BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 novembro páxs. 28-29
  • Como podemos “manter a unidade que produce o espírito”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como podemos “manter a unidade que produce o espírito”
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • “FACEDE TODO O POSIBLE POR MANTER A UNIDADE”
  • Traballemos xuntos e unidos
    Cantemos a Xehová
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 novembro páxs. 28-29
Un grupo de irmáns e irmás desfrutando dunha comida xuntos na casa de alguén.

Como podemos “manter a unidade que produce o espírito”

O APÓSTOLO Paulo animou os cristiáns de Éfeso a soportarse “uns ós outros con amor e [a facer] todo o posible por manter a unidade que produce o espírito mediante o vínculo da paz” (Ef. 4:2, 3).

O espírito é o que produce a unidade da que desfrutamos. Isto significa que existe grazas á forza activa de Deus. Pero Paulo engadiu que manterse unidos require esforzo. Por parte de quen? En realidade, cada cristián ten que facer a súa parte para “manter a unidade que produce o espírito”.

Por exemplo, imaxina que alguén che regala un coche novo. Quen sería o responsable de mantelo en bo estado? A resposta é obvia. Se o coche deixase de funcionar, non poderías culpar a quen cho regalou se ti non o coidaches.

De xeito parecido, aínda que a nosa unidade cristiá é un regalo que nos dá Deus, cada un de nós ten a responsabilidade de coidala. Se non temos unha boa relación cun irmán ou cunha irmá, deberiamos preguntarnos: “Estou facendo todo o que podo para que haxa unidade na congregación?”.

“FACEDE TODO O POSIBLE POR MANTER A UNIDADE”

Como dixo Paulo, ás veces teremos que esforzarnos moito por manter a unidade que produce o espírito, sobre todo se un irmán ou unha irmá nos ofende. É sempre necesario falar do problema coa persoa para manter a unidade? Non necesariamente. Pregúntate: “Facer deste desacordo un problema, axudará a resolvelo ou fará que empeore?”. Ás veces o máis sabio é pasalo por alto e perdoar (Prov. 19:11; Mar. 11:25).

Serie de imaxes: Un irmán decidindo pasar por alto unha ofensa. 1. Outro irmán berrándolle. 2. Pensando no que lle acaba de facer o outro irmán. 3. Lendo a Biblia e meditando.

Pregúntate: “Facer deste desacordo un problema, axudará a resolvelo ou fará que empeore?”

Como dixo o apóstolo, sigamos “[soportándonos] uns ós outros con amor” (Ef. 4:2). Unha obra de consultaa di que esta frase pode expresarse como “recibíndoos tal e como son”. Isto significa que aceptamos que os nosos irmáns cometen errores, igual ca nós. Por suposto, estamos intentando poñernos “a nova personalidade”, pero ninguén pode facelo á perfección (Ef. 4:23, 24; Rom. 3:23). Se aceptamos este feito, seranos máis fácil soportarnos uns ós outros, perdoar e polo tanto “manter a unidade que produce o espírito”.

Se perdoamos e esquecemos as cousas que outros fixeron e que nos ofenderon, seguiremos tendo “o vínculo da paz” na congregación. A palabra grega que en Efesios 4:3 se traduce como “vínculo da paz”, en Colosenses 2:19 tradúcese como “ligamentos”. Os ligamentos son bandas fortes de tecidos que unen uns ósos con outros. De maneira parecida, a paz e o amor que sentimos polos nosos irmáns axúdannos a manternos preto deles sen importar as diferenzas que teñamos.

Así que cando un irmán faga algo que te ofenda, que te enfade ou que te irrite, intenta ser comprensivo e non crítico (Col. 3:12). Como tódolos humanos somos imperfectos, é probable que ti tamén ofendeses a alguén nalgún momento. Recordar isto axudarache a facer a túa parte para “manter a unidade que produce o espírito”.

a A Handbook on Paul’s Letter to the Ephesians, escrito por Robert Bratcher e Eugene Nida, ©1982, (United Bible Societies, Nova York), páxina 94.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir