BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 33
  • Achégase a fin do mundo? Que é a Apocalipse?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Achégase a fin do mundo? Que é a Apocalipse?
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Achégase a fin do planeta?
  • Achégase a fin do mundo?
  • Cando chegará a fin?
  • Cal é o significado da palabra “apocalipse” na Biblia?
  • Cando chegará o fin? O que dixo Xesús
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
  • Estamos preto da fin do mundo?
    Que nos ensina a Biblia?
Outros temas
mrt artigo 33
A Terra ardendo.

Achégase a fin do mundo? Que é a Apocalipse?

Que che vén á mente cando escoitas a palabra “apocalipse”? Pode que penses nunha catástrofe mundial, se cadra, unha que acabe con toda a vida na Terra. Algúns pensan que moi pronto o mundo sufrirá un desastre coma este, sobre todo cando len noticias coma as seguintes:

  • “Unha guerra nuclear, xa sexa intencionada, por accidente ou por un simple malentendido é unha posibilidade real” (Bulletin of the Atomic Scientists).

  • “Nos últimos dez anos, houbo un incrible aumento por todo o mundo de tormentas, incendios forestais, secas, branqueamento de corais, ondas de calor e inundacións como nunca antes” (National Geographic).

  • “Os enxames de langostas en África son os peores en décadas” (The Associated Press).

Será destruída a Terra nunha apocalipse mundial? Que di a Biblia?

Achégase a fin do planeta?

Non, a Palabra de Deus, a Biblia, asegúranos que a Terra existirá para sempre (Eclesiastés 1:4). En vez de destruír a Terra que el creou, Deus acabará cos “que destrúen o mundo” (Apocalipse 11:18).

Achégase a fin do mundo?

Segundo o que di a Biblia, o “mundo” que se achega á súa fin é o conxunto de persoas que ignoran a guía de Deus e perseguen os seus desexos egoístas. Tal e como fixo nos días de Noé, Deus poñerá a fin a este “mundo de impíos” (2 Pedro 2:5; 3:7).

Como di 1 Xoán 2:17, “o mundo pasa e as súas cobizas tamén”. Este versículo mostra que Deus non vai destruír o planeta Terra, pero si a xente que insiste en facer cousas malas.

Cando chegará a fin?

A Biblia non nos di cando chegará exactamente a fin (Mateo 24:36). Pero, o que si indica é que a fin está cerca. A Biblia predixo o seguinte:

  • Habería guerras, fame, epidemias e grandes terremotos “en diversos lugares” (Mateo 24:3, 7, 14; Lucas 21:10, 11; Apocalipse 6:1-8).

  • A maioría da xente sería extremadamente egoísta. Por exemplo, sería “avariciosa”, desagradecida e sen autocontrol (2 Timoteo 3:1-5).

Moitas persoas están de acordo en que dende o ano 1914 a situación mundial coincide co que predixo a Biblia, e que polo tanto, a fin está cerca. Se desexas máis información podes ver os artigos “¿Qué indica la cronología bíblica sobre el año 1914?” e “¿Cuál es la señal de ‘los últimos días’ o de ‘los tiempos finales’?”.

Cal é o significado da palabra “apocalipse” na Biblia?

A palabra orixinal que en grego se traduce como “apocalipse”, na Biblia significa “descubrir” ou “revelar”. Normalmente esta palabra describe unha revelación de información que estivo oculta. A Biblia tamén fala da revelación (ou apocalipse) do Señor Xesús, que será cando Xesús sexa descuberto como o que ten o poder para liberar a Terra da maldade e recompensar a aqueles que adoran a Deus (2 Tesalonicenses 1:6, 7; 1 Pedro 1:7, 13).

O último libro da Biblia chámase Apocalipse, que vén da palabra grega apokálipsis que significa “revelación”. Chámase así porque revela o que sucederá no futuro (Apocalipse 1:1). Este libro contén boas noticias e unha mensaxe de esperanza (Apocalipse 1:3). Mostra que Deus eliminará tódalas inxustizas e converterá a Terra nun paraíso. Cando iso ocorra, os seres humanos deixarán de sentir dor, deixarán de sufrir e non morrerán máis (Apocalipse 21:3 ,4).

Gustaríache aprender máis sobre estas fermosas promesas da Biblia? As testemuñas de Xehová ofrecen cursos da Biblia gratuítos que poden axudarche. Por que non contactas con elas?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir