Como se sente Deus ó vernos sufrir?
Algunhas persoas pensan que Deus nin ve o noso sufrimento nin lle preocupa.
FÍXATE NO QUE DI A BIBLIA
Deus ve o teu sufrimento e preocúpalle
“Ó ve-lo Señor que a maldade dos homes medraba na terra [...] pesoulle no corazón” (Xénese 6:5, 6).
Deus vai acabar con todo o sufrimento
“Un pouco aínda: xa os impíos non existen, fíxate no seu lugar: xa non están; os humildes, en cambio, herdan a terra e gozan de paz perfecta” (Salmo 37:10, 11).
O que quere Deus para ti
“Soamente eu coñezo os proxectos que eu planeo para vós—é o Señor quen fala—, proxectos de fartura e non de desgracia, de darvos un porvir e unha esperanza. Habédesme invocar e viredes onda min; rezarédesme a min, e eu escoitareivos” (Xeremías 29:11, 12).
“Acercádevos a Deus e el acercarase a vós” (Santiago 4:8).