BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwbr25 xullo páxs. 1-8
  • Fontes de información para o “Caderno de Estudo Vida e Actividades”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Fontes de información para o “Caderno de Estudo Vida e Actividades”
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2025)
  • Subtítulos
  • 7-13 DE XULLO
  • 14-20 DE XULLO
  • 21-27 DE XULLO
  • 28 DE XULLO–3 DE AGOSTO
  • 4-10 DE AGOSTO
  • 11-17 DE AGOSTO
  • 18-24 DE AGOSTO
  • 25-31 DE AGOSTO
Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2025)
mwbr25 xullo páxs. 1-8

Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

© 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania

7-13 DE XULLO

TESOUROS DA BIBLIA PROVERBIOS 21

Consellos sabios para un matrimonio feliz

g 7/08 páx. 7 par. 2

Como ter un matrimonio feliz

Mostra humildade. A Biblia di: “Non fagades nada á retesía nin por fachenda. Que cadaquén pense humildemente que os outros son máis ca el” (Filipenses 2:3). Moitos problemas xorden porque algúns matrimonios son orgullosos e bótanse a culpa un ó outro, en vez de ser humildes e buscar como mellorar as cousas. Cando haxa un desacordo, ser humilde axudarache a non insistir en levar a razón.

w06 15/9 páx. 28 par. 13

Desfruta coa esposa da túa xuventude

13 Que pasa se hai tensión no matrimonio pola forma na que vos tratades? Para buscar unha solución necesítase esforzo. Por exemplo, pode que para algúns matrimonios sexa común falarse con pouca amabilidade (Proverbios 12:18). Como se dixo no artigo anterior, isto pode ter consecuencias moi malas. Un proverbio da Biblia di: “Mellor é morar nun ermo ca ter muller fungona e rifadora” (Proverbios 21:19). Se es muller e o teu matrimonio é así, poderías preguntarte: “A miña forma de comportarme fai que ó meu home lle sexa difícil estar comigo?”. A Biblia dilles ós homes: “Homes, amade as vosas mulleres e non sexades ríspidos [ou bruscos] con elas” (Colosenses 3:19). Se es home, poderías preguntarte: “Son frío con ela? Sente a miña muller a necesidade de buscar consolo noutra parte?”. Por suposto, nada pode xustificar a inmoralidade sexual. Pero a posibilidade de que algo coma iso poida pasar é unha boa razón para falar dos problemas con sinceridade.

Xoias espirituais

w05 15/1 páx. 17 par. 9

Visións do Reino de Deus que se fan realidade

9 Xesús xa non é un simple ser humano montado sobre un asno, senón un Rei poderoso. Na Biblia represéntase a Xesús montado nun cabalo, un símbolo de guerra (Proverbios 21:31). Apocalipse 6:2 di: “Vin un cabalo branco. O seu cabaleiro tiña un arco. Déuselle unha coroa e saíu coma vencedor e para seguir vencendo”. Ademais, falando de Xesús, o salmista David escribiu: “O cetro do poder mándacho o Señor desde Sión: domina nos teus inimigos” (Salmo 110:2).

14-20 DE XULLO

TESOUROS DA BIBLIA PROVERBIOS 22

Consellos sabios para criar os fillos

w20.10 páx. 27 par. 7

Servirán a Deus cando crezan?

7 Se estades casados e queredes ter fillos, preguntádevos: “Somos persoas humildes e espirituais ás que Xehová lles confiaría algo tan valioso como unha nova vida?” (Sl 127:3, 4). E se xa sodes pais, preguntádevos: “Ensinámoslles ós nosos fillos a importancia de traballar duro?” (Ecl 3:12, 13). “Facemos todo o que está na nosa man para protexer os nosos fillos dos perigos físicos e morais que se poden encontrar no mundo de Satanás?” (Pr 22:3). Non podedes protexelos de tódolos problemas cos que se atopen, iso é imposible. Pero o que si podedes facer é ensinarlles con paciencia e con cariño a buscar a guía que necesitan na Biblia. Así estarán preparados cando se enfronten a dificultades (Le Proverbios 2:1-6). Por exemplo, se algún familiar decide abandonar a Xehová mostrádelles ós vosos fillos coa Biblia o importante que é manterse leais (Sl 31:24 [31:23, TNM]). Ou se falece un ser querido, axudádelles ós vosos fillos a encontrar consolo e paz na Palabra de Deus (2 Co 1:3, 4; 2 Ti 3:16).

w19.12 páx. 26 pars. 17-19

Pais, educade os vosos fillos para que amen a Xehová

17 Empeza a ensinarlles ós teus fillos o antes posible. Canto antes empecen os pais a educar os seus fillos, mellor (Pr 22:6). Pensa en Timoteo, quen acompañou o apóstolo Paulo nas súas viaxes. A nai de Timoteo, Eunice, e a súa avoa, Loide, ensináronlle de Xehová “desde neno” (2Ti 1:5; 3:15).

18 Outra parella de Costa do Marfil, Jean-Claude e Peace, foron capaces de axudarlles ós seus seis fillos a servir e amar a Xehová. Que lles axudou a conseguilo? Seguir o exemplo de Eunice e Loide. Eles din: “Inculcámoslles a Palabra de Deus ós nosos fillos desde que eran neniños, pouco despois de nacer” (Dt 6:6, 7).

19 Que significa inculcar a Palabra de Xehová nos teus fillos? Significa “ensinar e recalcar a través de repeticións frecuentes”. Para facelo, os pais teñen que pasar tempo de forma regular cos seus fillos. Claro, ás veces ter que repetírllelas cousas ós teus fillos pode ser frustrante. Pero podedes velo como unha oportunidade para axudarlles a entender a Palabra de Deus e obedecela.

w06 1/4 páx. 9 par. 4

Pais, sede un bo exemplo para os vosos fillos

Claro, os nenos seguen sendo nenos, e algúns poden ter a tendencia a levar a contraria ou a ser caprichosos (Xénese 8:21). Que poden facer os pais? A Biblia di: “Apégase a tolemia ó corazón do mozo, mais a vara da corrección é tal de a despegar” (Proverbios 22:15). Algunhas persoas ven isto como algo moi cruel, algo que se facía noutros tempos. En realidade, a Biblia está en contra da violencia e calquera tipo de maltrato. Aínda que ás veces se usa de forma literal, a “vara” representa a autoridade que teñen os pais. Esta autoridade aplícana con firmeza, pero de forma apropiada e con moito cariño, porque se preocupan polo benestar eterno dos seus fillos (Hebreos 12:7-11).

Xoias espirituais

w21.08 páx. 22 par. 11

Alegrémonos polo que podemos facer por Xehová

11 Podemos sentir máis alegría se nos esforzamos ó máximo en calquera tarefa que recibamos no noso servizo a Xehová. Dediquémonos por completo á predicación e participemos todo o que poidamos nas actividades da congregación (Fei 18:5; Heb 10:24, 25). Preparémonos ben para animar os demais cos nosos comentarios nas reunións. Tomemos en serio calquera intervención estudantil que se nos encargue na reunión de entre semana. Se nos piden axuda para facer algún traballo na congregación, sexamos puntuais e fiables. Non pensemos que certos labores teñen pouca importancia e que non merecen que lles dediquemos o noso tempo. Esforcémonos por mellorar as nosas habilidades (Pr 22:29). Canto máis ocupados esteamos nas nosas actividades e responsabilidades espirituais, máis rápido progresaremos e máis alegría sentiremos (Gál 6:4). Ademais, seranos máis fácil alegrarnos cando outros reciban unha responsabilidade que a nós nos gustaría ter (Rm 12:15; Gál 5:26, TNM).

21-27 DE XULLO

TESOUROS DA BIBLIA PROVERBIOS 23

Consellos sabios sobre o alcohol

it-1 páx. 367

Borracheira

Condénase na Biblia. Tomar bebidas alcohólicas ata emborracharse está condenado na Biblia. O sabio escritor de Proverbios describe os efectos de consumir bebidas alcohólicas en exceso dunha maneira vívida e cientificamente exacta. El advirte: “¿Quen di: —‘¡Ai!’? ¿Quen grita: —‘¡Mamá!’? ¿De quen son os preitos e para quen os laios? ¿Quen leva sen motivo as zorregadas? ¿De quen son os ollos chispos? —‘Dos que se demoran no viño e van cata-los viños mesturados’. Non olles para o viño cando pinta de vermello e reloce na cunca [cando o viño parece demasiado atraente]: esvara lixeiriño [cando baixa pola gorxa con demasiada facilidade], mais ó remate morde coma cobra e pica coma víbora [pode provocar enfermidades físicas coma a cirrose, enfermidades mentais coma o delírium tremens, ou mesmo a morte]. Os teus ollos verán cousas estrañas [o alcohol actúa nos centros de control do cerebro e reprímeos; comezan a manifestarse actitudes que polo xeral se controlarían; vense alucinacións; para tapar algunhas faltas na memoria cóntanse experiencias fantásticas de forma que se poidan crer; desaparecen as inhibicións], a mente farate falar trabucado [fanse e dinse cousas que normalmente se reprimirían]” (Pr 23:29-33; Os 4:11; Mt 15:18, 19).

O escritor segue describindo a experiencia persoal do borracho: “Estarás coma quen se deita na mareira [estando confuso como alguén que se afoga e ó final queda inconsciente] ou asenta no picouto do mastro [igual que o balanceo dun barco é maior neste punto, a vida do borracho está máis exposta a sufrir accidentes, problemas de saúde, pelexas ou cousas polo estilo]. —‘Bateron en min e non me doeu, calcáronme coma uva e non me decatei [di o borracho coma se estivese falando consigo mesmo. Non se dá conta do que ocorreu, nin tampouco do dano que sufriu ó pasar por esa experiencia]. ¿Cando voltarei a estar sobrio? Aínda pediría outra rolda [agora debería ir durmir para que lle pasen os efectos do alcohol, pero como é escravo da bebida está desexando beber máis en canto poida]’” Caerá na pobreza por gastar moitos cartos en bebidas alcohólicas, e tamén por ser irresponsable e non estar apto para traballar (Pr 23:20, 21, 34, 35).

Xoias espirituais

w04 1/11 páx. 31 par. 2

Preguntas dos lectores

Por exemplo, a obesidade podería ser un sinal de que a alguén lle gusta comer en exceso, aínda que non sempre é o caso. As enfermidades e tamén os factores hereditarios poden contribuír ó sobrepeso. Ademais, hai que ter en conta que a obesidade é unha condición física, mentres que ser larpeiro está relacionado cunha actitude mental. A obesidade defínese coma o exceso de peso pola acumulación de graxa, mentres que ser un larpeiro está relacionado con comer en exceso. Deste xeito, ser un larpeiro non ten que ver co tamaño da persoa, senón coa súa actitude cara á comida. Por iso, unha persoa pode ter unha constitución normal ou mesmo ser delgada e comer en exceso. É máis, o que se ve coma o peso ou a figura ideal varía moito dun lugar a outro.

28 DE XULLO–3 DE AGOSTO

TESOUROS DA BIBLIA PROVERBIOS 24

Prepárate para os momentos difíciles

w09 15/12 páx. 18 pars. 12, 13

Manteñamos a alegría a pesar dos problemas

12 A Biblia di: “Se te desanimas nos momentos difíciles, faltaranche as forzas” (Pr 24:10, TNM). E outro proverbio di: “O sufrir interno creba o espírito” (Pr 15:13). Algúns cristiáns desanimáronse tanto que deixaron de ler a Biblia e de meditar nela. As súas oracións chegan a ser superficiais e poida que tamén se illen dos seus irmáns. Está claro que o desánimo, se se alonga no tempo, pode ser perigoso (Pr 18:1, 14).

13 En cambio, manter un punto de vista positivo axúdanos a centrarnos en cousas que nos poden facer desfrutar. Por exemplo, David escribiu: “Face-la túa vontade, meu Deus, é o que eu quero” (Sl 40:9 [40:8, TNM]). Polo tanto, cando non nos vaia ben na vida, o último que debemos facer é deixar a nosa rutina espiritual. De feito, as actividades que nos fan felices son un antídoto contra a tristeza. Xehová dinos que podemos desfrutar e ser felices se estudamos a súa Palabra con regularidade (Sl 1:1, 2; Snt 1:25). Tanto na Biblia coma nas reunións cristiás estudamos “palabras xeitosas” que nos alegran e nos animan (Pr 12:25; 16:24).

w20.12 páx. 15

Preguntas dos lectores

Proverbios 24:16 di: “Se sete veces cae o home honrado, outras tantas se ergue”. Quere dicir este versículo que se alguén peca unha e outra vez, Deus vaino perdoar?

En realidade, esa non é a idea deste versículo. Máis ben, refírese a alguén que cae no sentido de que se enfronta unha e outra vez a problemas pero despois se levanta, é dicir, é capaz de recuperarse.

Máis que falar de caer en sentido moral, é dicir, caer no pecado, o Proverbio 24:16 refírese a pasar por problemas ou dificultades, incluso vez tras vez. Neste mundo malvado, unha persoa xusta pode ter que facerlles fronte a problemas de saúde, persecución dos gobernos e mesmo a outros problemas. Aínda así, pode estar segura de que Deus é o seu apoio e lle vai axudar a saír adiante. Por iso, pregúntate: “Non é certo que ós servos de Deus a miúdo as cousas lles van ben?”. Por que? A Biblia asegúranos que “o Señor sostén a tódolos que caen e endereita os que se dobran” (Sl 41:2-4 [41:1-3, TNM]; 145:14-19).

4-10 DE AGOSTO

TESOUROS DA BIBLIA PROVERBIOS 25

Consellos sabios para as nosas conversacións

w15 15/12 páx. 19 pars. 6, 7

Usa o poder da língua para facer o ben

6 Proverbios 25:11 (Sagra Biblia en Galego, Manuel Casado Nieto, SBG) explica a importancia de escoller ben cando falar: “Mazá de ouro en panela de prata é a verba dita ao seu debido tempo”. Unhas mazás de ouro poden ser moi fermosas, pero colocalas nunha panela ou nunha bandexa de prata aínda as fai máis fermosas. Dunha maneira parecida, as nosas palabras serán máis atractivas e terán un mellor efecto se escollemos ben o momento para falar. Como podemos conseguilo?

7 As nosas palabras poden ser xusto o que a outra persoa necesite. Pero se non escollemos ben o momento de dicilas, poida que non sirvan para nada (Le Proverbios 15:23). Por exemplo, en marzo de 2011 un terremoto e un tsunami arrasaron algunhas zonas do leste do Xapón, chegando incluso a destruír cidades enteiras. Máis de 15.000 persoas perderon a vida. Aínda que as testemuñas de Xehová daquelas zonas tamén se viron afectadas, aproveitaron tódalas oportunidades que tiveron para consolar os seus veciños coa Biblia. Agora ben, como moitas persoas son budistas e non coñecen ben a Biblia, os irmáns entenderon que ese non era o mellor momento para falarlles da esperanza da resurrección. Máis ben, concentráronse en darlles apoio emocional e explicarlles coa Biblia por que lles ocorren cousas malas ás boas persoas.

w15 15/12 páx. 21 pars. 15, 16

Usa o poder da língua para facer o ben

15 É tan importante o que dicimos como a maneira na que o dicimos. Cando Xesús falou na sinagoga de Nazaret, a súa cidade natal, todos quedaron “asombrados polas palabras tan bonitas que saían da súa boca” (Lc 4:22). Falar de forma amable chega ó corazón e non lle resta importancia ó que dicimos. Ó contrario, falar desta maneira pode ser máis convincente (Pr 25:15). Podemos imitar o xeito de falar de Xesús sendo amables, educados e tendo en conta os sentimentos dos demais. Cando Xesús viu o esforzo que facía unha multitude para escoitalo, compadeceuse deles e “empezou a ensinarlles moitas cousas” (Mr 6:34). Incluso cando o insultaron, Xesús non respondeu da mesma maneira (1Pe 2:23).

16 Falar con amabilidade e tacto pode ser moi difícil cando coñecemos ben a persoa coa que falamos, por exemplo, cun familiar ou cun bo amigo da congregación. Quizáis sintamos que temos a liberdade de ser demasiado sinceros. Pero, sentía Xesús que a estreita amizade que tiña cos seus discípulos lle daba a liberdade de falarlles con dureza? Para nada. Cando os seus discípulos empezaron a discutir sobre quen era o maior, Xesús púxolles o exemplo dun neno e corrixiunos con amabilidade (Mr 9:33-37). Os anciáns poden imitar a Xesús dando consellos de forma apracible (Gál 6:1).

w95 1/4 páx. 17 par. 8

Como motivarnos ó amor e ás boas obras?

8 Todos podemos motivarnos uns ós outros a servir a Deus co noso exemplo. Está claro que Xesús motivou as persoas que o escoitaron a facelo. El amaba a predicación e demostrábao coas súas palabras. Dixo que era como un alimento para el (Xoán 4:34; Romanos 11:13). Ese entusiasmo pode ser moi contaxioso. Danse conta os demais de que desfrutas da predicación? Podes compartir con outros as boas experiencias que tes ó predicar, evitando dar a sensación de que queres presumir. Cando invites a outros a predicar contigo, pensa en como poder axudarlles a desfrutar de verdade de falar do noso Magnífico Creador, Xehová (Proverbios 25:25).

Xoias espirituais

it-1 páx. 149

Apracibilidade

A persoa apracible é así porque ten fe e unha fonte de fortaleza. Non se desequilibra nin se lle fai perder o bo xuízo facilmente. Cando falta esta cualidade, a persoa vólvese insegura, frústrase, fáltalle fe e esperanza, e chega a desesperarse. Falando deste tipo de persoas, o proverbio di: “Cidadela desmantelada e sen muro: o home que non se sabe conter” (Pr 25:28). Ademais é vulnerable a ter malos pensamentos que a leven a facer cousas inapropiadas.

11-17 DE AGOSTO

TESOUROS DA BIBLIA PROVERBIOS 26

Mantente lonxe dos insensatos

it-2 páx. 249 par. 1

Choiva

Estacións. As dúas estacións principais na Terra Prometida, o verán e o inverno, poden verse como a estación seca e a estación chuviosa (compara con Sl 32:4; Can 2:11). Aproximadamente dende mediados de abril a mediados de outubro, cando se facía a colleita, chovía moi pouco. Proverbios 26:1 mostra que a choiva non era común no tempo da colleita (compara con 1Sa 12:17-19). Durante a estación chuviosa, as choivas non eran constantes, tamén había días con ceos despexados. Pero como ademais era unha época de frío, expoñerse á choiva era moi desagradable (Esd 10:9, 13). Por iso, agradecíase moito ter un refuxio no que estar cómodo (Is 4:6; 25:4; 32:2; Xob 24:8).

w87 1/10 páx. 19 par. 12

A disciplina produce froito pacífico

12 No caso dalgunhas persoas pode que fagan falta medidas máis drásticas, como di Proverbios 26:3: “A tralla para o cabalo; para o burro, o freo, e o fungueiro para o lombo dos necios”. Nalgunhas ocasións Xehová deixou que Israel, o seu pobo, sufrise as consecuencias do seu comportamento: “Por se teren rebelado contra a palabra de Deus e desprezado o consello do Altísimo. Aflixiunos El con traballos, e eles cambaleaban, sen ninguén que lles valese. No apreto clamaron ó Señor e El librounos da aflicción” (Salmo 107:11-13). En cambio, algunhas persoas parvas endurecen o seu corazón ata o punto de que non aceptan ningunha disciplina: “Quen endurece despois da reprensión, vai á ruína nun momento, sen remedio” (Proverbios 29:1).

it-1 páx. 502 par. 4

Coxo, coxeira

Uso proverbial. “Corta as propias pernas [o que convertería a esa persoa nun coxo] e bebe vinagre quen envía recado por medio dun parvo”, dixo o rei Salomón. A persoa que usase un parvo para facer calquera proxecto propio, estaría indo en contra dos seus intereses. Con toda seguridade vería como se veñen abaixo os seus proxectos, con danos para si mesmo (Pr 26:6).

Xoias espirituais

it-2 páx. 1143

Parvo

Responderlle da mesma maneira a un parvo “cando fala parvadas”, no sentido de usar os mesmos argumentos degradantes, pon a persoa que o fai á mesma altura que os razoamentos ou formas de actuar do parvo. Para non comportarse deste xeito, o proverbio aconséllanos: “Non respondas ó necio cando fala parvadas”. Por outro lado, Proverbios 26:4, 5 mostra que responderlle “ó necio cando fala parvadas”, no sentido de analizar as súas opinións e expoñer que son ridículas, pode ser útil para demostrar que levan a conclusións totalmente diferentes ás que el chegou.

18-24 DE AGOSTO

TESOUROS DA BIBLIA PROVERBIOS 27

Como nos axudan os bos amigos?

w19.09 páx. 5 par. 12

Xehová valora os seus servos humildes

12 Unha persoa humilde valora os consellos. Por exemplo, imaxina que estás nunha reunión de congregación. Despois de falar con varios irmáns, un deles lévate á parte e, de maneira discreta, diche que tes algo nos dentes. Claro, dáche moita vergonza. Pero, verdade que agradeces que cho dixese? De feito, preferirías que alguén cho dixese antes! Do mesmo xeito, deberiamos ser humildes e apreciar os irmáns que teñen o valor de darnos consello cando o necesitamos. É máis, vémolos coma os nosos amigos e non coma os nosos inimigos (Le Proverbios 27:5, 6; Gál 4:16).

it-2 páx. 1185 ¶par. 6

Veciño, próximo

O proverbio aconsella chamar a un amigo fiel e confiable en momentos difíciles. Di: “Non abandones ao teu amigo nin ao amigo do teu pai; nin vaias á casa do teu irmáu o día da túa desventura. Máis vale veciño [scha·kjén] perto que irmáu lonxano” (Pr 27:10, SBG). Parece que o escritor di que un amigo íntimo é moi valioso e pode que acudas a él en busca de axuda antes que acudir a un parente próximo, como un irmán. Quizáis, se este está lonxe, non poida axudarnos ou non estea disposto a facelo, como si o faría ese bo amigo.

25-31 DE AGOSTO

TESOUROS DA BIBLIA PROVERBIOS 28

A diferenza entre unha persoa mala e unha xusta

w93 15/5 páx. 26 par. 2

Estás seguindo a Xehová plenamente?

“O xusto vai seguro coma un león” (Proverbios 28:1). Os xustos exercen fe, confían na Palabra de Deus e continúan con valor servindo a Xehová sen importar o perigo.

it-1 páx. 820 par. 3

Entendemento

Os que se apartan da Fonte. As persoas que escollen o camiño do pecado deixan de lado a Xehová cando toman decisións (Xob 34:27). Déixanse levar polo corazón e néganse a ver os seus erros, polo que acaban perdendo a perspicacia (Sl 36:2-5 [36:1-4, TNM]). Aínda que digan que adoran a Deus, prefiren seguir as normas dos homes antes que as de Deus (Is 29:13, 14). Escusan a súa conduta descarada dicindo que é só un “xogo” (Pr 10:23). Vólvense dexenerados, brutos e razoan de forma estúpida, ata o punto de pensar que Deus non ve o seu mal comportamento, como se a Súa capacidade de percibir fallase (Sl 94:4-10; Is 29:15, 16; Xer 10:21). Co seu modo de vida están dicindo: “Deus non está”, e déixano á marxe das súas vidas (Sl 14:1-3). Ó non seguir a guía de Xehová, non poden xulgar ben os asuntos, velos con claridade, avaliar tódolos factores envoltos e tomar boas decisións (Pr 28:5).

it-1 páx. 1244 par. 4

Integridade

Manternos íntegros é posible pero non depende da nosa forza, senón que necesitamos ter unha fe forte e tamén confianza en Xehová e no seu poder para salvarnos (Sl 25:21). Deus promete que será coma un “escudo” que protexerá o camiño dos que andan en integridade (Pr 2:6-8; 10:29; Sl 41:13 [41:12, TNM]). O desexo que teñen as persoas íntegras de conseguir a aprobación de Deus dálles estabilidade e axúdalles a non perder de vista a súa meta (Sl 26:1-3; Pr 11:5; 28:18). Xob observou perplexo como os inocentes sufrían e morrían por culpa das persoas malvadas. Pero Xehová promete que está moi pendente da vida dos xustos e que conseguirán a súa herdanza, un futuro cheo de paz e felicidade (Xob 9:20-22; Sl 37:18, 19, 37; 84:12 [84:11, TNM]; Pr 28:10). Igual que no caso de Xob, o que nos dá auténtico valor e nos fai ganar o respecto dos demáis, non son as nosas riquezas, senón ser persoas íntegras (Pr 19:1; 28:6). Os fillos que teñen o privilexio de ter un pai que é así poden sentirse moi felices (Pr 20:7). Por que? Porque teñen a oportunidade de seguir o seu exemplo e beneficiarse da súa boa reputación e do respecto que se ganou.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir