TESOUROS DA BIBLIA | XOB 6-10
O fiel Xob expresa a súa angustia
Xob estaba afundido na miseria, emocionalmente desfeito e gravemente enfermo. Con todo, mantívose fiel. Así que o Demo intentou desanimalo para facer anacos a súa integridade. Visitárono tres “amigos”. Diante da xente fixeron como que o entendían. Entón sentaron onda el en silencio durante sete días sen dirixirlle nin unha palabra de consolo. O que despois lle dixeron estaba cheíño de duras acusacións.
Xob mantívose leal a Xehová malia a enorme presión á que estivo sometido
6:3; 7:16; 9:20-22; 10:1, 12
A dor tan profunda que sentía fíxolle ter unha perspectiva equivocada. Concluíu erroneamente que a Deus non lle importaba se el mantiña a súa fidelidade ou non.
O desánimo levou a Xob a non pensar noutras posibles causas do seu sufrimento.
Aínda que estaba sumido nunha fonda desolación, Xob faloulles ós seus acusadores do seu amor por Xehová.