BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 16
  • Axuda para as vítimas da violencia doméstica

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Axuda para as vítimas da violencia doméstica
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Non é culpa túa
  • Busca axuda
  • Non estás soa
  • A violencia doméstica desaparecerá
  • 4. Falta de amor
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2011)
  • Xehová acudiu na miña axuda
    A Biblia cambioulles a vida
Outros temas
mrt artigo 16
Unha muller está tranquila mirando cara ó mar mentres se pon o sol.

Axuda para as vítimas da violencia doméstica

A Organización Mundial da Saúde (OMS) afirma: “A violencia contra a muller é un problema mundial de saúde pública de proporcións epidémicas para o que se necesitan medidas urxentes”. Esta organización calcula que case o 30% “de tódalas mulleres que tiveron unha relación sufriron violencia física e/ou sexual” por parte da súa parella. E un informe da ONU calcula que, nun ano recente, 137 mulleres morreron cada día no mundo asasinadas pola súa parella ou por outro membro da súa familia.a

Estas cifras poden mostrar o grave que é o problema da violencia doméstica, pero non son capaces de transmitir nin sequera unha pequena parte da dor emocional e física que sofre cada vítima.

Es ti quen está sufrindo por culpa da violencia doméstica? Ou coñeces a alguén que estea pasando por iso? Nese caso, quizais che poidan axudar estas ideas que aparecen na Biblia.

Non é culpa túa

Busca axuda

Non estás soa

A violencia doméstica desaparecerá

Como podes axudar a outros

Non é culpa túa

O que di a Biblia: “Cada un de nós terá que render contas de si mesmo a Deus” (Romanos 14:12).

Recorda isto: O que te maltrata é o responsable das súas accións.

Se a túa parella che bota a culpa a ti do dano que el che fai, está moi equivocado. Tódalas mulleres merecen que as queiran e non que as maltraten (Colosenses 3:19).

Nalgúns casos, a persoa que maltrata a outra ten un trastorno de personalidade, está influenciada pola súa crianza ou ten problemas co alcohol. Aínda así, é responsable diante de Deus por como te trata. É el quen debe esforzarse por cambiar.

Busca axuda

O que di a Biblia: “Onde non se fai xuntanza malógranse os planos, pero cúmprense cos moitos conselleiros” (Proverbios 15:22).

Recorda isto: Se non te sentes segura ou non sabes que facer, busca axuda.

Por que necesitas axuda? Se estás sufrindo por culpa da violencia doméstica, quizais esteas preocupada por moitas cousas e non saibas como actuar. Pode resultarche difícil saber que importancia ten cada un destes factores:

  • A túa seguridade persoal

  • Que é o mellor para os teus fillos

  • A túa situación económica

  • O amor que sentes pola túa parella

  • O desexo de salvar a túa relación coa esperanza de que a túa parella cambie

É normal que non saibas que facer e que sintas que a túa situación é demasiado complicada. A quen lle podes pedir axuda?

Un amigo ou un familiar de confianza pode axudarche de maneiras prácticas e darche o apoio emocional que necesitas. Falar con alguén que se preocupa por ti pode axudarche moito.

Os teléfonos para as vítimas da violencia doméstica poden darche axuda de maneira inmediata. Os que se encargan de atender estas liñas poden axudarche a elaborar un plan de acción para protexerte. Se a túa parella recoñece que necesita axuda e de verdade está disposto a cambiar, nestes teléfonos de emerxencia poderá encontrar a axuda que necesita para dar os primeiros pasos.

Outros servizos de emerxencia poden serche moi útiles se necesitas axuda urxente. Estes servizos poden poñerte en contacto con médicos, enfermeiras e outros profesionais especializados.

Non estás soa

O que di a Biblia: “O Señor [Xehováb] está preto do aflixido, salva ó asoballado” (Salmo 34:19 [34:18, TNM]).

Recorda isto: Deus promete axudarche.

Xehová preocúpase moito por ti (1 Pedro 5:7). El entende as túas preocupacións e os teus sentimentos máis profundos. E pode axudarche a través da súa Palabra, a Biblia. El quere que lle ores. Cando o fagas, podes pedirlle que che dea a sabedoría e as forzas que necesitas para facerlle fronte á túa situación (Isaías 41:10).

A violencia doméstica desaparecerá

O que di a Biblia: “Cada un sentará debaixo da súa parra e debaixo da súa figueira sen que ninguén o atemorice” (Miqueas 4:4).

Recorda isto: A Biblia promete que dentro de moi pouco tódalas familias desfrutarán de ter paz na súa casa.

Xehová ten a única solución definitiva a tódolos nosos problemas. A Biblia promete: “Secaralles tódalas lágrimas dos seus ollos, e a morte deixará de existir. Xa non haberá máis tristeza, nin choros, nin dor” (Apocalipse 21:4). Cando se cumpran estas palabras, os malos recordos desaparecerán e no seu lugar crearemos novos recordos que nos farán felices (Isaías 65:17). A Biblia promete que podes ter un futuro así, un futuro cheo de paz.

a Neste artigo, referímonos ás vítimas como mulleres, pero moitas das ideas que se analizan poden aplicarse tamén ás vítimas que son homes.

b A Biblia ensina que o nome de Deus é Xehová.

Como podes axudar a outros

Coñeces a alguén que estea sufrindo por culpa da violencia doméstica? Aínda que non sexas un profesional especializado, podes axudarlle.c

Escóitaa con atención e empatía (Santiago 1:19). Dille que pode falar contigo cando queira, pero non a obrigues a facelo. Faille saber que non dubidas do que che di (Proverbios 20:5).

Un centro de axuda para as vítimas da violencia doméstica explica: “Seguro que a ela lle resultou moi difícil falar contigo. O máis probable é que as vítimas escondan ou minimicen o maltrato que reciben, e non que o inventen ou esaxeren. Quizais che custe imaxinar que alguén que coñeces maltrate a súa parella, pero é probable que a persoa que maltrata a outra sexa totalmente diferente cando está contigo a cando está con ela”.

Anímaa (1 Tesalonicenses 5:11). Escolle palabras que lle axuden a recuperar a súa autoestima e recórdalle as boas cualidades que ten. Faille saber que te preocupas por ela e anímaa a buscar axuda.

Ofrécete para axudarlle (Proverbios 17:17). Axúdalle de maneiras prácticas, como por exemplo, coidando dos seus fillos de vez en cando ou preparándolle algo de comer. Pregúntalle se sabe que facer se a situación se volve perigosa e asegúrate de que sabe a onde ir en caso de emerxencia.

Axúdalle a entender que é capaz de tomar as súas propias decisións (Gálatas 6:5). Lévalle a información que necesite e fala con ela das distintas opcións que ten, pero non lle digas o que debe facer.

c Se ti es un home e a vítima é unha muller, é mellor que limites a axuda persoal que lle dás e que a animes a buscar a axuda dunha amiga de confianza.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir