NASA Photo
ESTADE SEMPRE VIXIANTES!
Haberá un goberno estable que poida gobernar o noso planeta? O que di a Biblia
Os gobernos de todo o mundo están en crise. Incluso en países aparentemente estables, os gobernos son sacudidos por escándalos, teñen eleccións moi axustadas e incluso están sufrindo divisións políticas ou disturbios civís.
A Biblia explica que hai un goberno que si é estable. Quizais xa oíches falar del. É o que Xesucristo mencionou na oración modelo.
“Así é como debedes orar: ‘Noso Pai que estás nos ceos, que o teu nome sexa santificado. Que veña o teu Reino. Que se faga a túa vontade tamén na terra coma no ceo’” (Mateo 6:9, 10).
Que di a Biblia sobre este Reino?
O Reino. Un goberno estable
O Reino goberna dende o ceo.
Xesús chamou a este goberno “o Reino dos ceos” (Mateo 4:17; 5:3, 10, 19, 20). Por esa razón, el dixo: “O meu Reino non é parte deste mundo” (Xoán 18:36).
O Reino substituirá os gobernos humanos.
A Biblia di que este Reino “destruirá e acabará con todos estes reinos [humanos], e el subsistirá para sempre” (Daniel 2:44).
O Reino, con Xesucristo como Rei, nunca será destruído.
A Biblia di: “O seu poder é un poder eterno, que non pasará nunca, e o seu reino endexamais non será destruído” (Daniel 7:13, 14).
O Reino traerá paz e seguridade á Terra.
A Biblia di: “O froito da xustiza será a paz, e o seu resultado vivir tranquilo e seguro para sempre. Entón o meu pobo vivirá nun campo de paz, en casas seguras e en mansións tranquilas” (Isaías 32:17, 18).
Aprende máis sobre o Reino
Cando Xesús estivo na terra, dedicou o seu tempo a predicar “as boas noticias do Reino” (Mateo 9:35). E tamén predixo:
“As boas noticias do Reino predicaranse por toda a terra habitada para dar testemuño a tódalas nacións, e entón virá o fin” (Mateo 24:14).
Hoxe, as boas noticias do Reino anúncianse en máis de 240 países. Invitámoste a aprender máis sobre este goberno e como podes beneficiarte do seu reinado.
Por favor, mira o vídeo Que é o Reino de Deus?