CANCIÓN 111
Os motivos da miña ledicia
- 1. A miña ledicia abrolla - e ten unha boa raíz. - Persoas de toda a terra, - adoran a Deus xunta min. - Ledicia obteño da Biblia - ó ler e poñer atención. - Consellos, promesas e guía, - que gardo no meu corazón. - A chama da felicidade - xamais deixarei apagar. - Por moitos problemas que veñan, - Xehová sempre forzas me dá. - (REFRÁN) - Feliz podo ser ó pensar - na obra das mans de Xehová. - En todo se ve o seu gran poder - e unha grandeza sen par. 
- 2. O mundo que vemos demostra - que Deus ten inmenso poder. - Os ceos, a terra, os mares - a man de Xehová deixan ver. - O Reino de Deus predicamos, - con todos queremos falar, - que saiban que Cristo xa reina, - á terra, el paz traerá. - A vida que Deus nos promete, - eterna, perfecta será. - Teremos, por fin, alegría, - sen morte, nin dor nunca máis. - (REFRÁN) - Feliz podo ser ó pensar - na obra das mans de Xehová. - En todo se ve o seu gran poder - e unha grandeza sen par. 
(Ver tamén Dt. 16:15; Is. 12:6; Xn. 15:11.)