BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 decembro páxs. 26-30
  • Irmáns maiores, sodes moi valiosos para a congregación

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Irmáns maiores, sodes moi valiosos para a congregación
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • QUE ESPERA XEHOVÁ DE TI
  • O QUE APRENDICHES NA VIDA PODE AXUDAR A OUTROS
  • XEHOVÁ VALORA MOITO O TEU FIEL SERVIZO
  • MANTENTE TAN ACTIVO COMO POIDAS
  • Como manter a alegría se imos maiores
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 decembro páxs. 26-30
Serie de imaxes: Irmáns e irmás maiores desfrutando do seu servizo a Xehová. 1. Un irmán sorrindo mentres mira cara a diante con confianza. 2. Unha irmá en cadeira de rodas ofrecendo unha folliña a unha coidadora. 3. Unha irmá comentando nunha reunión. 4. Unha irmá suxeitada do brazo dun irmán máis xove mentres predican xuntos. 5. Un irmán pasando tempo con dous nenos pequenos e a súa nai no Salón do Reino.

Irmáns maiores, sodes moi valiosos para a congregación

“Mirando atrás, sorpréndeme cantas cousas puiden facer cando era nova. Agora que vou maior, non podo facer tanto coma antes” (Connie, 83 anos).

Quizais ti tampouco poidas facer tantas cousas como cando eras novo. E aínda que sabes que levas moitos anos sendo leal a Xehová, cando comparas o que facías por el antes co que fas agora pode ser que te desanimes. Se este é o teu caso, que che pode axudar a ser feliz?

QUE ESPERA XEHOVÁ DE TI

Pregúntate: “Que espera Xehová de min?”. Podes encontrar consolo nas palabras de Deuteronomio 6:5 (TNM): “Ama a Xehová o teu Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con tódalas túas forzas”.

Este versículo mostra que Xehová quere que o sirvas o mellor que poidas segundo as túas circunstancias. Isto axudarache a non comparar o que fas co que fan outros ou co que ti mesmo facías no pasado.

Pensa nisto: cando eras máis novo, seguramente facías todo o que podías nas circunstancias que tiñas naquel momento. E agora probablemente segues facendo todo o que podes segundo as túas circunstancias actuais. Se ves as cousas desta maneira, poderás darte conta de que lle estás dando a Xehová o mesmo ca antes. No pasado décheslle o mellor e agora segues dándolle o mellor.

Serie de imaxes: Unha irmá servindo fielmente a Xehová durante moitos anos. 1. Hai moitos anos, a irmá falando cunha muller predicando de casa en casa. 2. A irmá, agora xa maior, participando na predicación por teléfono cunha irmá xove.

Décheslle todo o que puideches a Xehová cando eras novo, e segues dándolle o mellor agora que es maior.

O QUE APRENDICHES NA VIDA PODE AXUDAR A OUTROS

Outra maneira de velo é esta: en vez de pensar na túa idade como unha limitación, podes intentar vela como unha oportunidade. Agora que es maior, podes facer cousas que non podías facer cando eras novo. Por exemplo:

Compartir o que aprendiches na vida con outros. Pensa no que di a Biblia nos seguintes versículos:

O rei David: “Fun mozo e agora vou vello, e nunca vin un xusto abandonado, nin os seus fillos pedindo pan” (Sal. 37:25).

Xosué: “Velaquí que eu estou hoxe para percorre-lo camiño de todos. Recoñece con todo o corazón e con toda a alma que non fallou unha soa das promesas que vos fixo o Señor, o voso Deus: todiñas se cumpriron, sen faltar unha” (Xos. 23:14).

David e Xosué serviron a Xehová durante moitos anos e viviron moitas cousas. Así que sabían do que falaban e isto deulles máis peso ás súas palabras. Quizais ti tamén dixeches algunha vez cousas parecidas a eles. Pero agora que as túas palabras se basean en anos de experiencia, o seu efecto é moito máis significativo.

Por exemplo, podes falarlles a outros dos beneficios de servir a Xehová. Recordas algunha vez na que Xehová axudase ós seus servos dunha maneira especial? Se é así, cóntallelo ós demais! Podes facer que outros se sintan moi animados, e a ti tamén te fará moi feliz. Fortalecerás moito os irmáns e irmás ó compartir as túas experiencias con eles (Rom. 1:11, 12).

Outra maneira na que podes animar a outros é indo ás reunións presencialmente sempre que poidas. Así poderedes beneficiarvos tanto ti como os demais irmáns. Connie, de quen citamos antes, di: “Ir ás reunións axúdame a non desanimarme. Como vou facelo con todo o cariño que recibo no Salón do Reino? Intento demostrar canto quero os demais dándolles pequenos regalos. E asegúrome de seguir participando nas actividades espirituais, xunto cos meus irmáns e irmás”.

XEHOVÁ VALORA MOITO O TEU FIEL SERVIZO

Hai moitos exemplos na Biblia de persoas ás que Xehová quería incluso cando xa non podían facer tanto coma antes. Pensa por exemplo en Simeón, un home maior israelita que vivía cando naceu Xesús. Cando ía ó templo, seguramente se fixaba en como había homes novos facendo traballos moi importantes alí. E quizais pensaba que xa non era tan útil coma antes para Xehová porque xa non podía servirlle igual que aqueles rapaces. Pero Xehová tiña unha perspectiva diferente. El vía a Simeón coma un home “xusto e devoto” e bendiciuno co privilexio de ver a Xesús cando era un bebé. Incluso o usou para profetizar sobre o futuro Mesías! (Luc. 2:25-35) Está claro que Xehová non se fixaba na vellez de Simeón, senón na súa fe forte, “e o espírito santo estaba sobre el”.

Xosé e María ensinándolle moi felices o pequeno Xesús a Simeón.

Xehová bendiciu a Simeón co privilexio de ver a Xesús de bebé e de profetizar que el sería o futuro Mesías.

Ti tamén podes estar seguro de que Xehová valora o teu fiel servizo sen importar as limitacións que quizais teñas. Para el “o que unha persoa dá agrada moito, cando dá en función do que ten e non do que non ten” (2 Cor. 8:12).

Así que, tendo iso en conta, céntrate no que podes facer. Por exemplo, de que diferentes maneiras podes predicar, aínda que sexa pouco tempo de cada vez? Poderías tamén animar os teus irmáns e irmás chamándoos ou enviándolles unha carta? As mostras de cariño sinxelas poden animar moito os demais, sobre todo se veñen de alguén coma ti que leva moitos anos servindo a Xehová.

Aínda se tes limitacións físicas, podes facer moito por Xehová. Fíxate na experiencia dunha irmá de África Oriental que se relata no recadro “Usou a Biblia para salvarlle a vida”, a cal demostra que para Xehová as limitación físicas non son un impedimento para seguir usándote.

Recorda que levar tantos anos servido fielmente a Xehová pode animar moito a outros. Ti es un exemplo de aguante e podes estar seguro de que “Deus non é inxusto e non se esquece do que [fixeches] nin do amor que [demostraches] polo seu nome ó servir os santos e ó continuar servíndoos” (Heb. 6:10).

MANTENTE TAN ACTIVO COMO POIDAS

Hai estudos que indican que as persoas maiores que se esforzan por axudar a outros teñen mellor saúde, máis axilidade mental e viven máis anos.

Por suposto, facer cousas boas por outros non elimina as consecuencias de facerse maior. Só o Reino de Deus conseguirá iso eliminando a verdadeira causa da vellez e da morte: a imperfección que herdamos de Adán (Rom. 5:12).

Aínda así, o teu servizo a Xehová, o que inclúe axudar a outros a coñecelo, mantén forte a túa esperanza e incluso pode ser bo para a túa saúde. Irmáns maiores, por favor tede claro que para Xehová ten moito valor o que facedes por el, e que a congregación tamén valora o voso exemplo de fe.

Unha irmá maior predicando cos carriños. Ela compartindo un texto da Biblia cunha muller que ten lágrimas na cara.

Usou a Biblia para salvarlle a vida

Unha rapaza estaba pasando por diante dun dos nosos carriños. A irmá maior que estaba alí saudou a muller e despois preguntoulle se podía compartir con ela un texto da Biblia animador. Entón leulle Xeremías 29:11, onde di que Deus quere que teñamos paz e non calamidade. Despois preguntoulle: “Fíxaste que futuro quere Deus para ti?”.

A rapaza emocionouse e respondeu cos ollos cheos de lágrimas: “El quere que teña un futuro de paz e esperanza. Moitas grazas por lerme isto. Penso que foi a resposta á miña oración. Ultimamente pasei por moitos problemas, un detrás doutro. A situación era tan difícil que pensei en quitarme a vida. Esta mañá oreille a Deus pedíndolle que me dese un sinal de que aínda lle importo. Entón ti, unha completa descoñecida, paráchesme e líchesme un versículo que mostra exactamente o que Deus quere para min. Non é unha coincidencia”.

A irmá ensinoulle á rapaza varios artigos de jw.org que lle poden axudar a usar a Biblia para combater os pensamentos suicidas. Despois, explicoulle como son os nosos cursos da Biblia e invitouna ás reunións. A seguinte semana, a muller foi á reunión da fin de semana e empezou a estudar o folleto Desfruta da vida para sempre!.

Sen importar a túa idade, podes participar na predicación cos carriños.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir