BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 18
  • Como vivir con menos cartos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como vivir con menos cartos
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • 1. Acepta as túas novas circunstancias
  • 2. Traballade en equipo
  • 3. Fai un presuposto
  • 4. Decide que gastos son os máis importantes e fai cambios
  • 5. Aprende o que di a Biblia
  • 2 | Coida da túa economía
    Despertade! (2022)
  • Xestionemos ben os cartos
    Despertade! (2025)
  • Como administrar os cartos?
    A túa familia pode ser feliz
Outros temas
mrt artigo 18
Uns pais analizando a súa situación económica mentres os seus fillos xogan no xardín.

Como vivir con menos cartos

Vícheste obrigado a vivir con menos cartos por culpa dunha crise económica? As pandemias, os desastres naturais, os problemas políticos e as guerras poden desestabilizar a economía dun momento para outro. Ver que de repente tes menos ingresos pode causarche moito estrés, pero hai consellos prácticos baseados no que di a Biblia que che poden axudar a vivir con menos cartos.

1. Acepta as túas novas circunstancias

Principio bíblico: “Aprendín o segredo [. . .] de ter moito e de non ter nada” (Filipenses 4:12).

Aínda que agora teñas menos cartos ca antes, podes aprender a adaptarte á túa nova situación económica. O mellor é que aceptes canto antes as túas novas circunstancias e que empeces a facer os axustes necesarios. Así seravos máis fácil a ti e á túa familia adaptarvos ó cambio.

Infórmate sobre as axudas do Goberno ou doutros organismos que podes solicitar. Faino pronto, porque moitas veces tes un prazo limitado para pedilas.

2. Traballade en equipo

Principio bíblico: “Onde non se fai xuntanza malógranse os planos, pero cúmprense cos moitos conselleiros” (Proverbios 15:22).

Fala coa túa parella e cos teus fillos sobre a vosa situación. Unha boa comunicación axudará a que todos entendan e apoien os cambios que sexa necesario facer. Se toda a familia se esforza por aforrar e por non gastar de máis, aproveitaredes mellor os cartos que tedes.

3. Fai un presuposto

Principio bíblico: “Senta antes a calcular os gastos” (Lucas 14:28).

Cando te ves obrigado a vivir con menos, é máis importante ca nunca que saibas exactamente en que gastas tódolos teus cartos. Por iso, prepara un presuposto. Primeiro, fai unha lista cos ingresos mensuais que esperas ter, tendo en conta a túa nova situación. Despois, anota os gastos fixos que tes cada mes e outros gastos habituais que poidas ter, aínda que saibas que poden variar. Dentro dos gastos de cada mes, intenta apartar unha parte dos cartos para aforralos por se tes gastos inesperados ou algunha emerxencia.

Consello: Cando fagas a lista cos teus gastos, acórdate de incluír incluso as cousas máis pequenas. Quizais te sorprendas ó ver cantos cartos gastas nestas cousas menos importantes. Por exemplo, despois de analizar os seus gastos, un home deuse conta de que tódolos anos estaba gastando centos de dólares en gomas de mascar.

4. Decide que gastos son os máis importantes e fai cambios

Principio bíblico: Asegurádevos “de cales son as cousas máis importantes” (Filipenses 1:10).

Compara os teus ingresos cos teus gastos e pensa nas cousas que podes eliminar ou reducir para non gastar máis do que ganas. Analiza as seguintes categorías de gastos:

  • Transporte. Se tes máis dun vehículo, poderías vender un? Se tes un de gama alta, poderías cambialo por un máis económico? Poderías limitarte a usar o transporte público ou a ir en bicicleta e non ter vehículo propio?

  • Entretemento. Poderías cancelar, aínda que sexa por un tempo, subscricións a canais de pago e a outras plataformas? Poderías encontrar alternativas máis económicas? Por exemplo, poderías informarte de se a biblioteca pública da túa zona fai préstamos de películas, libros electrónicos ou audiolibros.

  • Servizos. Analizade en familia como podedes reducir o que gastades en auga, electricidade e combustible. Hai cousas que poden parecer pequenas, como apagar as luces ou darse duchas máis curtas, pero poden axudarche a aforrar.

  • Comida. Intenta cociñar na casa, en vez de ir comer fóra. Planifica as túas comidas. Compra e cociña en cantidades máis grandes sempre que sexa posible, e aproveita as sobras. Antes de ir comprar, fai unha lista para evitar comprar cousas que en realidade non necesitas. Compra alimentos que sexan de temporada, porque normalmente son máis baratos. Evita comprar comida que non sexa saudable. Pensa se che é posible ter unha horta na túa casa.

  • Roupa. Non compres roupa só para estar á moda, senón cando necesites cambiar a que tes por estar desgastada. Aproveita cando haxa rebaixas ou compra en tendas de segunda man roupa que estea en boas condicións. Se é posible, cando laves a roupa déixaa secar ó aire libre, así non terás que poñer a secadora e gastarás menos.

  • Compras futuras. Antes de comprar algo, pregúntate: “É algo que me podo permitir? De verdade o necesito?”. Poderías esperar a cambiar os teus electrodomésticos, aparellos electrónicos ou vehículos e usalos durante un pouco máis de tempo? Poderías vender cousas que xa non usas ou non necesitas? Facer isto axudarache a simplificar a túa vida e a conseguir uns cartos extra.

Consello: Cando os teus ingresos baixan moito de repente, pode ser un bo momento para que deixes hábitos que son caros e que che fan dano, como o tabaco, o xogo por diñeiro ou o abuso do alcohol. Facer estes cambios axudarache a aforrar cartos e a mellorar a túa calidade de vida.

5. Aprende o que di a Biblia

Principio bíblico: “Felices os que recoñecen que necesitan a guía de Deus” (Mateo 5:3).

A Biblia axúdanos a ser equilibrados. Nela di: “A sabedoría é unha protección igual que os cartos son unha protección. Pero esta é a vantaxe do coñecemento: a sabedoría conserva a vida do seu dono” (Eclesiastés 7:12, TNM). Esta clase de sabedoría está na Biblia, e moitas persoas descubriron que aplicar os seus consellos axúdalles a sentir menos ansiedade polos problemas económicos (Mateo 6:31, 32).

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir