BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbv artigo 60
  • Proverbios 17:17 | “O amigo ama en todo tempo”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Proverbios 17:17 | “O amigo ama en todo tempo”
  • Textos bíblicos explicados
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Significado de Proverbios 17:17
  • Contexto de Proverbios 17:17
  • Que di a Biblia sobre a amizade?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Podes ser amigo de Xehová
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Escollamos amigos que amen a Deus
    Continúa no amor de Deus
Textos bíblicos explicados
ijwbv artigo 60

TEXTOS BÍBLICOS EXPLICADOS

Proverbios 17:17 | “O amigo ama en todo tempo”

“O amigo ama en todo tempo, e amósase coma un irmáu no perigo” (Proverbios 17:17, Sagra Biblia en Galego, Manuel Casado Nieto).

“O verdadeiro amigo ama en todo momento e é un irmán en tempos de angustia” (Proverbios 17:17, Tradución do Novo Mundo).

Significado de Proverbios 17:17

Os amigos de verdade merecen a nosa confianza. Igual ca un irmán co que se ten unha relación moi estreita, os bos amigos son leais e cariñosos, sobre todo en tempos difíciles.

“O amigo ama en todo tempo”. Esta frase tamén se pode traducir como “os amigos sempre demostran o seu amor”.a A palabra hebrea que se usa nesta frase para amor é máis ca un sentimento por unha persoa. Trátase dun amor desinteresado que se demostra con feitos (1 Corintios 13:4-7). As amizades que se basean nesta clase de amor, non se rompen aínda que pasen por problemas como, por exemplo, algún malentendido ou calquera outra dificultade. Máis ben, están dispostos a perdoarse (Proverbios 10:12). Ademais, un bo amigo alégrase se á outra persoa lle van ben as cousas e non sente envexa dela (Romanos 12:15).

“O amigo [. . .] amósase coma un irmáu no perigo”. Este proverbio baséase na idea de que a relación entre dous irmáns pode ser moi estreita. Así que, cando facemos todo o posible por axudar a un amigo que está pasando por un mal momento, demostramos que somos coma irmáns. É máis, os problemas non debilitan esa amizade senón que a fan máis forte, xa que aumenta o amor e o respecto.

Contexto de Proverbios 17:17

O libro de proverbios está cheo de pequenas citas moi sabias que fan pensar o lector. Boa parte deste libro foi escrito polo rei Salomón. El usou o típico estilo de poesía hebrea, no que se usan paralelismos e contrastes en lugar de rimas. É dicir, hai ideas que se apoian entre elas e outras que contrastan entre si. Proverbios 17:17 é un exemplo de poesía paralela, onde a segunda parte do versículo engade información que lle dá énfase á primeira parte. En cambio, o Proverbio 18:24 é un exemplo de ideas que contrastan entre si: “Hai compañeiros só para parolar, e hai amigos máis íntimos ca irmáns”.

Cando escribiu o Proverbio 17:17, é posible que Salomón estivese pensando na amizade que tiña seu pai David con Ionatán, un fillo do rei Xaúl (1 Samuel 13:16; 18:1; 19:1-3; 20:30-34, 41, 42; 23:16-18). Aínda que David e Ionatán non eran familia, a súa amizade era máis estreita que se fosen irmáns. Ionatán incluso arriscou a súa vida polo seu amigo.b

Ionatán e David sentados na entrada dunha cova. David escoitando o ánimo que lle dá Ionatán.

Le o capítulo 17 de Proverbios na edición de estudo da Tradución do Novo Mundo dispoñible en español. Esta Biblia, que é fácil de ler, ten gravacións en audio, notas explicativas, referencias a outros versículos, imaxes, vídeos e mapas.

Para ter unha idea xeral do contido do libro de Proverbios, mira este pequeno vídeo.

a Good News Bible, The Bible in Today’s English Version.

b Mira o artigo “Unidos por una gran amistad”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir