Canción 142
Todos podemos ser amigos de Xehová
- Queremos imitar ó noso Deus, - ser imparciais no trato cos demais. - Xehová desexa vernos onda El, - os pobos todos baixo o mesmo Pai. - (REFRÁN) - Que importa a nación - se Deus ve o corazón! - A todos El ofrece salvación. - Para nós é un pracer - ir e darlles a saber: - “Tamén ti podes ser amigo d’El”. 
- Ás veces, nós podemos prexulgar, - pero Xehová non queda no exterior. - O mesmo dá a raza, ou a cor, - pois El só ve o noso interior. - (REFRÁN) - Que importa a nación - se Deus ve o corazón! - A todos El ofrece salvación. - Para nós é un pracer - ir e darlles a saber: - “Tamén ti podes ser amigo d’El”. 
- Xehová dá abeiro a todos por igual, - sempre que deixen este mundo atrás. - Nós xa o sabemos de primeira man! - Sen distincións, habemos predicar! - (REFRÁN) - Que importa a nación - se Deus ve o corazón! - A todos El ofrece salvación. - Para nós é un pracer - ir e darlles a saber: - “Tamén ti podes ser amigo d’El”. 
(Ver tamén Xn. 12:32; Feit. 10:34; 1a Tim. 4:10; Tit. 2:11.)