16-22 DE XUÑO
PROVERBIOS 18
Canción sjj 90 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. Anima os que están loitando con problemas de saúde
(10 min)
Deixa que Deus che axude coa súa sabedoría a saber que dicir (Pr 18:4; w22.10 páx. 22 par. 17).
Intenta comprender polo que está pasando a outra persoa (Pr 18:13; mrt artigo 19 recadro).
Sé un bo amigo que axude e mostre paciencia (Pr 18:24; wp23.1 páx. 14 par. 3–páx. 15 par. 1).
PREGÚNTATE: Se o meu cónxuxe está loitando cun problema de saúde físico ou mental, que podo facer para axudarlle?
2. Xoias espirituais
(10 min)
Pr 18:18. Por que se botaban sortes en tempos bíblicos? (it-2 páx. 1063)
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Pr 18:1-17 (th aspecto da oratoria 11).
4. Comeza conversas
(1 min) DE CASA EN CASA. A persoa fala noutro idioma (lmd lección 2 punto 5).
5. Cultiva o interese
(3 min) PREDICACIÓN PÚBLICA. A persoa pídeche que sexas breve (lmd lección 7 punto 4).
6. Cultiva o interese
(3 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Ensínalle á persoa unha verdade fundamental sobre o Reino de Deus (lmd lección 9 punto 5).
7. Explica as túas crenzas
(4 min) Escenificación. ijwfq artigo 29. Título: “Sodes creacionistas?” (lmd lección 5 punto 5).
Canción sn 24
8. Axúdalles ós teus seres queridos a acercarse a Xehová “sen necesidade de palabra ningunha”
(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Moitos de nós coñecemos persoas que agora non serven a Xehová. Por exemplo, o noso marido ou a nosa muller, un fillo ou un bo amigo que deixou a congregación. Ó intentar animalo para que se acercase a Xehová, algunha vez te deches conta de que fuches demasiado insistente ou brusco? Aínda que o fagamos con boa intención, as nosas palabras poderían empeorar a situación (Pr 12:18). Cal sería unha mellor maneira de axudarlles?
En 1 Pedro 3:1 explícase que as mulleres poden gañar os seus maridos “sen necesidade de palabra ningunha”. Coa súa conduta, as irmás poden axudarlles a coñecer a Xehová aínda que eles non queiran estudar a Biblia. Como? Grazas a calidades coma o amor, a amabilidade e a sabedoría poden abrandar o corazón dos seus homes (Pr 16:23). A nosa conduta e amabilidade moldeadas pola Biblia van ter un bo efecto nos nosos seres queridos que aínda non serven a Xehová (Col 4:6).
Pon o VÍDEO Loitan con éxito pola fe. Os que están casados con non crentes, e a continuación fai as seguintes preguntas:
Que podes aprender da experiencia da irmá Sasaki?
Que podes aprender da experiencia da irmá Ito?
Que podes aprender da experiencia da irmá Okada?
9. Estudo bíblico de congregación
(30 min) bt cap. 27 pars. 23-26 e recadros das páxs. 214, 217.