Top left: Marek M. Berezowski/Anadolu Agency via Getty Images; bottom left: Halfpoint Images/Moment via Getty Images; center: Zhai Yujia/China News Service/VCG via Getty Images; top right: Ismail Sen/Anadolu Agency via Getty Images; bottom right: E+/taseffski/via Getty Images
ESTADE SEMPRE VIXIANTES!
2023: Un ano cheo de preocupacións. O que di a Biblia
As cousas que sucederon durante o 2023 demostraron claramente que estamos vivindo no que a Biblia chama os “últimos días” (2 Timoteo 3:1, TNM). Fíxate en como as cousas que están pasando coinciden coas que a Biblia predixo que pasarían nos nosos días.
A Biblia e os sucesos mundiais
“Guerras e [...] noticias de guerras” (Mateo 24:6).
“Os conflitos violentos están aumentando en moitas partes do mundo”.a
Mira os artigos “Quen salvará os civís?” e “O gasto militar mundial supera os 2 billóns de dólares”.
“Terremotos [...] en diversos lugares” (Marcos 13:8).
“Desde que empezou o 2023, houbo 13 terremotos dunha magnitude superior a 7 por todo o mundo. Un dos valores máis altos desde que hai rexistro”.b
Mira o artigo “Os devastadores terremotos de Turquía e Siria”.
“Cousas espantosas” (Lucas 21:11).
“A era do quentamento global acabou; agora empeza a era na que a Terra xa ferve” (António Guterres, secretario xeral da ONU).c
Mira o artigo “Onda de calor mundial no verán do 2023”.
“Fame” (Mateo 24:7).
“2023: Outro ano extremadamente difícil para os que lles é complicado dar de comer á súa familia”.d
Mira o artigo “A guerra e o cambio climático empeoran a crise alimentaria”.
“Tempos críticos e difíciles de soportar” (2 Timoteo 3:1, TNM).
“Unha de cada oito persoas en todo o mundo sofre algún tipo de problema de saúde mental”.e
Mira o artigo “A saúde mental dos adolescentes está empeorando”.
Que podemos esperar do 2024?
Ninguén pode saber con exactitude o que pasará no 2024. Pero os sucesos mundiais indican que pronto o Reino de Deus, o seu goberno celestial, substituirá tódolos gobernos humanos e acabará con todo o que nos angustia e nos fai sufrir (Daniel 2:44; Apocalipse 21:4).
Mentres tanto, cando sintamos ansiedade ou angustia, podemos confiar na axuda de Deus. A Biblia di:
“Cando teño medo, confío en ti” (Salmo 56:3, TNM).
Como podemos demostrar que confiamos en Deus? Invitámoste a saber máis sobre a promesa da Biblia dun futuro sen sufrimento. Proba o noso curso interactivo e gratuíto da Biblia e descubre como ti e a túa familia vos podedes beneficiar das promesas da Biblia.
a Foreign Affairs, “A World at War: What Is Behind the Global Explosion of Violent Conflict?” de Emma Beals e Peter Salisbury, 30 de outubro de 2023.
b Earthquake News, “Year 2023: Number of Major Earthquakes on Course for Record,” maio de 2023.
c Nacións Unidas, “Secretary-General’s Opening Remarks at Press Conference on Climate,” 27 de xullo de 2023.
d Programa Mundial de Alimentos, “A Global Food Crisis.”
e Organización Mundial da Saúde, “World Mental Health Day 2023,” 10 de outubro de 2023.