CANCIÓN 54
Este é o camiño
(Isaías 30:20, 21)
- 1. Hai un camiño - que nos ensinou Xehová. - Andar por el daranos - folgos, vida, paz... - É un sendeiro fiable - que Xesús mostrou. - A Biblia é a guía - que Xehová deixou. - (REFRÁN) - É o camiño que marcou Xehová. - Se segues nel, á vida chegarás. - Camiña firme, sen dubidar. - Camiña nel, sen nunca recuar. 
- 2. Hai un camiño - no que Deus nos ensinou - o seu amor, tenrura - e gran compaixón. - O seu querer é grande, - puro, sen final. - Andar por el xamais - nos vai decepcionar. - (REFRÁN) - É o camiño que marcou Xehová. - Se segues nel, á vida chegarás. - Camiña firme, sen dubidar. - Camiña nel, sen nunca recuar. 
- 3. Hai un camiño - que á vida levará. - Xehová promete darnos - guía, luz e paz. - Por este vieiro, Deus - nos coida con amor. - Sigamos nel - andando xuntos sen temor. - (REFRÁN) - É o camiño que marcou Xehová. - Se segues nel, á vida chegarás. - Camiña firme, sen dubidar. - Camiña nel, sen nunca recuar. 
(Ver tamén Sal. 32:8; 139:24; Pr. 6:23.)