BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 21
  • Como se están a predicar as boas noticias?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como se están a predicar as boas noticias?
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Como podes falar ti das boas noticias?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como está organizada a nosa predicación?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • Como identificar os cristiáns verdadeiros
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • “Pregoa a Palabra”
    Cantémoslle a Xehová con alegría
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 21
Lección 21. Un home falando con dúas testemuñas de Xehová nun expositor portátil na rúa.

LECCIÓN 21

Como se están a predicar as boas noticias?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Pronto Xehová usará o seu Reino para eliminar tódolos nosos problemas. Estas noticias son demasiado boas para non compartilas! Xesús quería que os seus seguidores levasen esta mensaxe a todo o mundo (Mateo 28:19, 20). Como responderon as testemuñas de Xehová ó mandato de Xesús?

1. Como se está a cumprir Mateo 24:14?

Xesús profetizou: “Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes” (Mateo 24:14). As testemuñas de Xehová sentímonos felices de poder participar neste importante labor. Predicamos as boas noticias por todo o mundo en máis de 1000 idiomas! Esta enorme obra require moito esforzo e organización, e non sería posible sen a axuda de Xehová.

2. Que esforzos facemos para predicarlles ás persoas?

Predicamos en calquera lugar onde poidamos atopar xente. Igual que os cristiáns do primeiro século, predicamos de casa en casa (Feitos 5:42). Este método sistemático permítenos chegar a millóns de persoas cada ano. Como a xente non sempre está na casa, tamén predicamos en moitos sitios públicos. E sempre buscamos oportunidades de falarlles a outros de Xehová e dos seus propósitos.

3. Quen ten a responsabilidade de predicar as boas noticias?

Tódolos cristiáns verdadeiros temos a responsabilidade de predicar as boas noticias. E tomámonos moi en serio a nosa responsabilidade. Predicamos todo o que nolo permiten as circunstancias porque entendemos que hai vidas en xogo (le 1 Timoteo 4:16). Non nos pagan por facer este labor. A Biblia di: “Xa que de balde recibistes, dade de balde tamén” (Mateo 10:7, 8). E aínda que non todo o mundo nos escoita, seguimos predicando porque isto é parte da nosa adoración e fai feliz a Xehová.

AFONDA MÁIS

Aprende máis sobre os esforzos que facemos as testemuñas de Xehová para predicar por todo o mundo e fíxate en como nos axuda Xehová.

A. Dúas testemuñas de Xehová predicándolle a un home nun prado en Costa Rica. B. Dúas parellas de testemuñas de Xehová predicándolles ós pescadores nun peirao dos Estados Unidos. C. Dúas testemuñas de Xehová predicándolle a un home nunha aldea de Benín. D. Unha testemuña de Xehová predicándolle a unha muller nun mercado flotante en Tailandia. E. Dúas testemuñas de Xehová predicándolle a unha muller que está xunto a uns discos de pedra moi grandes na illa de Yap. F. Dúas testemuñas de Xehová predicándolle a unha muller nunha beirarrúa nevada ó lado dun canal en Suecia.

Predicando arredor do mundo: A) Costa Rica, B) Os Estados Unidos, C) Benín, D) Tailandia, E) Yap, F) Suecia

4. Esforzámonos moito por chegar a tódalas persoas

As testemuñas de Xehová facemos un esforzo especial por predicar as boas noticias en todas partes. Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Predicamos “ata os confíns da terra” (7:38)

  • Que te impresiona dos esforzos que fan as testemuñas de Xehová para predicar?

Lede Mateo 22:39 e Romanos 10:13-15 e logo comentade estas preguntas:

  • Como demostra a nosa predicación o amor que lles temos a outras persoas?

  • Que sente Xehová por aqueles que predican as boas noticias? (Ver Isaías 52:7).

5. Somos colaboradores de Deus

Moitas experiencias demostran que Xehová está a dirixir a nosa obra. Por exemplo, en Nova Zelandia, un irmán chamado Paul coñeceu unha muller predicando unha tarde de casa en casa. Esa mesma mañá a muller oráralle a Deus usando o seu nome, Xehová, e pedíralle que alguén a visitase. Paul conta: “Tres horas máis tarde, aí estaba eu na súa porta”.

Lede 1 Corintios 3:9 e logo comentade esta pregunta:

  • Como demostran experiencias coma a de Nova Zelandia que Xehová está dirixindo a obra de predicar?

Lede Feitos 1:8 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que necesitamos que Xehová nos axude a cumprir coa obra de predicar?

Sabíalo?

Tódalas semanas, na reunión de entre semana, recibimos formación para predicar. Se xa fuches a algunha, que pensas da preparación que se dá nesas reunións?

Dúas testemuñas de Xehová facendo unha representación de como predicar as boas noticias durante unha reunión de congregación.

6. Obedecemos o mandato de Deus de predicar

No primeiro século, os opositores intentaron que os seguidores de Xesús deixasen de predicar. Pero os primeiros cristiáns defenderon o seu dereito a predicar “establecendo legalmente as boas noticias” (Filipenses 1:7, TNM). Na actualidade, as testemuñas de Xehová facemos o mesmo.a

Poñede o VÍDEO.

VÍDEO: Defendemos legalmente as boas noticias (2:28)

Lede Feitos 5:27-42 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que non imos deixar de predicar? (Ver os versículos 29, 38, e 39).

ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Por que van polas portas as testemuñas de Xehová?”.

  • Ti que lle dirías?

RESUMO

Xesús mandoulles ós seus seguidores que predicasen as boas noticias en tódalas nacións. Xehová estalle axudando ó seu pobo a facer este traballo.

Repaso

  • Como se están a predicar as boas noticias por todo o mundo?

  • Como demostra a nosa predicación o amor que lles temos a outras persoas?

  • Pensas que predicar nos pode facer felices? Por que?

Intenta isto

INVESTIGA

Mira como predican as testemuñas de Xehová nas grandes cidades.

Predicación pública especial na área metropolitana de París (5:11)

Que fixemos as testemuñas de Xehová para axudar os refuxiados?

Satisfacemos a sede espiritual dos refuxiados (5:59)

Escoita de primeira man o feliz que se pode sentir alguén que dedicou toda a súa vida a predicar.

Escoller esta carreira fíxome feliz (6:29)

Aprende sobre algunhas vitorias legais importantes que facilitaron a predicación das boas noticias.

“Os predicadores do Reino levan os seus casos ós tribunais” (El Reino de Dios ya está gobernando, capítulo 13)

a Deus é quen nos autoriza a predicar as boas noticias. Por iso as testemuñas de Xehová non necesitamos o permiso de ningunha autoridade humana para facelo.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir