BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 19
  • Son as testemuñas de Xehová cristiáns verdadeiros?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Son as testemuñas de Xehová cristiáns verdadeiros?
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Como identificar os cristiáns verdadeiros
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Quen é Deus?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Por que nos chamamos testemuñas de Xehová?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • Como se están a predicar as boas noticias?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 19
Lección 19. Testemuñas de Xehová falando entre elas no exterior dun Salón do Reino.

LECCIÓN 19

Son as testemuñas de Xehová cristiáns verdadeiros?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

As testemuñas de Xehová cremos que somos cristiáns verdadeiros. Por que? Analiza a base das nosas crenzas, o nome que nos distingue e o amor que nos temos uns ós outros.

1. En que baseamos as nosas crenzas as testemuñas de Xehová?

Nunha oración, Xesús díxolle a Deus: “A túa palabra é verdade” (Xoán 17:17). Coma Xesús, as testemuñas de Xehová sempre baseamos as nosas crenzas na Palabra de Deus. Pensa na nosa historia moderna. A finais do século XIX un grupo de estudantes da Biblia comezou a examinala con coidado. Basearon as súas crenzas no que dicía, incluso cando esas crenzas eran diferentes ás doutrinas da Igrexa. Entón empezaron a falar desas verdades da Biblia con outros.a

2. Por que nos chamamos Testemuñas de Xehová?

Xehová chámalles testemuñas ós seus adoradores porque contan a verdade sobre el (Hebreos 11:4–12:1). Por exemplo, en tempos pasados Deus díxolle ó seu pobo: “Vós sóde-las miñas testemuñas” (le Isaías 43:10). A Xesús chámaselle “a testemuña que merece fe” (Apocalipse 1:5). Por iso, no ano 1931 adoptamos o nome Testemuñas de Xehová e estamos orgullosos de levar ese nome.

3. Como imitamos o amor de Xesús as testemuñas de Xehová?

Xesús queríalles tanto ós seus discípulos que eran como a súa familia (le Marcos 3:35). Do mesmo xeito as testemuñas de Xehová estamos tan unidas que somos unha familia mundial. Por iso entre nós nos chamamos irmáns e irmás (Filemón 1, 2). E tamén obedecemos o mandato: “Querede ben ós irmáns” (1 Pedro 2:17). As testemuñas de Xehová demostramos este amor de moitas maneiras, como por exemplo axudando ós nosos irmáns por todo o mundo cando o necesitan.

AFONDA MÁIS

Coñece mellor a historia das Testemuñas de Xehová e descubre máis probas que demostran que somos cristiáns verdadeiros.

Colaxe: Testemuñas de Xehová predicando. 1. Unha irmá le un texto da Biblia e explícallo a unha muller. 2. Un irmán ó lado dun expositor portátil fala das verdades da Biblia cun home.

Os verdadeiros cristiáns basean as súas crenzas na Biblia e falan delas con outros

4. Baseamos as nosas crenzas na Biblia

Xehová dixo que co tempo daría a coñecer a verdade da Biblia. Lede Daniel 12:4 e logo comentade esta pregunta:

  • Que conseguiría o pobo de Xehová ó correr “de aquí para acolá”, é dicir, ó examinar a Biblia para buscar a verdade?

Descubre como un grupo de estudantes da Biblia, entre eles Charles Russell, examinaron a Palabra de Deus. Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Redescubrindo a verdade da Biblia (7:45)

  • De que xeito examinaron a Biblia Charles Russell e outros Estudantes da Biblia?

Sabíalo?

Ás veces axustamos algunhas das nosas crenzas. Por que? Igual que no amencer a luz do sol deixa ver pouco a pouco os detalles da paisaxe, Deus fai que a súa Palabra se vaia entendendo cada vez mellor (le Proverbios 4:18). Por iso, aínda que a Biblia non cambia, nós axustamos as nosas crenzas a medida que a imos entendendo mellor.

5. Vivimos de acordo co noso nome

Por que adoptamos o nome Testemuñas de Xehová? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Un nome que nos define (2:40)

  • Por que é axeitado o nome Testemuñas de Xehová?

Por que Xehová escolleu persoas para ser as súas testemuñas? Porque, con tantas mentiras que se levan dito sobre el, era necesario dar a coñecer a verdade sobre o Deus verdadeiro. Analiza dúas desas mentiras.

Algunhas relixións ensínanlles ós seus membros que Deus quere que utilicen imaxes na súa adoración. Pero, que di a Biblia? Lede Levítico 26:1 e logo comentade estas preguntas:

  • Que verdade ensina este texto? Como pensas que se sentirá Xehová cando a xente usa imaxes na súa adoración?

Algúns líderes relixiosos ensinan que Xesús é Deus. Pero, que di a Biblia? Lede Xoán 20:17 e logo comentade estas preguntas:

  • Que verdade ensina este texto? Son Deus e Xesús a mesma persoa?

  • Como te sentes ó saber que Xehová enviou as súas testemuñas para predicar a verdade sobre el e o seu Fillo?

6. Amámonos uns ós outros

A Biblia compara os cristiáns coas diferentes partes dun corpo humano. Lede 1 Corintios 12:25, 26 e logo comentade estas preguntas:

  • Que deberían facer os cristiáns verdadeiros cando ven sufrir os seus irmáns?

  • Que observaches sobre o amor que hai entre as testemuñas de Xehová?

Cando hai testemuñas de Xehová sufrindo nalgún lugar, os irmáns arredor do mundo responden inmediatamente para axudalos. Para ver un exemplo, poñede o VÍDEO. Logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: O furacán Matthew golpea Haití (5:29)

  • Como demostran os labores de socorro das testemuñas de Xehová o amor que se teñen uns ós outros?

Dúas testemuñas de Xehová axudando unha nai e o seu fillo despois dun desastre. Arróupanos cunha mantiña e danlles auga limpa para beber.

Os verdadeiros cristiáns demostran amor ós que necesitan axuda

HAI QUEN DI: “As Testemuñas de Xehová son unha relixión nova”.

  • Dende cando lles chama Xehová testemuñas ós seus adoradores?

RESUMO

As testemuñas de Xehová somos cristiáns verdadeiros. Somos unha familia mundial que adora a Deus, baseamos as nosas crenzas na Biblia e damos a coñecer a verdade sobre Xehová.

Repaso

  • Por que adoptamos o nome Testemuñas de Xehová?

  • Como nos tratamos uns ós outros?

  • Pensas que as testemuñas de Xehová son cristiáns verdadeiros?

Intenta isto

INVESTIGA

Aprende máis sobre a nosa historia.

As Testemuñas de Xehová: Unha historia de fe en acción. Parte 1: Saen da escuridade (1:00:53)

Mira un exemplo de como as testemuñas de Xehová destaparon ensinanzas falsas.

O pobo de Deus glorifica o Seu nome (7:08)

Atopa respostas a preguntas que quizais teñas sobre as testemuñas de Xehová.

“Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová” (Páxina web)

O odio levaba a Stephen a participar en delitos contra persoas doutras razas. Descubre que viu nas testemuñas de Xehová que o motivou a cambiar.

“A miña vida ía de mal en peor” (La Atalaya, 1 xullo 2015)

a A nosa revista principal, A Atalaia, leva publicando as verdades da Biblia sen interrupción dende 1879.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir