BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 novembro páxs. 22-27
  • “Ti es moi valioso”!

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Ti es moi valioso”!
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • COMO AXUDOU XESÚS ÁS PERSOAS A VER CANTO VALÍAN
  • COMO VERNOS TAL E COMO NOS VE XEHOVÁ
  • Xehová cura “os corazóns quebrados”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Xehová quérete moito
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Que aprendemos dos últimos 40 días que Xesús estivo na Terra?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Sexamos humildes e aceptemos que hai cousas que non sabemos
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 novembro páxs. 22-27

ARTIGO DE ESTUDO 47

CANCIÓN sjj 38 Xehová darache forzas

“ Ti es moi valioso”!

“Ti es moi valioso” (DAN. 9:23, TNM).

OBXECTIVO

Axudar ós que teñen unha baixa autoestima a ver o moito que valen para Xehová.

1, 2. Que nos pode axudar a darnos conta de que somos moi valiosos para Xehová?

PARA Xehová os seus servos son moi valiosos pero algúns deles non se ven así, quizais porque outros lles fixeron sentir que non eran importantes. Pásache isto a ti? Nese caso, que che pode asegurar que es valioso para Xehová?

2 Quizais che sexa de axuda analizar relatos bíblicos que mostran a opinión de Xehová sobre o trato que merecen as persoas. O seu Fillo Xesús, tratou os demais con dignidade e respecto. Desta maneira, demostrou que as persoas que se senten pouca cousa son de moito valor para el e para seu Pai (Xoán 5:19; Heb. 1:3). Neste artigo veremos 1) como Xesús axudou ás persoas a darse conta do moito que valían e 2) como podemos convencernos a nós mesmos de que valemos moito para Deus (Axeo 2:7).

COMO AXUDOU XESÚS ÁS PERSOAS A VER CANTO VALÍAN

3. Como tratou Xesús os galileos que ían onda el buscando axuda?

3 Durante a súa terceira xira de predicación en Galilea, nun lugar tras outro, as persoas ían onda el para escoitalo e para que as curase. Xesús dixo que “foran maltratadas e estaban abandonadas coma ovellas sen pastor” (Mat. 9:36; ver tamén as notas de estudo, nwtsty-S). Os líderes relixiosos pensaban que aquela xente era demasiado ignorante como para ter importancia, incluso dixeron que eran “uns malditos” (Xoán 7:47-49; ver tamén a nota de estudo, nwtsty-S). Pero Xesús tratounos con dignidade ó apartar tempo para ensinarlles e curalos (Mat. 9:35). E non só iso, senón que para axudar a máis persoas, capacitou os seus apóstolos para que predicasen as boas noticias e deulles a autoridade para curar (Mat. 10:5-8).

4. Que aprendemos da maneira na que Xesús tratou as persoas que o escoitaban e que foran desprezadas por outros?

4 Ó tratar os que o escoitaban con dignidade e respecto, Xesús demostrou que para el e para seu Pai son moi valiosas as persoas que a miúdo son desprezadas pola sociedade. Se serves a Xehová pero tes dúbidas de se es valioso para el, pensa na atención que Xesús lles mostrou ós que eran humildes e querían aprender del. Facer isto axudarache a ver o moito que vales para Xehová.

5. Describe a situación da muller galilea que coñeceu Xesús.

5 Xesús non só ensinou a grupos de persoas, senón que tamén lle prestou atención á xente de maneira individual. Por exemplo, mentres predicaba en Galilea, Xesús coñeceu unha muller que levaba 12 anos sufrindo hemorraxias (Mar. 5:25). Segundo a Lei, era impura e tamén calquera que a tocase. Así que probablemente pasara gran parte do seu tempo soa. E ademais, non podía adorar a Xehová xunto a outros na sinagoga ou durante as festas (Lev. 15:19, 25). Está claro que esta muller sufría física e emocionalmente (Mar. 5:26).

6. Que fixo a muller que sufría hemorraxias para ser curada?

6 Esta muller que sufrira tanto quería que Xesús a curase, pero non llo pediu directamente. Por que non? Quizais se sentise avergonzada pola súa enfermidade. Ou pode ser que tivese medo de que Xesús lle mandase marchar porque era impura e non debía estar entre a xente. Así que só lle tocou o manto, pois estaba segura de que podería curarse con facer simplemente iso (Mar. 5:27, 28). E tiña razón para ter tanta fe, porque se recuperou! Entón Xesús preguntou quen o tocara, e ela confesou o que fixera. Como reaccionou el?

7. Como tratou Xesús a esta muller que sufría tanto? (Marcos 5:34).

7 Xesús tratou a muller con amabilidade e respecto. Deuse conta de que estaba “[tremendo] co medo” (Mar. 5:33). Por iso foi moi amable con ela e animouna. Incluso chamoulle “filliña”, unha expresión que mostraba que lle tiña respecto pero tamén cariño (le Marcos 5:34). Esta é a única vez que na Biblia se menciona que Xesús lle chamase “filliña” a unha muller. Probablemente usou esta expresión cariñosa nesta ocasión porque viu que ela tiña moito medo. Imaxina o contenta e tranquila que se debeu sentir esta muller despois! Se Xesús non lle tivese falado con tanto agarimo, quizais ela tería marchado curada fisicamente pero sentíndose moi culpable. Pero Xesús axudoulle a verse como realmente era: unha filliña moi valiosa para o seu amoroso Pai celestial.

8. Por que dificultades tivo que pasar unha irmá de Brasil?

8 Hoxe en día tamén hai servos de Xehová que están pasando por problemas de saúde que lles afectan emocionalmente. Maríaa, unha pioneira regular de Brasil, naceu sen pernas e sen a man esquerda. Ela explica: “Na escola, facíanme bullying constantemente pola miña discapacidade. Chamábanme cousas moi feas. Ás veces incluso a miña propia familia tratábame mal”.

9. Que lle axudou a María a ver que é valiosa para Xehová?

9 Que lle axudou a María? Cando se fixo testemuña de Xehová, os irmáns da congregación mostráronlle moito amor e axudáronlle a verse como a ve Deus. Ela conta: “Non teño suficientes páxinas no meu caderno para mencionar a tódolos que me axudaron! Doulle as grazas a Xehová de todo corazón por darme unha marabillosa familia espiritual”. Estes irmáns e irmás axudaron a María a darse conta de que é moi valiosa para Deus.

10. Que problemas afrontou María Madalena e como a fixeron sentir? (Ver tamén as imaxes).

10 Pensa en como Xesús tamén axudou a María Madalena. Esta muller estaba posuída por sete demos! (Luc. 8:2) Probablemente os demos facían que se comportase de maneira estraña, e por iso é posible que a xente non se lle acercase. Durante o tempo que estivo así, tivo que sufrir moito. Debeu sentir moito medo e pensar que ninguén a quería nin lle podía axudar. O máis probable é que Xesús expulsase os demos que a posuían e que ela se fixese a súa seguidora despois. De que outra maneira axudou Xesús a María a ver o valiosa que era para Deus?

Serie de imaxes: 1. Xesús observando a María Madalena angustiada e de xeonllos no chan dunha rúa escura. 2. María Madalena acompañando feliz a Xesús e os seus outros discípulos.

Como lle demostrou Xesús a María Madalena que era valiosa para Xehová? (Ver os parágrafos 10 e 11).


11. Como lle demostrou Xesús a María Madalena que era valiosa para Deus? (Ver tamén as imaxes).

11 Xesús invitou a María Madalena a acompañalo nas súas viaxes de predicaciónb e, como resultado, ela puido beneficiarse de escoitar como ensinaba a outros. Ademais, Xesús aparecéuselle o mesmo día que resucitou. Ela estivo entre os primeiros discípulos cos que el falou ese día, e incluso el lle pediu que lles contase ós apóstolos que resucitara. Todo isto demostroulle que era realmente valiosa para Xehová! (Xoán 20:11-18).

12. Que fixo que Lidia sentise que ninguén a querería nunca?

12 Igual que María Madalena, hoxe moitos senten que ninguén os vai querer. Lidia, unha irmá de España, conta que súa nai pensaba en abortar cando estaba embarazada dela. Incluso cando era unha nena moi pequena, recorda que súa nai a ignoraba e abusaba verbalmente dela. Lidia explica: “O único que quería na vida era ser aceptada e querida polos demais. Tiña medo de nunca chegar a merecer ese amor porque miña nai convencérame de que era unha mala persoa”.

13. Que lle axudou a Lidia a ver que é valiosa para Xehová?

13 Cando Lidia empezou a estudar a Biblia, as cousas cambiaron. Puido comprender o valiosa que é para Xehová grazas á oración, á lectura da Biblia e ás palabras e accións cariñosas dos irmáns. Ela conta: “O meu marido dime a miúdo canto me quere. Tamén me recorda unha e outra vez as boas calidades que teño. Outros amigos meus fan o mesmo”. Ocórreseche alguén que necesite axuda para comprender o valioso que é para Xehová?

COMO VERNOS TAL E COMO NOS VE XEHOVÁ

14. Como nos axuda 1 Samuel 16:7 a entender como ve Xehová as persoas? (Mira tamén o recadro “Por que valora tanto Xehová o seu pobo?”).

14 Recorda que Xehová non te ve da mesma maneira que o mundo (le 1 Samuel 16:7). Para Xehová non tes máis ou menos valor polo teu aspecto físico ou por cantos cartos ou estudos teñas (Is. 55:8, 9). Así que intenta verte como te ve Xehová, non como te ve o mundo. A Biblia fala de persoas que ás veces sentiron que non tiñan valor, como Elías, Noemí e Ana. Cando leas sobre eles, fíxate no moito que os quería Xehová. Quizais tamén poidas escribir cousas que che pasaron e que che confirmaron que Xehová te ama e valora de verdade. Ademais, tamén podes buscar información sobre a autoestima nas nosas publicacións.c

Por que valora tanto Xehová o seu pobo?

Xehová fixo os seres humanos moi diferentes dos animais. El creounos de tal maneira que puidésemos coñecelo e chegar a ser os seus amigos (Xén. 1:27; Sal. 8:6 [8:5, TNM]; 25:14; Is. 41:8). Tan só ese feito xa nos dá un bo motivo para estar seguros de que somos valiosos. Pero aínda hai unha razón máis importante. Se decidimos acercarnos a Xehová, obedecelo e dedicarlle a nosa vida, entón chegaremos a ser realmente valiosos para o noso Deus e Creador (Is. 19:15).

15. Por que vía Xehová a Daniel como alguén “moi valioso”? (Daniel 9:23, TNM).

15 Recorda que, por ser fiel, es moi valioso para Xehová. En certo momento, posiblemente cando tiña case 100 anos, o profeta Daniel sentiuse “moi esgotado” e desanimado (Dan. 9:20, 21, TNM). Como o animou Xehová? Envioulle o anxo Gabriel para recordarlle que era alguén “moi valioso” e que as súas oracións foran escoitadas (le Daniel 9:23, TNM). Por que era Daniel tan valioso para Xehová? Porque, entre outras moitas calidades, era fiel e amaba a xustiza (Ezeq. 14:14). Xehová puxo o seu relato na Biblia para consolarnos (Rom. 15:4). El tamén escoita as túas oracións e te valora por amar a xustiza e serlle fiel (Miq. 6:8; Heb. 6:10).

16. Que che pode axudar a ver a Xehová coma un Pai amoroso?

16 Ve a Xehová coma un Pai que te ama. El quere axudarche, non buscar os teus defectos (Sal. 130:3; Mat. 7:11; Luc. 12:6, 7). Meditar niso axudou a moitas persoas que tiñan baixa autoestima. Por exemplo, Michelle, unha irmá de España, sentíase rexeitada e que non valía para nada despois de anos de abuso verbal por parte do seu marido. Ela conta: “Cando sinto que non vallo nada, intento imaxinarme a Xehová levándome nos seus brazos, dándome amor e protexéndome” (Sal. 28:9). Lauren, unha irmá de Suráfrica, recórdase a si mesma: “Se Xehová me achegou a el con brazos de amor, me mantivo cerca del todos estes anos e incluso me usou para ensinarlles a outros, entón está claro que son valiosa e útil para el” (Os. 11:4).

17. Que che pode axudar a convencerte de que tes a aprobación de Xehová? (Salmo 5:13 [5:12, TNM]). (Ver tamén a imaxe).

17 Convéncete de que tes a aprobación de Xehová (le Salmo 5:13 [5:12, TNM]). David compara a aprobación de Deus cun escudo que protexe o seu pobo xusto. Saber que tes a aprobación e o apoio de Xehová pode protexerte coma un escudo se empezas a pensar cousas malas de ti mesmo. Como podes saber se tes a súa aprobación? Como vimos, el asegúracho a través da súa Palabra. Ademais, usa os anciáns, amigos íntimos e outras persoas para recordarche que es valioso para el. Como deberías reaccionar cando outros che digan cousas positivas sobre ti?

Unha irmá sorrindo mentres sae dun Salón do Reino para ir predicar con outra irmá que a abraza.

Saber que temos a aprobación de Xehová pode axudarnos a superar os sentimentos de baixa autoestima (ver o parágrafo 17).


18. Por que deberías aceptar as cousas boas que che din?

18 Cando os que te coñecen e te queren dinche cousas boas sobre ti, non penses que están equivocados. Recorda que Xehová pode estar usándoos para convencerte de que tes a Súa aprobación. Michelle, de quen falamos antes, conta: “Estou aprendendo pouco a pouco a crerme de verdade as cousas amables que outros me din. Resúltame difícil facelo, pero sei que é o que Xehová quere que faga”. Os anciáns tamén lle axudaron a ver que Xehová a quere. Agora serve como pioneira e como voluntaria a distancia para Betel.

19. Por que podes estar seguro de que es valioso para Xehová?

19 Xesús recórdanos con cariño que lle importamos moitísimo ó noso Pai celestial (Luc. 12:24). Así que podemos estar seguros de que somos moi valiosos para Xehová. Nunca o esquezamos! Ademais, fagamos todo o que poidamos por axudar a outros a ver o valiosos que son para Deus!

QUE RESPONDERÍAS?

  • Como axudou Xesús ás persoas a ver que eran valiosas para Deus?

  • Como axudou Xesús a unha muller que sufría hemorraxias?

  • Que nos pode axudar a vernos como Xehová nos ve?

CANCIÓN sjj 139 Imaxina que estás no mundo novo

a Cambiáronse algúns nomes.

b Parece ser que María Madalena era unha das mulleres que viaxaron con Xesús. Elas usaban os seus propios cartos para coidar de Xesús e dos apóstolos (Mat. 27:55, 56; Luc. 8:1-3).

c Por exemplo, mira o capítulo 24 do libro Acerquémonos a Jehová e le os textos e os relatos bíblicos que están baixo o tema “Sentimentos negativos” no libro Textos bíblicos para a nosa vida.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir