. O máis pequeno quedou co noso pai, e o outro xa faltou”. 14 Díxolles Xosé: “A verdade é o que vos dixen, que vós sodes espías. 15 Pero vouvos pór á proba. Pola vida do faraón, que non sairedes de aquí, namentres non veña convosco o voso irmán máis pequeno. 16 Mandade un de vós para que o traia. Os demais quedades presos. Comprobarase se dixéste-la verdade. E se non, pola vida do faraón, que sodes espías”. 17 E tívoos detidos tres días. 18 Ó terceiro día díxolles: “Eu son un home que cre en Deus. Facede como vos digo, e salvaréde-la vida. 19 Se sodes xente de ben, un de vos quedará preso no cárcere onde estades, e os demais iredes leva-lo trigo que mercastes, ás vosas xentes famentas. 20 Despois diso traerédesme a voso irmán máis novo, para que se comprobe o que dixestes e non teñades que morrer”. Eles fixérono así.

“Xosé soubo controlarse”

(Xénese 42:5-7) Os fillos de Israel ían mercar trigo entre outros moitos, pois había fame en todo o país de Canaán. 6 Xosé era quen mandaba en Exipto e quen vendía o trigo a todo o mundo. Chegados onda el, os irmáns postráronse por terra. 7 En canto Xosé os viu, recoñeceunos; pero el non se lles deu a coñecer, senón que lles falou con dureza. Preguntoulles: “¿Vós de onde vindes?” Eles responderon: “Vimos do país de Canaán para mercar víveres”.

(Xénese 42:14-17) Díxolles Xosé: “A verdade é o que vos dixen, que vós sodes espías. 15 Pero vouvos pór á proba. Pola vida do faraón, que non sairedes de aquí, namentres non veña convosco o voso irmán máis pequeno. 16 Mandade un de vós para que o traia. Os demais quedades presos. Comprobarase se dixéste-la verdade. E se non, pola vida do faraón, que sodes espías”. 17 E tívoos detidos tres días.

(Xénese 42:21, 22) Niso dicíanse uns ós outros: “Abofé somos culpados polo que lle fixemos ó noso irmán. Vímolo no apuro, suplicándonos, e non lle fixemos caso. Por iso nós vémonos agora no apuro”. 22 Entón dixo Rubén: “¿Non vos dicía eu: Non lle fagades mal ó rapaz, e vós non fixestes caso? Por iso esíxennos agora o seu sangue”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir