BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 2 Corintios 9
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de 2 Corintios

      • Motivación para dar a outros (1-15)

        • Deus ama ó que dá con alegría (7)

2 Corintios 9:1

Notas

  • *

    Ou “ministerio”.

  • *

    Ver glosario.

2 Corintios 9:7

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 155

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 55

2 Corintios 9:8

Notas

  • *

    Ou “para que sexades autosuficientes”.

2 Corintios 9:12

Notas

  • *

    Ou “o ministerio deste servizo público”.

2 Corintios 9:13

Notas

  • *

    Ou “este ministerio”. Ver glosario ministro; ministerio.

  • *

    Ou “sodes submisos ás”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
2 Corintios 9:1-15

Segunda Carta ós Corintios

9 Non é necesario que vos escriba sobre o servizo* a favor dos santos*, 2 porque sei que estades moi dispostos a axudar, e presumo diso diante dos macedonios dicindo que os irmáns de Acaia están preparados para axudar desde hai un ano. Ademais, o voso entusiasmo serviulle de motivación á maioría deles. 3 Pero agora mándovos os irmáns para que de verdade esteades preparados, como dixen que estariades, e así non presumísemos de vós en balde. 4 Porque, se os macedonios fosen comigo e non estivésedes preparados, nós quedariamos avergonzados por confiar en vós, e vós aínda máis. 5 Por iso, pareceume necesario animar os irmáns a ir con tempo onda vós e a preparar con antelación o donativo tan xeneroso que prometestes. Así estará listo un donativo xeneroso, e non un que se fai á forza.

6 Pero tede en conta que o que sementa pouco recollerá pouco, e o que sementa moito recollerá moito. 7 Que cada un faga o que decidiu no seu corazón, non de mala gana nin á forza, porque Deus ama ó que dá con alegría.

8 Ademais, Deus pode mostrarvos a súa gran bondade inmerecida para que nunca vos falte o necesario*, e para que teñades de sobra para facer todo tipo de boas obras. 9 (Tal como está escrito: “El repartiu xenerosamente, deulles ós pobres. A súa xustiza permanece para sempre”. 10 Aquel que lle dá abundante semente ó sementador e pan para comer, dará e multiplicará a semente para que sementedes, e aumentará a colleita da vosa xustiza.) 11 A vós estásevos facendo ricos en todo para que sexades xenerosos de tódalas maneiras posibles, e por medio de nós esa xenerosidade fai que as persoas lle dean grazas a Deus. 12 Porque este servizo público que se está facendo* non consiste só en satisfacer as necesidades dos santos de maneira abundante, senón tamén en que moitas persoas lle dean moitas grazas a Deus. 13 Así, daranlle gloria a Deus, porque estes labores* de socorro demostran que actuades de acordo coas* boas noticias sobre o Cristo, as que anunciades publicamente, e que sodes xenerosos con eles e con todos. 14 E cando supliquen por vós, demostrarán o cariño que vos teñen grazas á extraordinaria bondade inmerecida de Deus que se vos mostrou.

15 Dámoslle grazas a Deus polo seu indescritible regalo.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir