Canción 11
Alegrémoslle o corazón a Xehová
(Proverbios 27:11)
1. Xehová, tal como prometín,
eu voute obedecer sen fin,
xa que, se che dou o mellor,
alegrareiche o corazón.
2. Na Terra, o teu criado fiel
traballa e sempre nos prové
o que poidamos precisar,
na túa lei fainos andar.
3. Pedimos forzas de ti, Pai,
pra non abandonar xamais.
Así, o teu gran corazón
alegraremos sempre nós.
(Ver tamén Mt. 24:45-47; Lc. 11:13; 22:42.)