BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 novembro páxs. 8-9
  • Debería deixar de conducir?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Debería deixar de conducir?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Subtítulos
  • PON A PROBA A TÚA CONDUCIÓN
  • DÉIXATE GUIAR POLOS PRINCIPIOS BÍBLICOS
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 novembro páxs. 8-9
Un irmán maior sentado cerca da ventá mirando o seu coche. Ten as chaves do coche na man mentres medita.

Debería deixar de conducir?

LEVAS conducindo moitos anos. Gústache a liberdade e independencia de ter o teu propio coche. Pero a túa familia e os teus amigos están preocupados e gustaríalles que pensases na túa decisión de seguir conducindo. Non entendes por que se preocupan.

Estás nunha situación coma esta? Se é así, que podería axudarche a decidir se deberías seguir conducindo?

Nalgúns países, a partir de certa idade os condutores que queren renovar o seu carné teñen que ser examinados por un doutor. Os cristiáns que viven nestes países cumpren coas leis e coas decisións que toman os que están autorizados polo goberno (Rom. 13:1). Pero sen importar onde vivas, podes avaliar a túa capacidade para conducir de forma segura.

PON A PROBA A TÚA CONDUCIÓN

Tal e como suxire a páxina de Internet dun instituto dos Estados Unidos onde se investiga o envellecemento (National Institute on Aging), poderías empezar facéndote estas preguntas:

  • Cústame ler os sinais ou ver de noite?

  • Perdín a miña flexibilidade e cústame xirar a cabeza o suficiente para comprobar os espellos e os puntos cegos?

  • Fáiseme difícil reaccionar rapidamente, como cando teño que mover o pé do acelerador ó freo?

  • Conduzo tan amodo que interfiro no tráfico?

  • Recentemente, estiven a punto de ter algún accidente ou deille algún golpe ó coche?

  • Paroume a policía pola miña condución?

  • Empecei a quedarme durmido algunha vez mentres conducía?

  • Tomo algunha medicación que pode afectar á miña condución?

  • Díxome alguén da miña familia ou un amigo que estaba preocupado pola miña maneira de conducir?

Se respondiches que si a unha ou dúas destas preguntas, quizais é o momento de facer algúns cambios. Por exemplo, poderías conducir menos, especialmente pola noite. Ademais, sigue avaliando a túa condución. Podes pedirlle a un familiar ou un amigo que che dea algunha idea para mellorar. Tamén podes facer un curso sobre como conducir de maneira segura. Pero se respondiches que si a máis de dúas preguntas, quizais o mellor para ti sexa deixar de conducir.a

DÉIXATE GUIAR POLOS PRINCIPIOS BÍBLICOS

Quizais nos custe recoñecer que xa non podemos conducir tan ben coma antes. E a idea de pensar en se deberiamos seguir conducindo ou non pode ser un tema sensible. Entón, que principios da Biblia poden axudarche a ver a túa situación de maneira obxectiva e a tomar a mellor decisión? Vexamos dous.

Mantén a modestia (Prov. 11:2). Cando nos facemos maiores, a nosa vista, oídos, músculos e reflexos empeoran. Por exemplo, moitas persoas deixan de practicar certos deportes cando se fan maiores porque se dan conta de que se poden facer dano máis facilmente. Pois coa condución pasa algo parecido. Chegado certo momento, unha persoa pode decidir con modestia deixar de conducir pola súa propia seguridade (Prov. 22:3). E se outros lle comentan que están preocupados, unha persoa modesta será receptiva e escoitará (compara con 2 Samuel 21:15-17).

Evita causar a morte de alguén (Deut. 22:8). Un coche é unha arma perigosa cando non se usa de maneira segura. Se alguén segue conducindo cando xa non ten a capacidade de facelo ben, podería poñer en risco a súa vida ou a doutros. E se causa un accidente grave, podería ser responsable de matar alguén.

Se estás ante a difícil decisión de se deixar de conducir ou non, evita pensar que poderás perder a túa dignidade ou valor como persoa. Xehová quérete polas túas bonitas cualidades, o que inclúe a túa modestia, humildade e a preocupación que mostras polo benestar dos demais. Ademais promete que te sosterá, que te consolará e que nunca te abandonará (Is. 46:4). Así que pídelle que che axude a usar a sabedoría práctica e os principios bíblicos para decidir se debes deixar de conducir.

Como poden axudar outros

Normalmente os familiares son os que están nunha mellor posición para falar cos seus parentes maiores sobre este tema. Tamén pode ser que ti sexas un amigo do condutor e que escoites que outros están preocupados pola súa maneira de conducir. Tómate en serio os seus comentarios. Quizais ata poidas ir no coche coa persoa en cuestión e, se o ves necesario, falarlle do tema. Cando o fagas, ponte no seu lugar. Sé amable pero honesto. Non te centres demasiado na súa idade senón na súa capacidade de conducir. Escolle frases como: “Preocúpame a túa seguridade cando conduces”, en vez de: “Xa non conduces de maneira segura”. Anímao a que pense nos principios bíblicos mencionados neste artigo e asegúralle que ti sabes que el respecta o que di a Biblia.

Todos podemos poñernos no lugar dunha persoa que se fai maior e que ten que deixar de conducir. Quizais sinta que perdeu a súa liberdade e independencia. Como lle podes axudar? Esfórzate por ser amable e axúdalle (Prov. 17:17). Non esperes a que el che pida que o leves a algún sitio, porque pode sentir que é unha carga para ti e quizais non o faga. Poderías ofrecerte a organizar un programa para que sempre haxa alguén para levalo a actividades importantes, como ás reunións, á predicación, a comprar ou ás citas do médico. Asegúralle que queres facer isto por el, para así pasar tempo xuntos (Rom. 1:11, 12).

a Se queres saber máis, mira o artigo “¿Corre usted un gran riesgo de sufrir accidentes de tránsito?” da revista ¡Despertad! do 22 de agosto de 2002.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir