BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 53
  • Escolle diversións que lle agraden a Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Escolle diversións que lle agraden a Xehová
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Escollamos ben o entretemento
    Continúa no amor de Deus
  • Escolle ben as túas diversións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
  • Escolles diversións boas para ti?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2011)
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 53
Lección 53. Un pai, unha nai e a súa filla pequena ven a tele mentres pican algo.

LECCIÓN 53

Escolle diversións que lle agraden a Xehová

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Xehová é o “Deus feliz” (1 Timoteo 1:11, TNM). El quere que sexamos felices e desfrutemos da vida. E agrádalle cando usamos parte do noso tempo para descansar do traballo e relaxarnos. Nesta lección imos ver como podemos desfrutar do noso tempo libre e ó mesmo tempo agradarlle a Xehová.

1. Que debemos recordar ó escoller as diversións?

Que che gusta facer no teu tempo libre? Algúns prefiren quedar tranquiliños na casa lendo un libro, escoitando música, vendo unha película ou navegando por Internet. Outros desfrutan de facer cousas máis activas cos seus amigos, como facer sendeirismo, nadar ou xogar. Sen importar os nosos gustos, temos que asegurarnos de que a diversión que escollemos lle “agrada ó Señor” (Efesios 5:10). É importante que entendamos isto porque moitas das diversións que están de moda inclúen cousas que Xehová odia, como a violencia, a inmoralidade sexual e o ocultismo (le Salmo 11:5). Que nos axudará a escoller ben as nosas diversións?

Se escollemos amigos que aman a Xehová, influirán para ben en nós e nas decisións que tomemos sobre as diversións. Como xa aprendemos noutra lección, a Biblia di: “Vai onda os sabios: voltarás sabio”. Por outro lado, se alguén ten o costume de pasar tempo con xente que non valora as normas de Deus, “terá que sufrir” (Proverbios 13:20).

2. Por que é importante controlar canto tempo lles dedicamos ás diversións?

Aínda que escollamos diversións que Xehová aproba, temos que ter coidado de non dedicarlles demasiado tempo. Se non, poida que non teñamos tempo suficiente para cousas máis importantes. A Biblia anímanos a aproveitar ben o noso tempo (le Efesios 5:15, 16).

AFONDA MÁIS

Aprende como podes tomar boas decisións sobre as túas diversións.

3. Evita diversións que sexan malas para ti

Por que temos que escoller con coidado as nosas diversións? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Escolle ben as túas diversións (4:39)

  • En que se parecen os espectáculos de gladiadores da antiga Roma a algunhas diversións da actualidade?

  • Polo que viches no vídeo, que aprendeu Dani sobre as diversións?

Lede Romanos 12:9 e logo comentade esta pregunta:

  • Como debería influír este texto nas diversións que escolles?

Cales son algunhas das cousas que Xehová odia? Lede Proverbios 6:16, 17 e Gálatas 5:19-21. Despois de ler cada texto comentade esta pregunta:

  • Que cousas das que se mencionan nestes versículos son habituais nas diversións da actualidade?

Como escoller ben as túas diversións

Pregúntate:

  • Que? Inclúe algo que Xehová odia?

  • Cando? Impídeme facer cousas máis importantes?

  • Con quen? Fai que teña contacto estreito ou frecuente con xente que non ama a Xehová?

Estaremos máis seguros se nos mantemos o máis lonxe posible do perigo. Por iso, se pensamos que unha diversión podería non ser boa para nós, deberiamos evitala

Un coche circulando pola beira dun precipicio nunha estrada de montaña. A parte de atrás do coche xa empezou a saírse do bordo.

4. Usa ben o teu tempo

Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Quen controla o teu tempo? (2:45)

  • Aínda que o irmán do vídeo non estaba vendo nada malo, como lle afectaba a maneira de usar o seu tempo?

Lede Filipenses 1:10, TNM e logo comentade esta pregunta:

  • Como podería axudarnos este texto a decidir canto tempo lle dedicamos ás diversións?

5. Escolle diversións que sexan boas para ti

Aínda que algunhas diversións lle desagradan a Xehová, hai outras moitas que non o fan. Lede Eclesiastés 8:15 e Filipenses 4:8 e logo comentade esta pregunta:

  • Con que cousas boas che gusta divertirte?

Colaxe: Persoas de diferentes idades desfrutan de diversións e entretemento sans. 1. Unha rapaza escoita música mentres pinta. 2. Tres rapaces xogan ó baloncesto. 3. Dous rapaces dando unha volta na bici. 4. Un neno monta un coche de xoguete. 5. Un home toca un tambor. 6. Un rapaz xoga co seu pai a un videoxogo. 7. Unha muller saca unha foto.

Hai moitas cousas boas coas que te podes divertir e pasar o teu tempo libre

HAI QUEN DI: “Mentres ti non fagas nada diso, que ten de malo divertirse con cousas que teñan violencia, inmoralidade ou ocultismo?”.

  • Ti que dirías?

RESUMO

Xehová quere que escollamos diversións que sexan boas para nós.

Repaso

  • Que diversións debemos evitar os cristiáns?

  • Por que debemos ter coidado coa cantidade de tempo que lle dedicamos ás diversións?

  • Por que queres escoller diversións que lle agraden a Xehová?

Intenta isto

INVESTIGA

Analiza quen debe decidir que diversións vas escoller.

“Teñen as testemuñas de Xehová unha lista de películas, libros ou cancións prohibidas?” (Artigo web)

Mira como podes tomar boas decisións sobre as diversións e o tempo libre.

“Escolles diversións boas para ti?” (La Atalaya, 15 outubro 2011)

No relato “Conseguín superar os meus prexuízos”, mira por que un home decidiu escoller outro tipo de diversións.

“A Biblia cambioulles a vida” (La Atalaya, 1 febreiro 2010)

Mira que lle axudou a unha nai a tomar unha boa decisión sobre as diversións que inclúen historias relacionadas co mundo dos espíritos.

Evita as diversións relacionadas co ocultismo (2:02)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir