LECCIÓN 26
Por que existe a maldade e o sufrimento?
Cando hai unha desgraza é normal preguntarse: “Por que?”. Alégranos moito que a Biblia dea unha resposta clara a esta pregunta.
1. Como introduciu Satanás a maldade no mundo?
Satanás o Demo rebelouse contra Deus. Quería mandar nos demais, así que influíu nos primeiros humanos, Adam e Eva, para que se unisen á súa rebelión. Para conseguilo contoulle unha mentira a Eva (Xénese 3:1-5). Fíxolle pensar que Xehová a estaba privando inxustamente de algo bo. Insinuou que os humanos serían máis felices se non obedecían a Deus. Satanás contou a primeira mentira ó dicirlle a Eva que non morrería. Por iso a Biblia lle chama “mentireiro e pai da mentira” (Xoán 8:44).
2. Que decidiron facer Adam e Eva?
Xehová foi moi xeneroso con Adam e Eva. Díxolles que podían comer de tódalas árbores do xardín de Edén menos dunha (Xénese 2:15-17). Pero aínda así, decidiron comer daquela árbore. Eva “colleu do froito e comeu” e máis tarde Adam tamén o fixo (Xénese 3:6). Os dous desobedeceron a Deus. Como eran perfectos, tiñan a inclinación natural a facer o correcto. Pero ó desobedecer de maneira intencionada, pecaron e rechazaron o dereito que ten Deus a decidir o que está ben e o que está mal. Esta decisión causoulles moito sufrimento (Xénese 3:16-19).
3. Como nos afecta a nós a decisión de Adam e Eva?
Cando Adam e Eva pecaron, volvéronse imperfectos e transmitíronlles a imperfección a tódolos seus descendentes. Falando de Adam, a Biblia di: “O pecado entrou no mundo por un home só, pero como polo pecado entrou a morte, a morte pasou a tódolos homes” (Romanos 5:12).
Sufrimos por moitas razóns. Ás veces sufrimos porque tomamos malas decisións. Outras, porque os demais toman malas decisións. E outras, porque estamos no sitio equivocado no momento equivocado (le Eclesiastés 9:12).
AFONDA MÁIS
Analiza por que Deus non é o responsable da maldade e o sufrimento que hai hoxe no mundo e descubre como se sente cando nos ve sufrir.
4. O culpable do noso sufrimento
Moitas persoas cren que é Deus quen controla o mundo. É certo iso? Poñede o VÍDEO.
Lede Santiago 1:13 e 1 Xoán 5:19 e logo comentade esta pregunta:
É Deus o culpable da maldade e o sufrimento?
5. Analiza os resultados do goberno de Satanás
Lede Xénese 3:1-6 e logo comentade estas preguntas:
Que mentira contou Satanás? (Ver os versículos 4 e 5).
Como deu a entender Satanás que Xehová estaba privando os humanos de algo bo?
Segundo Satanás, necesitan os humanos que Xehová os goberne para ser felices?
Lede Eclesiastés 8:9 e logo comentade esta pregunta:
Como lle foi ó mundo dende que Xehová non é o seu gobernante?
Adam e Eva eran perfectos e vivían no Paraíso. Pero fixéronlle caso a Satanás e rebeláronse contra Xehová
Despois da rebelión, o mundo encheuse de pecado, sufrimento e morte
Xehová acabará co pecado, o sufrimento e a morte. Os humanos volverán a ser perfectos e vivirán no Paraíso
6. Xehová preocúpase polo noso sufrimento
Impórtalle a Deus que suframos? Fíxate no que escribiron o rei David e o apóstolo Pedro. Lede Salmo 31:8 (31:7, TNM) e 1 Pedro 5:7 e logo comentade esta pregunta:
Como te sentes ó saber que Xehová se dá conta do teu sufrimento e se preocupa por ti?
7. Deus vai acabar con todo o sufrimento
Lede Isaías 65:17 e Apocalipse 21:3, 4 e logo comentade esta pregunta:
Por que nos consola saber que Xehová reparará todo o dano que levan sufrido os humanos?
Sabíalo?
Cando Satanás contou a primeira mentira, calumniou a Xehová. É dicir, manchou a súa reputación como gobernante xusto e cariñoso. Pero dentro de pouco, cando repare o sufrimento humano, Xehová vindicarase a si mesmo. Isto significa que demostrará que a súa forma de gobernar é a mellor. A vindicación do nome de Xehová é unha das cuestións máis importantes do Universo (Mateo 6:9, 10).
HAI QUEN DI: “Sufrir hai que sufrir, é o que Deus quere”.
Ti que dirías?
RESUMO
Satanás, Adam e Eva son os principais culpables da maldade que hai no mundo. Xehová preocúpase moito polo noso sufrimento e pronto reparará todo ese dano.
Repaso
Que mentira lle contou Satanás a Eva?
Como nos afectou a todos a rebelión de Adam e Eva?
Como sabemos que Xehová se preocupa polo noso sufrimento?
INVESTIGA
Aprende como define a Biblia o pecado.
Le máis sobre a acusación que lanzou Satanás no xardín de Edén.
“Por que permite Deus o sufrimento?” (La Atalaya, 1 xaneiro 2014)
Analiza as tranquilizadoras respostas que dá a Biblia a unha pregunta difícil.
“Por que sucedeu o Holocausto? Por que Deus non o impediu?” (Artigo web)
Mira o que aprendeu un home sobre o sufrimento que había arredor del.