A NOSA VIDA CRISTIÁ
Empreguemos as folliñas para comezar conversas
Dende xaneiro de 2018, na primeira páxina do Caderno de Estudo Vida e Actividades aparecen ideas para conversar. Dende entón, lévasenos animado moito a conversar coas persoas máis ben que simplemente ofrecer publicacións. E os vídeos das conversas de mostra son unha boa axuda, xa que ensinan como empezar unha conversa usando só a Biblia. Quere dicir isto que non deberiamos empregar ningunha publicación ó predicar de casa en casa? Para nada! Por exemplo, as folliñas poden axudarnos a comezar conversas. Un dos xeitos nos que o podemos facer é:
Lendo a pregunta e as posibles respostas da primeira páxina.
Mostrando a resposta que dá a Biblia, que se atopa na parte superior da segunda páxina. Se hai tempo, pódese ler e comentar algunha outra idea do interior da folliña.
Dándolle a folliña ó amo de casa e animándoo a que a lea cando poida.
Destacando antes de marchar a pregunta que aparece na sección “Pensa nisto”, e quedando para contestala coa Biblia outro día.
Cando volvamos, respondamos a pregunta pendente e deixemos outra para contestala na seguinte visita. Quizais poidamos escoller unha do noso sitio de Internet ou dunha das publicacións mencionadas na última páxina da folliña. Se o vemos oportuno, máis adiante podemos utilizar o folleto Deus ten boas noticias! ou outra das ferramentas básicas de ensino que empregamos para dar cursos da Biblia.