BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 180
  • Onde podo atopar esperanza?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Onde podo atopar esperanza?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que di a Biblia
  • Como nos axuda a Biblia a ser positivos?
  • Que esperanza dá a Biblia para tódalas persoas?
  • Mantén forte a túa esperanza
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
  • Razóns para empezar o 2023 con optimismo. O que di a Biblia
    Outros temas
  • Onde podes atopar verdadeira esperanza?
    Despertade! (2004)
  • A Biblia dános esperanza
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Ver máis
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 180
Unha muller mirando ó horizonte con esperanza.

Onde podo atopar esperanza?

O que di a Biblia

A Biblia di que Deus quere darnos “un porvir e unha esperanza”a (Xeremías 29:11). De feito, unha das razóns polas que Deus nos deu a Biblia foi para que tiveramos “o consolo que dan as Escrituras” e “manteñámo-la esperanza” (Romanos 15:4). Como veremos, os consellos da Biblia poden axudarnos cos problemas diarios, e as súas promesas dannos unha fermosa esperanza para o futuro.

Neste artigo veremos o seguinte:

  • Como nos axuda a Biblia a ser positivos?

  • Que esperanza dá a Biblia para tódalas persoas?

  • Versículos da Biblia sobre a esperanza

Como nos axuda a Biblia a ser positivos?

A Biblia pode axudarnos a ser positivos dándonos consellos prácticos que podemos seguir para mellorar a nosa vida. Vexamos algúns exemplos disto:

  • Busca na Biblia consellos prácticos. Salmo 119:105 di: “A túa palabra é o faro dos meus pés, a luz do meu camiño”. Unha luz brillante pode facer dúas cousas. Pode iluminar o que temos xusto diante de nós ou pode iluminar todo o camiño. Do mesmo xeito, os prácticos principios da Biblia poden axudarnos a tratar cos problemas que temos xusto diante de nós. Así seremos positivos no día a día. As ensinanzas da Biblia poden axudarnos a recuperar as forzas e poden alegrar o corazón (Salmo 19:8, 9 [19:7, 8, TNM]). Ó mesmo tempo, a Biblia ilumina o marabilloso propósito de Deus para o futuro de tódalas persoas e da Terra. Esta esperanza pode darnos alegría e felicidade duradeiras.

  • Deixa que outros che axuden. Ás veces, cando temos moitos problemas tendemos a apartarnos da familia ou dos amigos. Pero a Biblia di que non debemos facer iso, xa que pode levarnos a tomar malas decisións e a non actuar sabiamente (Proverbios 18:1, TNM). Os nosos seres queridos poden axudarnos a ser razoables. Tamén poden darnos suxestións prácticas sobre como afrontar unha situación difícil (Proverbios 11:14). Como mínimo poden animarnos e consolarnos, dándonos as forzas para aguantar ata que as cousas melloren (Proverbios 12:25).

  • Ora a Deus. A Biblia di: “Bota a túa carga sobre Xehová, e el vaite soster. Xamais permitirá que caia o xusto”b (Salmo 55:22, TNM). Con razón se lle chama a Xehová “o Deus da esperanza” (Romanos 15:13). Podes expresarlle tódalas túas preocupacións coa confianza de que el se preocupa por ti (1 Pedro 5:7). De feito, a Biblia di: “El mesmo vos porá en forma, vos volverá firmes, fortes e vos dará estabilidade” (1 Pedro 5:10).

  • Deixa que as probas fortalezan a túa esperanza. A Biblia promete que quen escoita a Deus “morará ben seguro, tranquilo, sen temor do mal” (Proverbios 1:33). Cando un ciclón destruíu a súa casa, unha muller de Australia chamada Margaret perdeu moitas das súas posesións. Pero en vez de desesperarse, aprendeu unha importante lección. As posesións materiais poden perderse facilmente. Dende aquela decidiu centrarse nas cousas que realmente importan: a súa familia, os seus amigos, a súa relación con Deus e a esperanza que dá a Biblia (Salmo 37:34, Santiago 4:8).

Que esperanza dá a Biblia para tódalas persoas?

A Biblia promete un marabilloso futuro para tódalas persoas e para a Terra. E ese futuro non está moi lonxe. De feito, os problemas que enfronta a humanidade mostran que vivimos nos “días derradeiros” do mundo actual (2 Timoteo 3:1-5). Dentro de pouco Deus controlará a Terra e eliminará as inxustizas e o sufrimento, grazas a un goberno mundial chamado o Reino de Deus (Daniel 2:44; Apocalipse 11:15). Xesús falaba deste goberno celestial cando dixo na súa oración modelo: “Veña o teu Reino, fágase a túa vontade . . . na terra” (Mateo 6:9, 10).

Na Biblia atopamos cal é a vontade de Deus para tódalas persoas. Estes son algúns dos problemas que o Reino de Deus eliminará:

  • A fame. “O agro dá os seus froitos” (Salmo 67:7, [67:6, TNM]).

  • As enfermidades. “E ningún habitante dirá: ‘Estou enfermo’” (Isaías 33:24, TNM).

  • A morte. Deus “enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor, porque as primeiras cousas pasaron xa” (Apocalipse 21:3, 4).

a Temos esperanza cando desexamos algo e cremos que podemos conseguilo. Quen ten esperanza confía en conseguir o que desexa e cre que sucederá o que espera.

b A Biblia di que o nome de Deus é Xehová (Salmo 83:18, TNM).

Versículos da Biblia sobre a esperanza

Xob 5:16, TNM: “Haxa esperanza para o desfavorecido”.

Significado: Os que se senten ignorados hoxe en día poden confiar en que se buscan a axuda de Xehová el coidará deles.

Salmo 27:14: “Espera no Señor; ten corazón forte e valente e espera no Señor”.

Significado: Cando confiamos en Xehová aumenta a nosa forza e valor. El non deixará os que confían nel.

Salmo 62:6 (62:5, TNM): “Soamente en Deus acouga, alma miña: El é a miña esperanza”.

Significado: Aqueles que confían en Deus e demostran paciencia ó encarar probas poden estar seguros de que el acabará cos seus problemas cando chegue o momento oportuno.

Proverbios 20:22: “Non digas: “Hamas de pagar”; afiúnza no Señor, que El te axudará”.

Significado: Cando alguén nos fai dano ou nos molesta podemos resistir a tentación de vingarnos se esperamos en Xehová. El ten o poder e o desexo de salvarnos e eliminar calquera dano que puidésemos sufrir.

Hebreos 6:19, TNM: “Esta esperanza segura e firme que temos é coma unha áncora para a alma”.

Significado: Tal coma unha áncora mantén firme un barco durante unha tormenta, a esperanza segura de que Deus nos recompensará pode reducir a ansiedade, axudarnos a manter a calma, a pensar con claridade e a manter unha fe forte. A esperanza tamén pode darnos as forzas que necesitamos para aguantar as dificultades.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir