BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lmd lección 7
  • Persistencia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Persistencia
  • O amor motívanos a facer discípulos
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que fixo Paulo?
  • Que podes aprender de Paulo?
  • Imita o exemplo de Paulo
  • Humildade
    O amor motívanos a facer discípulos
  • Interese polos demais
    O amor motívanos a facer discípulos
  • Paciencia
    O amor motívanos a facer discípulos
  • “Estou limpo do sangue de todo home”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
Ver máis
O amor motívanos a facer discípulos
lmd lección 7

CULTIVA O INTERESE

O apóstolo Paulo falando das boas noticias a un grupo de persoas no auditorio dunha escola.

Feitos 19:8-10

LECCIÓN 7

Persistencia

Principio bíblico: “Non paraban de ensinar e de anuncia-la Boa Nova” (Feit. 5:42).

Que fixo Paulo?

O apóstolo Paulo falando das boas noticias a un grupo de persoas no auditorio dunha escola.

VÍDEO: Paulo non se dá por vencido en Éfeso

1. Mira o VÍDEO ou le Feitos 19:8-10. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1. En vez de renderse cando se enfrontou a oposición, como seguiu axudando Paulo ós que mostraron interese?

  2. Con canta frecuencia ía Paulo ensinarlles ós que mostraran interese, e durante canto tempo o fixo?

Que podes aprender de Paulo?

2. Necesitamos dedicar tempo e esforzo para facer revisitas eficaces e para empezar cursos da Biblia.

Imita o exemplo de Paulo

3. Adapta o teu horario ó da outra persoa. Pregúntate: “Cando é máis probable que poida contactar con ela? Cando e onde é máis probable que queira conversar comigo?”. Esfórzate por cultivar o interese, incluso se non é o mellor momento para ti.

4. Acorda unha cita. Ó final de cada conversa intenta quedar nun día e nunha hora específicos para volver falar coa persoa. Asegúrate de cumprir coa cita.

5. Non perdas a esperanza. Non te apresures a pensar que unha persoa que non adoita estar na casa ou que está moi ocupada non ten interese (1 Cor. 13:4, 7). Equilibra a persistencia con facer bo uso do teu tempo (1 Cor. 9:26).

VER TAMÉN

Feit. 10:42; 1 Cor. 9:22, 23; 2 Cor. 4:1; Gál. 6:9

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir