BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 36
  • Existirá algún sistema económico xusto?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Existirá algún sistema económico xusto?
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Problemas económicos que Deus solucionará
  • Aumento descontrolado da inflación mundial. O que di a Biblia
    Outros temas
  • Que di a Biblia sobre a actual falta de alimentos?
    Outros temas
  • Por que é importante para Xesús o Reino de Deus
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2014)
Outros temas
mrt artigo 36
Un home xunto a unha chabola mirando uns rañaceos de luxo.

Existirá algún sistema económico xusto?

En moitos países as persoas protestan porque senten que as condicións económicas son inxustas. Esta situación empeorou coa pandemia da COVID-19, que provocou que as persoas estiveran máis infelices por culpa do confinamento, da escaseza de alimento e do acceso limitado á atención médica, que fixo máis clara a diferenza entre ricos e pobres.

Acabarán algún día os problemas económicos que fan sufrir as persoas? Si, a Biblia di que Deus poñerá fin a estes problemas.

Problemas económicos que Deus solucionará

Problema: Os seres humanos non foron capaces de conseguir un sistema económico que solucionara os problemas de tódalas persoas.

Solución: Deus substituirá os gobernos humanos por un único goberno, chamado o Reino de Deus. Este reinará dende o ceo sobre toda a Terra (Daniel 2:44; Mateo 6:10).

Resultado: Este goberno, o Reino de Deus, solucionará tódolos problemas da Terra. Xa non haberá máis pobreza e ninguén terá medo de non ter o suficiente para vivir (Salmo 9:8-10, 19 [9:7-9, 18, TNM]). Pola contra, as persoas desfrutarán do seu traballo e vivirán felices xunto coa súa familia. A Biblia promete: “Construirán casas e habitaranas e plantarán viñas e comerán os seus froitos. Non construirán para que outro habite, nin plantarán para que outro coma” (Isaías 65:21, 22).

Problema: As persoas non poden evitar algunhas situacións que lles fan sufrir e lles impiden ter o necesario.

Solución: O Reino de Deus eliminará todo o que nos cause medo e inseguridade.

Resultado: Baixo o seu goberno, Deus non permitirá que as familias perdan o que necesitan para vivir. Por exemplo, xa non existirán máis as guerras, a fame e as pandemias (Salmo 46:10 [46:9, TNM]; 72:16; Isaías 33:24). Deus di: “Entón o meu pobo vivirá nun campo de paz, en casas seguras e en mansións tranquilas” (Isaías 32:18).

Problema: As persoas egoístas e cobizosas adoitan aproveitarse doutras.

Solución: Baixo o Reino de Deus, aprenderemos a amar máis a outras persoas que a nós mesmos (Mateo 22:37-39).

Resultado: Cando Deus goberne todos demostraremos o seu amor, ese tipo de amor “non busca a súa comenencia” (1 Corintios 13:4, 5). A Biblia di: “Ningún será malvado nin fará o mal en todo o meu monte santo: o país estará cheo de coñecemento do Señor, o mesmo que as augas enchen o mar” (Isaías 11:9).

A Biblia explica que vivimos nos últimos días deste sistema e que Deus pronto cumprirá a súa promesa de poñer fin a tódolos problemas económicos.a (Salmo 12:6 [12:5, TNM]). Mentres tanto, os principios da Biblia axudaranche a facerlle fronte ós problemas económicos. Podes consultar os artigos “Cómo vivir con menos” e “Una opinión realista del dinero”.

Ideas erróneas sobre a Biblia e a economía

Idea equivocada: A pobreza nunca rematará porque Xesús dixo: “Ós pobres sempre os tendes convosco” (Mateo 26:11).

Realidade: Xesús quería dicir que mentres exista este mundo inxusto haberá xente pobre. Non obstante, cando Xesús lles anunciaba a “Boa Nova ós pobres”, tamén lles dicía que o Reino de Deus acabaría para sempre coa pobreza (Lucas 4:18, 43).

Idea equivocada: As persoas que queren agradar a Deus deben ser pobres, porque Xesús dixo: “Vai, vende canto tes, e dállelo ós pobres” (Mateo 19:21).

Realidade: Con estas palabras, Xesús non quería dicir que tódolos seus seguidores deberían ser pobres. El estaba falando cun mozo que estaba distraído polas súas riquezas. Xesús animouno a simplificar a súa vida e a aceptar a invitación de ser o seu seguidor.

Idea equivocada: Deus bendí as persoas facéndoas ricas porque a Biblia di: “É a bendición do Señor a que fai rico” (Proverbios 10:22).

Realidade: Cando a Biblia fala da “bendición do Señor”, refírese a ser rico espiritualmente, por exemplo, tendo unha vida con sentido, unha boa relación con Deus e unha fermosa esperanza para o futuro (Salmo 25:14; Xoán 17:3). Aínda que no pasado Deus bendiciu os seus servos con riquezas, a maiorías dos que se fixeron cristiáns non eran ricos (Xénese 24:34, 35; Santiago 2:5). Incluso Xesús tiña poucas cousas materiais (Mateo 8:20).

Idea equivocada: A Biblia ensina unha forma de comunismo, di acerca dos irmáns do primeiro século: “tiñan todo en común: vendían os seus bens e propiedades” (Feitos 2:44, 45).

Realidade: Aquí a Biblia fala dun arranxo temporal que se fixo para cubrir as necesidades dalgúns que se acababan de bautizar. Estas persoas viaxaran a Xerusalén para asistir á festa xudía do Pentecostés (Feitos 2:5). Pero cando se fixeron cristiáns, tiveron que quedar en Xerusalén para poder aprender máis e fortalecer a súa fe. Como resultado os seus irmáns cristiáns ofrecéronse a darlles todo o que necesitaban (Feitos 2:41, 42, 46, 47).

a Para saber por que podes confiar na Biblia podes ver o artigo “La Biblia tiene la verdad”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir