ESTADE SEMPRE VIXIANTES!
Consellos para ser felices en tempos complicados. O que di a Biblia
Vivimos en tempos de inseguridade, así que o máis probable é que non teñamos o control sobre tódalas cousas que nos suceden. En cambio, a nosa felicidade a miúdo depende máis da nosa actitude que das nosas circunstancias. A Biblia di que, a pesar dos problemas ós que nos enfrontemos, a persoa “de corazón alegre ten arreo un banquete” (Proverbios 15:15, SBG). Que podemos facer para ser máis felices? Analiza como poden axudarche os consellos que dá a Biblia.
Faille fronte á ansiedade
A Biblia di: “A ansiedade no corazón do home angústiao, a verba agarimosa alégrao” (Proverbios 12:25).
Para descubrir como, le o artigo “¿Qué dice la Biblia sobre la ansiedad?”.
Combate a soidade
A Biblia di: “O verdadeiro amigo ama en todo momento e é un irmán en tempos de angustia” (Proverbios 17:17, TNM).
A Biblia ten consellos para facer e conservar bos amigos. Iso pode axudarche a combater a soidade. Le o artigo “Ter amigos axúdanos a combater a soidade. Como nos pode axudar a Biblia”.
Cultiva amor por Deus e polas persoas
A Biblia di: “Ama a Xehová o teu Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con toda a túa mente. [. . .] Ama os demais como te amas a ti mesmo”a (Mateo 22:37-39).
A oración pode axudarnos a facer que o noso amor por Deus creza. Se queres saber máis, le o artigo “De verdade escoita Deus as nosas oracións?”.
Podemos demostrar amor por outras persoas ó seguir a Regra de Ouro. Para saber máis le o artigo “Que é a Regra de Ouro?”.
Gustaríache aprender máis sobre como che pode axudar a Biblia a ser feliz nun mundo inestable? Invitámoste a probar o noso curso da Biblia interactivo e gratuíto.
a Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).