9-15 DE XUÑO
PROVERBIOS 17
Canción sjj 157 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
Unha parella israelita desfrutando dunha comida sinxela nun ambiente pacífico.
1. Desfruta de paz no teu matrimonio
(10 min)
Manter a paz require esforzo, pero vale a pena (Pr 17:1; ver a imaxe da portada do caderno de estudo).
Non convertas algo pequeno nun problema (Pr 17:9; g 9/14 páx. 11 par. 2).
Controla as túas emocións (Pr 17:14; w08 1/5 páx. 11 pars. 1, 2).
2. Xoias espirituais
(10 min)
Pr 17:24. Que significa que “os ollos do badoco [anden] ós biosbardos”? (it-2 páx. 545 par. 4)
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Pr 17:1-17 (th aspecto da oratoria 10).
4. Comeza conversas
(3 min) PREDICACIÓN INFORMAL. (lmd lección 3 punto 5)
5. Comeza conversas
(4 min) PREDICACIÓN PÚBLICA. Ofrece un curso da Biblia (lmd lección 6 punto 4).
6. Discurso
(5 min) ijwbv artigo 60. Título: “Cal é o significado de Proverbios 17:17?” (th aspecto da oratoria 13).
Canción sn 39
7. Costumes que axudan a ter unha boa comunicación
(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Para ter unha vida de familia feliz é imprescindible que haxa boa comunicación. Cando todos se senten con liberdade para falar, élles máis fácil traballar como equipo e axudarse uns ós outros nos momentos difíciles (Pr 15:22). Que podes facer para que todos na familia se sintan con esa liberdade para expresar o que pensan e senten?
Pasade tempo xuntos (Dt 6:6, 7). Cando a familia colabora xunta, participa en actividades espirituais xunta e se divirte xunta faise máis forte o amor e a confianza entre eles. Desta maneira, tamén se crean oportunidades para poder desfrutar de boas conversacións. Ás veces, terás que deixar a un lado as túas preferencias persoais para facer o que prefiran os demais, pero vale a pena! (Flp 2:3, 4) Cal é a mellor forma de aproveitar o tempo xuntos? (Ef 5:15, 16).
Pon o VÍDEO Sigamos o camiño que leva á paz na familia. Teñamos unha boa comunicación, e a continuación fai as seguintes preguntas:
Que efecto pode ter na comunicación da familia o mal uso dos dispositivos electrónicos?
Que outras cousas aprendiches neste vídeo para ter unha boa comunicación?
Aprendede a escoitarvos (Snt 1:19). Se os nenos non teñen medo de que seus pais se enfaden ou de que non os entendan, é máis fácil que digan o que senten. Esfórzate todo o que poidas por non reaccionar de maneira esaxerada cando teu fillo diga algo que che preocupe (Pr 17:27). Máis ben, escoita con empatía. Intenta comprender o que pensa e como se sente para poder axudarlle dunha maneira cariñosa.
8. Estudo bíblico de congregación
(30 min) bt cap. 27 pars. 19-22 e recadro da páx. 212.