LECCIÓN 38
Agradece o regalo da vida
A vida está chea de cousas marabillosas. E mesmo cando temos problemas podemos desfrutar dalgunhas delas. Como podemos demostrar que agradecemos o regalo da vida? E cal é a razón máis importante para facelo?
1. Por que debemos valorar a vida?
Debemos valorar a vida porque é un regalo do noso agarimoso Pai, Xehová. A Biblia di que el é “a fonte da vida” porque creou tódalas formas de vida (Salmo 36:10 [36:9, TNM]). Tamén di que “a todos dá vida e alento” (Feitos 17:25). Xehová dános o que necesitamos para estar vivos e ademais fai posible que poidamos desfrutar da vida (le Feitos 14:17).
2. Como lle podemos demostrar a Xehová que valoramos o regalo da vida?
Dende o momento no que fuches concibido, Xehová preocupouse por ti. Nunha oración que Xehová incluíu na Biblia, un dos seus servos díxolle: “O meu embrión víano os teus ollos” (Salmo 139:16). Xehová valora moito a túa vida (le Mateo 10:29-31). Doeríalle moito que alguén acabase coa vida doutra persoa de maneira intencionada, ou incluso coa súa propia vida (Éxodo 20:13).a Tamén lle doería que puxésemos a nosa vida en perigo de maneira innecesaria ou que non tomásemos precaucións para protexer a dos demais. Cando coidamos a nosa vida e respectamos a dos demais, demostramos que agradecemos o fermoso regalo da vida.
AFONDA MÁIS
Analiza algunhas maneiras nas que podes demostrar que agradeces o regalo da vida.
3. Coida da túa saúde
Cando nos dedicamos a Xehová, prometémoslle que sempre faremos o que el quere. Por iso usamos toda a nosa vida para servilo. É como se lle ofrecésemos os nosos corpos como sacrificio. Lede Romanos 12:1, 2 e logo comentade estas preguntas:
- Que debería impulsarte a coidar da túa saúde? 
- De que maneiras podes facelo? 
4. Toma medidas para evitar danos ou mortes accidentais
A Biblia anímanos a evitar accións perigosas. Poñede o VÍDEO para ver que cousas podes facer para manter a seguridade.
Lede Proverbios 22:3 e logo comentade que podes facer para que ti e os demais esteades seguros...
- na túa casa. 
- no teu traballo. 
- cando practicas algún deporte. 
- cando conduces ou vas en calquera vehículo. 
5. Respecta a vida dos bebés que aínda non naceron
De maneira poética, David falou de canto lle importa a Xehová a vida e o crecemento dun bebé que aínda non naceu. Lede Salmo 139:13-17 e logo comentade esta pregunta:
- Para Xehová, cando empeza unha vida? Cando se concibe ou cando nace o bebé? 
A lei que Xehová lle deu ó pobo de Israel protexía a vida da nai e tamén a do bebé que aínda non nacera. Lede Éxodo 21:22, 23, TNM e logo comentade estas preguntas:
- Como ve Xehová a unha persoa que accidentalmente acaba coa vida dun bebé que aínda non naceu? 
- Como se sentiría se alguén o fai intencionadamente?b 
- Que pensas do punto de vista de Deus? 
Nalgúns casos, incluso unha muller que valora o regalo da vida podería chegar a pensar que o aborto é a súa única opción. Lede Isaías 41:10 e logo comentade estas preguntas:
- Se unha muller sente presión para abortar, a quen debería pedirlle axuda? Por que? 
HAI QUEN DI: “Cada muller ten dereito a decidir se aborta ou non, é o seu corpo”.
- Que te convence a ti de que Xehová valora a vida da nai e a do bebé que aínda non naceu? 
RESUMO
A Biblia ensínanos que debemos amar, respectar e protexer o regalo da vida que nos deu Xehová. Isto inclúe a nosa vida e a dos demais.
Repaso
- Por que valora Xehová a vida das persoas? 
- Como se sente Xehová cando alguén acaba coa vida doutra persoa de maneira intencionada? 
- Por que estás agradecido polo regalo da vida? 
INVESTIGA
Como podemos darlle as grazas a Xehová polo regalo da vida?
Se unha muller decidiu abortar, pode Deus perdoala?
Aprende como debería influír o punto de vista de Deus sobre a vida nas diversións que escolles.
“Deportes extremos. Deberías arriscarte?” (¡Despertad!, 8 outubro 2000)
Mira como pode axudar a Biblia se unha persoa ten pensamentos suicidas.
“Quero morrer. Pode axudarme a Biblia se teño pensamentos suicidas?” (Artigo web)
a Xehová preocúpase moito polas persoas que se senten desfeitas en sentido emocional (Salmo 34:19 [34:18, TNM]). El entende eses sentimentos tan dolorosos que poden levar a alguén a pensar no suicidio, e quere axudalo para que non se sinta así. Para ver como pode Xehová axudar a loitar contra eses pensamentos, le o artigo: “Quero morrer. Pode axudarme a Biblia se teño pensamentos suicidas?” que aparece na sección Investiga desta lección.
b Se alguén decidiu abortar no pasado, non ten por que estar atormentado pola culpa. Xehová pode perdoalo. Para máis información, consulta o artigo “Que di a Biblia sobre o aborto?” que aparece na sección Investiga desta lección.