BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp18 núm. 3 páxs. 14-15
  • Como te beneficia que Deus se preocupe por ti

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como te beneficia que Deus se preocupe por ti
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O QUE NOS ENSINA A BIBLIA SOBRE O AMOR DE DEUS
  • Quen é Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Como se sente Deus ó vernos sufrir?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
  • Podo atopar consolo na Biblia?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Cal é a verdade acerca de Deus?
    Que ensina realmente a Biblia?
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
wp18 núm. 3 páxs. 14-15
Persoas de distintas razas e idades camiñan xuntas cara ó novo mundo.

Como Te Beneficia Que Deus Se Preocupe Por Ti

Deus creou o noso corpo coa incrible capacidade de rexenerarse. Cando unha persoa con boa saúde se corta, se fai unha raspadura ou se crava algo, “o corpo empeza un proceso moi complexo para curar a ferida, sexa grande ou pequena” (Johns Hopkins Medicine). Inmediatamente actúa para deter a hemorraxia, dilatar os vasos sanguíneos, cicatrizar a ferida e reparar os tecidos.

PENSA NISTO: Se o Creador deseñou o noso corpo coa capacidade de rexenerarse, non cres que podemos confiar na súa promesa de que curará tamén as feridas emocionais? O salmista dixo que Deus “sana os corazóns quebrados e venda as súas feridas” (Salmo 147:3). Pero se estás sufrindo por algo que che está pasando ou que che ocorreu no pasado, como podes estar seguro de que Xehová curará as túas feridas tanto agora coma no futuro?

O QUE NOS ENSINA A BIBLIA SOBRE O AMOR DE DEUS

Deus promete: “Non teñas medo, que estou contigo; non mires con medo, que eu son o teu Deus. Fortalecinte e axudeite” (Isaías 41:10). Cando unha persoa sabe que Xehová coida dela, sente tranquilidade e ten forzas para enfrontarse ás dificultades. O apóstolo Paulo chamoulle a esta calma interior “a paz de Deus, que vai máis alá do que calquera ser humano pode entender”. E despois dixo: “Teño forzas para todo grazas a Deus, que me dá poder” (Filipenses 4:4-7, 9, 13).

A Biblia axúdanos a fortalecer a nosa fe nas promesas que Xehová lle fai á humanidade. Por exemplo, en Apocalipse 21:4, 5 dinos que vai facer e por que podemos confiar en que o fará.

  • “Secaralles tódalas lágrimas” ás persoas. Xehová eliminará todo o noso sufrimento e as nosas preocupacións, incluso se para outros parecen pouco importantes.

  • “Sentado no trono” celestial, o Rei Todopoderoso usará o seu poder e autoridade para evitar o sufrimento e darnos a axuda que necesitemos.

  • Xehová asegúranos que as súas promesas “son fieis e verdadeiras”. É dicir, Xehová, o único Deus verdadeiro, usa a súa reputación como garantía de que vai cumprir a súa palabra.

“‘Secaralles tódalas lágrimas dos seus ollos, e a morte deixará de existir. Xa non haberá máis tristeza, nin choros, nin dor. As cousas que nos facían sufrir desapareceron’. O que estaba sentado no trono dixo: ‘Mira! Estou facendo novas tódalas cousas’. Tamén dixo: ‘Escribe estas palabras, porque son fieis e verdadeiras’” (Apocalipse 21:4, 5).

Tanto a creación como a Biblia mostran as calidades do noso Pai celestial. Mentres que a creación nos invita sen palabras a ser bos amigos de Deus, a Biblia faino directamente ó dicir: “Acercádevos a Deus e el acercarase a vós” (Santiago 4:8). E Feitos 17:27 tamén di: “El non está moi lonxe de cada un de nós”.

Canto máis tempo dediques a coñecer a Deus, máis te convencerás de que el se preocupa por ti (1 Pedro 5:7). Esta confianza en Xehová pode axudarche. Como?

Vexamos o exemplo de Toru, do Xapón. Aínda que a súa nai lle deu unha educación cristiá, empezou a meterse no violento mundo da Yakuza, a mafia xaponesa. El conta: “Cría que Deus me odiaba e pensaba que a morte das persoas achegadas a min, especialmente das que máis quería, era a forma na que Deus me castigaba”. Toru recoñece que ese ambiente violento o converteu “nunha persoa insensible e sen corazón”. Falando do seu obxectivo na vida, di: “Quería morrer novo despois de matar a alguén máis famoso ca min e que se me recordase por iso”.

Pero cando Toru e a súa muller, Hannah, estudaron a Biblia, Toru fixo cambios drásticos na súa vida e na súa forma de actuar. Hannah di: “Puiden ver cos meus propios ollos os cambios que facía o meu home”. Agora Toru di con moita convicción: “Existe un Deus que de verdade se preocupa por cada un de nós. Non quere que ninguén morra e está disposto a perdoar ós que de verdade se arrepinten dos seus errores. Podémoslle contar cousas que non lle contariamos a ninguén e que ninguén entendería. Dentro de pouco Xehová acabará con tódolos problemas, co sufrimento e coa dor. Pero xa agora nos axuda de maneiras sorprendentes. El preocúpase por nós e axúdanos cando estamos desanimados” (Salmo 136:23).

Como mostra a experiencia de Toru, saber que Deus pode acabar co sufrimento e as lágrimas de tódalas persoas—e que pronto o fará—non só nos dá unha esperanza segura para o futuro, senón que tamén nos axuda a ter unha vida mellor agora. Incluso nun mundo cheo de sufrimento, podes desfrutar dos beneficios de que Deus se preocupe por ti.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir