BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 54
  • O papel do “criado fiel e prudente”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O papel do “criado fiel e prudente”
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Como traballa hoxe en día o Consello Reitor?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • Quen é o “criado fiel e prudente”?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • “Decidimos de maneira unánime”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 54
Lección 54. O Consello Reitor das Testemuñas de Xehová reunido.

LECCIÓN 54

O papel do “criado fiel e prudente”

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Xesús é Cabeza da congregación cristiá (Efesios 5:23). Na actualidade, dirixe dende o ceo os seus seguidores aquí na Terra mediante “o criado fiel e prudente” (le Mateo 24:45). Como ese criado sería nomeado directamente por Xesús, tería certo grao de autoridade. Pero seguiría obedecendo a Cristo e servindo os seus irmáns. Quen é ese criado? Como coida de nós?

1. Quen é “o criado fiel e prudente”?

Xehová sempre se valeu dun home ou dun pequeno grupo de homes para dirixir o seu pobo (Malaquías 2:7; Hebreos 1:1). Despois da morte de Xesús, os apóstolos e os anciáns de Xerusalén encargáronse desa función (Feitos 15:2). Seguindo ese modelo, hoxe un pequeno grupo de anciáns, o Consello Reitor das Testemuñas de Xehová, dá alimento espiritual e dirixe a obra de predicar. Este grupo é “o criado fiel e prudente” que Xesús nomeou (Mateo 24:45a). Tódolos membros do Consello Reitor son cristiáns unxidos por espírito santo que esperan reinar con Cristo dende o ceo cando termine a súa vida na Terra.

2. Que alimento espiritual dá o criado fiel?

Xesús dixo que o criado fiel lles daría de comer ós seus irmáns cristiáns no seu debido tempo (Mateo 24:45b). O alimento axúdanos a manternos fortes e sans en sentido físico. Do mesmo xeito, o alimento espiritual, as instrucións da Palabra de Deus, dános as forzas que necesitamos para manternos leais a Xehová e para cumprir coa obra que Xesús nos encargou (1 Timoteo 4:6). Recibimos este alimento espiritual a través das reunións, os congresos, as publicacións e os vídeos baseados na Biblia que nos axudan a entender cal é a vontade de Deus e a estreitar a nosa amizade con el.

AFONDA MÁIS

Mira por que necesitamos o “criado fiel e prudente” ou Consello Reitor.

Colaxe: As testemuñas de Xehová de todo o mundo reciben e seguen as instrucións do Consello Reitor. 1. Unha familia mira un programa en JW Broadcasting. 2. Testemuñas de Xehová participan en labores de socorro cargando comida nun camión. 3. Dúas testemuñas de Xehová predican cun expositor portátil. 4. Un ancián le unha carta nunha reunión de congregación.

O Consello Reitor dálles alimento espiritual, guía e axuda práctica ás testemuñas de Xehová de todo o mundo

3. O pobo de Xehová ten que estar organizado

Baixo a dirección de Xesús, o Consello Reitor organiza o labor das Testemuñas de Xehová. Algo parecido pasaba entre os cristiáns do primeiro século. Poñede o VÍDEO.

VÍDEO: Xehová organiza o seu pobo (6:18)

Lede 1 Corintios 14:33, 40 e logo comentade esta pregunta:

  • Como demostran estes versículos que Xehová quere que as súas testemuñas estean organizadas?

4. O criado fiel e prudente organiza a nosa predicación

A predicación foi o labor máis importante dos cristiáns do primeiro século. Lede Feitos 8:14, 25 e logo comentade estas preguntas:

  • Quen dirixía a predicación dos primeiros cristiáns?

  • Que fixeron Pedro e Xoán cando recibiron instrucións dos outros apóstolos?

A predicación é a actividade máis importante que organiza o Consello Reitor. Poñede o VÍDEO.

VÍDEO: Centrados na predicación (1:24)

Xesús destacou a importancia da predicación. Lede Marcos 13:10 e logo comentade estas preguntas:

  • Por que é tan importante a predicación para o Consello Reitor?

  • Por que necesitamos que o “criado fiel e prudente” organice esta obra mundial?

5. O criado fiel guíanos e dános instrucións

O Consello Reitor guía os cristiáns de todo o mundo. Como deciden que instrucións dar? Analiza como o facía o consello reitor dos primeiros cristiáns. Lede Feitos 15:1, 2 e logo comentade estas preguntas:

  • Que problema había entre os primeiros cristiáns?

  • A quen acudiron Paulo, Bernabé e outros para resolver o problema?

Lede Feitos 15:12-18, 23-29 e logo comentade esta pregunta:

  • Antes de tomar unha decisión, que fixo o consello reitor daquel tempo para saber que opinaba Deus sobre o asunto? (Ver os versículos 12, 15 e 28).

Lede Feitos 15:30, 31 e 16:4, 5 e logo comentade estas preguntas:

  • Como reaccionaron os cristiáns daquel tempo ás instrucións do consello reitor?

  • Como bendixo Xehová a súa obediencia?

Lede 2 Timoteo 3:16 e Santiago 1:5 e logo comentade esta pregunta:

  • Na actualidade, onde busca guía o Consello Reitor para tomar decisións?

HAI QUEN DI: “Se fas o que che di o Consello Reitor ó final só estás seguindo a homes”.

  • Que te convence a ti de que Xesús está a guiar o Consello Reitor?

RESUMO

O Consello Reitor é o “criado fiel e prudente” nomeado por Xesús. Encárgase de guiar e dar alimento espiritual ós cristiáns de todo o mundo.

Repaso

  • Quen nomeou ó “criado fiel e prudente”?

  • Como coida de nós o Consello Reitor?

  • Cres que o Consello Reitor é o “criado fiel e prudente”?

Intenta isto

INVESTIGA

Mira como está organizado o Consello Reitor para cumprir co seu labor.

“Que é o Consello Reitor das Testemuñas de Xehová?” (Artigo web)

Aprende como se asegura o Consello Reitor de que recibamos alimento espiritual fiable.

As nosas publicacións son exactas (17:18)

Como ven os membros do Consello Reitor o traballo que Xesús lles encargou?

Un honor moi grande (7:04)

Como demostran as nosas reunións e congresos que Xehová está dirixindo o Consello Reitor?

Xehová está ensinando ó seu pobo (9:39)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir