BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 34
  • Rematará algún día o terrorismo?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Rematará algún día o terrorismo?
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Que pensa Deus do terrorismo?
  • A orixe do terrorismo
  • A fin do terrorismo
Outros temas
mrt artigo 34
Un bombeiro axuda a uns superviventes dun edificio derrubado.

Rematará algún día o terrorismo?

Cando ocorre un ataque terrorista é normal que te preguntes: “Impórtalle a Deus o que pasa? Por que ocorren estas cousas? Rematará algún día o terrorismoa? Como podo vivir sentindo este medo?”. A Biblia dá unha resposta clara a estas preguntas.

Que pensa Deus do terrorismo?

Deus odia a violencia e o terrorismo (Salmo 11:5; Proverbios 6:16, 17). Xesús, o representante de Deus, corrixiu os seus discípulos cando eles actuaron dun xeito violento (Mateo 26:50-52). Aínda que algúns afirman que cometen ataques violentos no nome Deus, el non aproba estas accións. De feito, nin tan sequera escoita as súas oracións (Isaías 1:15).

Deus preocúpase por tódolos que están sufrindo, incluídos aqueles que son vítimas de ataques terroristas (Salmo 31:7; 1 Pedro 5:7). A Biblia tamén di que Deus actuará para poñerlle fin á violencia (Isaías 60:18).

A orixe do terrorismo

A Biblia revela a verdadeira causa que hai detrás do terrorismo, o “home domina sobre outro para mal” (Eclesiastés 8:9). Ó longo da historia persoas con poder utilizaron o terror para oprimir a outros. Por culpa desta opresión, algúns responderon con actos terroristas (Eclesiastés 7:7, TNM).

A fin do terrorismo

Deus promete eliminar o medo e a violencia, e traer paz á Terra (Isaías 32:18; Miqueas 4:3, 4). El fará o seguinte:

  • Eliminará a orixe do terrorismo. Deus substituíra os gobernos humanos co seu goberno mundial. O seu gobernante, Xesucristo, tratará a todos con xustiza e eliminará a opresión e a violencia (Salmo 72:2, 14). Daquela non haberá máis terrorismo. Tódalas persoas desfrutarán de “paz perfecta” (Salmo 37:10, 11).

  • Reparará todo o dano causado polo terrorismo. Deus curará os danos físicos das persoas e os traumas emocionais causados polo terrorismo (Isaías 65:17; Apocalipse 21:3, 4). Incluso promete que resucitará os que morreron, devolveraos á vida nun mundo pacífico (Xoán 5:28, 29).

A Biblia dá boas razóns para confiar en que Deus actuará pronto. Non obstante, pode que te preguntes: “Por que Deus non acabou xa co terrorismo?”. Para atopar a resposta, podes ver o vídeo Por que permite Deus o sufrimento?

a Polo xeral, a palabra “terrorismo” refírese ó uso da violencia ou ameazas, sobre todo contra os cidadáns, para provocar medo e conseguir un obxectivo político, relixioso ou social. Non obstante, pode que as persoas non estean de acordo en se un suceso en concreto se considera terrorismo ou non.

A Biblia axuda ás vítimas

Estas son dúas cousas que a Biblia recomenda para axudarche.

  • Orar a Deus (Filipenses 4:6, 7).

  • Centrarte na mensaxe de esperanza que dá a Biblia (Hebreos 6:19).

Para atopar máis consellos baseados na Biblia podes ver o artigo “Qué puedo hacer para no preocuparme tanto”.

As testemuñas de Xehová que tiveron que sufrir por culpa do terrorismo atoparon apoio nos seus compañeiros de crenza. Vexamos dous exemplos:

  • Coroas funerarias nunha escola de Beslan, Rusia, en memoria das vítimas.

    Natalia e o seu fillo de nove anos, Aslan, estaban nunha escola de Beslan, en Rusia, cando un grupo de terroristas armados entraron pola forza e colleron a máis de 1000 reféns. Por desgracia, morreron centos deles, a maioría nenos. Aínda que Natalia e Aslan sobreviviron, quedaron traumatizados. Mira o que lles axudou a recuperarse.

  • Pablo e Sophie.

    Pablo e Sophie perderon o seu fillo cando as Torres Xemelgas de Nova York foron atacadas. Podes ver o que lles axudou a eles e a outros afectados polos ataques terroristas neste vídeo.

A Biblia pode cambiar as persoas

Moitas persoas séntense frustradas pola inxustiza e a opresión que hai no mundo. Pode que pensen que a violencia e o terror é a única solución ós seus problemas. Poden estas persoas cambiar? Si. Para ver como a mensaxe da Biblia lles axudou a algúns a cambiar, podes ler o artigo “¿Se librará el mundo del terrorismo?”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir