BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 novembro páx. 30
  • Axuda para as mulleres maltratadas

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Axuda para as mulleres maltratadas
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Información relacionada
  • As mulleres e a súa seguridade. O que di a Biblia
    Outros temas
  • Idea para estudar
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Onde atopar respostas ás grandes preguntas?
    Onde atopar respostas ás grandes preguntas?
  • Busca sabedoría para a vida diaria en JW.ORG
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 novembro páx. 30
Unha irmá dándolle a unha muller unha copia impresa do artigo “As mulleres e a súa seguridade. O que di a Biblia”.

Axuda para as mulleres maltratadas

“ARREDOR do mundo, millóns de mulleres e rapazas foron vítimas de abusos. É o teu caso? Descubre por que a túa seguridade é importante para Deus e que fará coa violencia de xénero”.

Así empeza o artigo de jw.org titulado: “As mulleres e a súa seguridade. O que di a Biblia”. Hai un enlace ó final do artigo onde podes descargalo en formato PDF que podes imprimir e dobrar para que quede como unha folliña de catro caras. Unha irmá dos Estados Unidos chamada Stacy conta: “Imprimín varias destas folliñas e leveinas con outra irmá a un refuxio para mulleres que estaba no territorio da nosa congregación”.

Un empregado preguntoulles se podían levarlle máis copias para repartir entre os que vivían nese refuxio. Como resultado, entregáronse 40 folliñas máis e 30 tarxetas de jw.org. Máis adiante, a directora do refuxio viu interesante que se fixese unha demostración sobre como son os nosos cursos bíblicos persoais.

Stacy e outras dúas irmás tiveron un resultado parecido noutro refuxio onde deixaron cinco copias da folliña e lles pediron máis. Unha das empregadas dixo: “Esta folliña axudará ás mulleres que hai aquí. [...] Necesitamos isto”. Máis tarde, noutra visita, fíxose unha demostración dun curso bíblico diante de varias residentes interesadas, e dúas delas dixeron que lles gustaría ir á seguinte reunión da fin de semana nun Salón do Reino.

Stacy conta: “Estamos impresionadas polo interese que ten a xente neste artigo. Cando o imprimes e o dobras, é unha forma moi bonita de compartir a mensaxe do Reino de Deus con este grupo especial de mulleres. Emociónanos a boa reacción que obtivemos e temos moitas ganas de ver como Xehová bendicirá os nosos esforzos por compartir as boas noticias con estas mulleres”.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir